ivanpuentes.com

Homenaxe á Corporación Republicana de Fene

Chaos Dimension II. Sandra María Santayana.

En 1998 o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE presentou unha moción no pleno do Concello de Fene para homenaxear a Ramón Souto, Alcalde de Fene en 1936, e ó resto de concelleiros fusilados naquel ano. A moción foi aprobada, pero nunca se fixo realidade. Hai dous meses retomei o tema co novo voceiro do BNG e co concelleiro de Cultura, sentámonos a falar e, por fin, temos xa un acordo, respaldado tamén por Esquerda Unida, para cumprir o acordo plenario de hai 8 anos.

O sábado 16 de decembro o Concello de Fene celebrará un pleno extraordinario para lembrar e restituír a honra dos concelleiros locais víctimas da dictadura. Durante a sesión descubrirase unha pintura de grandes dimesións que lembrará o seu traballo a prol da democracia e que presidirá dende entón o Salón de Plenos. Tamén se revocarán tódolos acordos plenarios do Franquismo que condearon inxustamente e denigraron ós políticos e funcionarios feneses da II República.

1 comentario

  1. […] Xa vos comentara que en Fene, a iniciativa do PSOE, estamos a preparar unha homenaxe ás corporacións municipais da II República, que servirá para pechar a programación local do ano da memoria. Será o sábado 23 de decembro ás 12:00 no salón de plenos da Casa do Concello. […]

Deixa unha resposta