Pedro J. en Homo Zapping
Escribín moito sobre Pedro J., o seu método de “investigación” xornalística e as súas exclusivas, pero non fun quen de acadar a clarividencia dos de Homo Zapping neste vídeo que me pasa o meu amigo Darío. En dous minutos e algo resumen cun humor desternillante varios anos de pseudoxornalismo de El Mundo.
Actualizado ás 12:32 do 31/10/2006:
You Tube retirou o vídeo de Homo Zapping, non sei se por requiremento de Antena 3, como froito da suposta carta de queixa que Pedro J. enviou a este medio ou por outro motivo. Espero que o puidérades ver antes, porque era boísimo.
2 comentarios
Deixa unha resposta


O curioso era que o vídeo estaba pechado debido a presuntas restricións por dereitos de autor e o resto de vídeos do mesmo programa en YOutube si eran accesíbeis. Agora, por inescrutábeis razóns, o vídeo volve ser accesible. ?¿
Si, andaime, volvérono a colgar. Pero o tema de Antena 3 debe ir algo máis aló; só dous detalles, a raiz deste vídeo Pedro J. adicoulle a A3 un editorial do seu xornal acusándoa de seguir unha estratexia para desprestixialo e onte, mentres cenaba cuns amigos nun local, vin como no medio de Dondes estás Corazón? o presentador facía unha pausa para anunciar El País, algo que, a verdade, me sorprendeu bastante.
Quequé terá que estudar estes datos para o próximo episodio de La Guerra de los Medios na Noche Hache.