De ruta polas Médulas

Esta fin de semana, xunto con outros veciños/as de Fene, andiven de sendeirismo polas Médulas (O Bierzo), un lugar que sempre quixen visitar, pero ó que nunca fora. Merece a pena, tanto a paisaxe, moi diferente a nada do que podamos atopar noutros lugares, como a gastronomía berciana.
No parque hai tres rotas de sendeirismo predefinidas. Nos fixemos unha circular de case 15 kilómetros, que permite pasar o día vendo cada un dos recunchos desta interesante paraxe. Pártese do Centro de Interpretación, entre castiñeiros centenarios penetramos nas Médulas, visitando a Cuevona e a Cova Encantada, dous accidentes fermosos, dous intentos non logrados de derribo do monte. Logo, entre máis castiñeiros, subimos monte arriba ata a zona máis alta e chegamos ó Miradoiro de Orellán, dende o que quizá teñamos a mellor vista de todo o conxunto; alí mesmo atopamos a entrada a unha das antigas canles, que podedes ver na fotografía deste artigo, que conducían a auga ata o monte. Descendemos ata o pobo de As Médulas, onde podemos xantar no Mesón Ágoga; por 15€ ofrécennos un bo menú a base de embutidos do Bierzo e carne á brasa, máis postre, café e bebida.
Logo da comida, subimos ata o mirador das pedrices, con outra boa vista do conxunto, descendendo aínda podemos desviarnos e vistar o Lago Sumido, formado de xeito artificial coa auga empregada para derrubar o monte e as terras arrastrasdas por esta. Finalmente, polo pobo, regresamos ó Centro de Interpretación, onde comezamos esta marcha, que se pode realizar, contando o tempo da comida, nunhas 8 horas.
10 comentarios
Deixa unha resposta


Que ben o pasamos, eh¡¡
Pero o mellor, as risas que nos botamos os catro no bus¡¡ acórdaste?(Jose aínda se sorprende de que nos lembremos de tanta xente), vaia repaso do noso paso pola “Jorge” e polo “Pazo” …
Un besiño Iván
Dou fe, que non é normal lembrarse de tantos detalles de tanta xente, eu son víctima desa viaxe de volta de 3 horas , ainda que ó final ata eu tivera relación con algún coñecido voso. unha aperta
Ja, ja…que razón¡¡¡ Eu o sinto moito, pero había que amenizar a viaxe….
Un besiño Nacho
A verdade, ycr, é que foi unha das viaxes máis divertidas que fixen. A Nacho non lle fagas caso, ten sentimento de culpa por non ter unha memoria tan privilexiada como a nosa; aínda que ti gáñasme por goleada.
Neste ano da Memoria Histórica, recuperamos nas seis horas de autobús case toda a nosa memoria, pero seguro que aínda nos quedan algúns episodios para outro día. A ver se nos vemos pronto. Bicos e saúdos a Jose ;-)
Dende logo que si¡¡¡ je, je
Un bico
Yo sólo añadiría que si alguien quiere ir que no pruebe, por mucho que se lo ofrezcan el cuturrus, porque eso es peor que el alcohol de quemar.
Por lo demas el viaje vale la pena.
Un saludo
Totalmente de acordo contigo, Roberto, o cuturrús fíxoseme, como tódolos respectos para a xente do Bierzo, intragable; é alcohol en estado puro.
Saúdos ;-)
As Médulas, independentemente de que seja Galiza ou nom, som parte do território galegófono, polo tanto é mui ridículo que num texto em galego escrevas “El Bierzo” ou “Las Médulas”. Quiçá se a tua viagem fosse de outra maneira descobririas que a gente que lá habita som galeg@s.
Acepto a suxestión. É certo que esta zona é galegofalente e que os seus habitantes empregan os topónimos “As Médulas” e “O Bierzo”. Rectifico no escrito.
Grazas ;-)
Pero bueno, ti preocúpate de escribir mellor “seja”, “fosse” … e demáis. Ti si que eres ridículo…. se pode correxir, sen ter que ofender. Que carallo¡¡¡