ivanpuentes.com

Recomendacións da UPG ante a Asemblea do BNG

Unión do Pobo Galego

Déixovos copia do e-mail que me fixo chegar un amigo deste blog, mail que foi enviado supostamente pola UPG da Comarca da Coruña ós seus militantes dándolles algunhas recomendacións e normas sobre as Asembleas Comarcal e Nacional do BNG:

O Comité de Zona na sua reunión do pasado 24 de outubro, en relación
coa asemblea comarcal do BNG convocada para o 4 de novembro, chegou ,
entre outros, aos seguintes acordos para a sua comunicación á
militancia:

1.- A asistencia a esta asemblea do 4 de novembro é obrigada,
procurando con antelación dispor do dia para estar durante toda a
xornada. Ademáis, traballaremos para que cada militante do Partido
leve o maior número de militantes do BNG a esta asemblea, comezando
polos 5 militantes, como mínimo que cada quen ten adscrito, e
continuando co resto da militancia do BNG.
Quen precise máis exemplares para o seu reparto aos militantes do BNG
do documento ” A UPG perante da XII Asemblea Nacional do BNG ” pode
recollelos chamando ao Secretário de Zona.

2.- A lectura dos documentos a debate é fundamental, compre ter en
conta que cada militante que quixer presentar emendas deberá
comunicalo con antelación ao Comité de Zona.
A importáncia e grande valor das Teses, das análises e conclusión que
en cada apartado tiran( especialmente os apartados referidos ao Novo
Estatuto e ao Nacionalismo no goberno) procuraremos centren o debate.

Existe unha clara pretensión de suscitar como os temas claves para o
futuro do BNG os que se expresan nos votos particulares, desviando a
atención dos verdadeiros probremas e das necesárias correcións que
debemos acometer nesta Asemblea Nacional.

Temos que ter moi presente a oportuna resposta e argumentación
convincente e clarificadora fronte a eses votos particulares.

Por último, debemos de ter intervencións positivas sobre o Informe de Xestión.

3.- O momento que atravesamos e os obxectivos políticos que nos
marcamos demandan de toda a nosa intensa participación e preocupación
por estarmos activos e por activar ao conxunto dos militantes do BNG
que poidamos.

Sen máis, unha aperta patriótica,

Asdo. XXXX XXXXXX

CANDO TIÑAS LIDO ESTE CORREO PREOCUPATE DE ELIMINALO E BORRALO DEFINITIVAMENTE 

14 comentarios

  1. chuza.org | 4 de November de 2006 - 1:56 pm

    Recomendacións da UPG ante a Asemblea do BNG…

    “Déixovos copia do e-mail que me fixo chegar un amigo deste blog, mail que foi enviado supostamente pola UPG da Comarca da Coruña ós seus militantes dándolles algunhas recomendacións e normas sobre as Asembleas Comarcal e Nacional do BNG” … se…

  2. carlos | 4 de November de 2006 - 4:51 pm

    Pois vese que o teu “amigo” non o borrou e ti aproveitaches para colgalo na túa web.

    “CANDO TIÑAS LIDO ESTE CORREO PREOCUPATE DE ELIMINALO E BORRALO DEFINITIVAMENTE”

    E o invento desta coletilla final denota paranoia anti-UPG que non ten arranxo. Mimá, como está o panorama!!!

  3. Maruxa | 4 de November de 2006 - 5:52 pm

    independentemente da túa inclinación política no BNG (entendo que cando menos serás militante do Bloque) penso que deberías respectar o texto do contido que aparece no correo. Suxíro que elimines o teu post xa polo teu amigo xa por respectar un correo que desde logo non parece que sexa para ti.

  4. Alternativo | 4 de November de 2006 - 7:30 pm

    O aparato ten que funcionar dalgún xeito, ¿non?, e hoxendía o email é o sistema de comunicación por excelencia.
    ¿Ou alguén se pensa que a influenza da UPG no Bloque organízase por osmosis ou telepatía?

  5. Manuel Cendán | 5 de November de 2006 - 12:53 am

    Moi bo. O asunto é que estas cousas non se deben escribir, senón pasa o que pasa…ja!ja!
    En calquera caso, “Alternativo” non deixa de ter razón.
    Unha aperta.

  6. carlos | 5 de November de 2006 - 1:00 am

    O máis probable é que donde di UPG haxa que poñer A Alternativa ou outra corrente.

    E tamén concordo con Maruxa, colgar na web un correo que non é para un mesmo é repugnante, con amigos coma ti, quen necesita enemigos.

  7. Xavier | 5 de November de 2006 - 2:52 am

    Que pouca ética e respeito tenhem algúns. E nom falo precisamente da UPG nem do BNG. É lamentável que publiquem um correio privado.

  8. Je Je | 5 de November de 2006 - 12:40 pm

    Hai que ver como se cabrean os da U cando os pillan.

  9. Fariña | 6 de November de 2006 - 1:59 pm

    Non é por nada pero este correo xa o puxeron en www.galiciaconfidencial.com, e que debe haber moitos da UPG cabreados.

  10. Yo | 6 de November de 2006 - 8:45 pm

    Patriota es el que ama su tierra, nazionalista el que odia la tierra del vecino

  11. http://jandrescm.blogspot.com/ | 7 de November de 2006 - 1:57 pm

    Moi boas,

    Polo que se pode apreciar esta entrada non deixou a ninguén o marxe, o único que podo dicir é que persoalmente non me gustaría formar parte dun partido no que os militantes non teñan voz e a única que se pode escoitar sexa a imposta polo propio partido, un bo lema para a campaña municipal podería ser “se queres deixar de pensar vota a upg=bng”, a verdade e que aínda estou un pouco aturdido por este correo.

    En canto a ti amigo meu, non sei ata que punto poderíase considerar lícito ou xusto que colgues este correo, pero o que esta claro é que gracias a ti temos certa información que doutro xeito non poderíamos ter, por isto douche as gracias.

    Unha aperta

  12. jandrescm | 7 de November de 2006 - 1:57 pm

    Moi boas,

    Polo que se pode apreciar esta entrada non deixou a ninguén o marxe, o único que podo dicir é que persoalmente non me gustaría formar parte dun partido no que os militantes non teñan voz e a única que se pode escoitar sexa a imposta polo propio partido, un bo lema para a campaña municipal podería ser “se queres deixar de pensar vota a upg=bng”, a verdade e que aínda estou un pouco aturdido por este correo.

    En canto a ti amigo meu, non sei ata que punto poderíase considerar lícito ou xusto que colgues este correo, pero o que esta claro é que gracias a ti temos certa información que doutro xeito non poderíamos ter, por isto douche as gracias.

    Unha aperta

    http://jandrescm.blogspot.com/

  13. miguelnr | 7 de November de 2006 - 3:05 pm

    Es lo malo de un falso asamblearismo, controlado por “Comités”.

    Los Comités son un profundo error.

  14. ryu | 24 de November de 2007 - 3:45 pm

    que pase esto no PP e entendible pero na UPG, por favor, esto e politica…

Deixa unha resposta