Benvido Xaimiño

Hoxe naceu o primeiro fillo de Xaime, un dos meus mellores amigos; “tres quilos con setecentos gramos e ferrolán. Nada menos”, como di el. O neno chamarase Xaime por bautizo popular; tendo un pai tan grande como o que ten, nada máis soubemos o sexo do pequeno non houbo lugar a dúbidas, os pais tiveron pouca marxe de decisión.
Non sei o que sinte un cando é pai, pero eu síntome xenial coa chegada de Xaimiño. Vin a evolución do embarazo de Mela, os seus desexos por ser nai, as súas preocupacións, a habitación xa preparada, a roupa pequerrecha no armario… Imaxino o inmensamente felices que deben ser hoxe ela e Xaime; alégrome por eles, merecen esta e outras moitas felicidades máis por ser tan bos como son.
Un sono de nove meses, quizais de moito máis tempo, fíxose realidade hoxe. Noraboa a Mela e a Xaime; ao neno xa o iremos educando pouco a pouco ;-)
4 comentarios
Deixa unha resposta


Quero sumarme ós parabéns Iván como non podería ser doutro xeito.
Eu sei o que é ser nai e sei o que se sinte cando podes ter nos teus brazos á persoiña que levache dentro ó longo de nove meses, así que maxino cómo se sinten ambolos dous pais… Non hai palabras para describilo nin para expricalo.
No que é educalo, non teño dúbida de que tendo os pais que ten medrará no mellor ambiente que calquera pequeno poida desexar, así que… preparádevos Xaime e Mela porque nos tocará ós amigos consentir e malcriar a Xaimiño.
Benvido Xaimiño, felicitacións Xaime e Mela dende o fondo do meu corazón, que a chegada deste pequecho vos triga tanta felicidade como para min desexo porque o merecedes.
Bicos e abrazos.
Tiña entendido que era unha nena, pero da igual. Noraboa.
Xaime vaite preparando,a miña idade tócame xogar as monecas coa miña filla de dous anos. En fin, que lle imos facer.
Unha aperta.
[…] Confesareivos que, polo pesadiño que me puxen, para seleccionar a imaxe en cuestión o bo de xaime tivo que tirar case 200 fotos. Pasamos dúas tardes diante da cámara e tres diante do ordenador, entre biberón e biberón de Xaimiño, amañando a luz, corrixindo algún erro, compoñendo o anuncio… É moito o traballo que hai detrás dunha simple foto e un eslogan. […]
low cost cialis…
bargaining subpoenaed…