Por fin volven os Demócratas!
Parececía que a hexemonía republicana nos EE.UU. non tiña fin, que o voto condicionado polo medo, do que fala Michael Moore en varias das súas obras, seguiría a dar resultados positivos a George Bush II ata o infinito, pero nesta ocasión nin o nada inocente anuncio da condena a morte de Sadam Hussein dous días antes das eleccións lle valou á dereita norteamericana e ó seu nefasto presidente para amedrentar ó electorado e, por fin, logo de 10 anos os Demócratas volven a controlar a Cámara de Representantes e, tal vez, tamén o Senado. A política xenocida, imperialista e inhumana de Bush terá a partir de agora máis dificultades para levarse a cabo; Aleluia!
Dous detalles máis: a participación foi realmente elevada, o que quere dicir que hai ganas de cambio na sociedade e, máis importante, Hillary Clinton non só renovou o seu posto no Senado por Nova York, senón que arrasou en votos. A Señora Clinton ten un pouco máis fácil a súa carreira hacia a Casa Branca nas eleccións presidenciais de 2008. Esperemos que daquela siga vivo ese desexo de cambio da sociedade norteamericana; o Mundo agradecerá a substitución de calquera enfermo republicano por Hillary, a primeira presidenta do EE.UU.
3 comentarios
Deixa unha resposta


lástima que os americanos tardaran tanto en abrilos ollos, pois tiveron unha boa oportunidade de botar a Bush hai dous anos.
Penso que Michael Moore tivo un pouco de culpa na victoria de Bush hai dous anos, porque movilizou a moitos republicanos. PEro a sua mensaxe calou nos cidadáns co tempo e unido co atoalladeiro no que se atopa EEUU posibilitou o cambio.
Hoxe o mundo e un lugar mais seguro.
blog and roll
Aunque si uno ve a los nuevos ganadores demócratas, verá que ideológicamente hay de todo, y todavía esta por demostrar que tengan una visión cosmológicamente distinta a la republicana con respecto a Irak y que sepan desengancharse de su papel de oposición, dado que el Congreso también lidera la nación.
[…] Les cuento todo esto con motivo de inminente inicio de las primarias del Partido Demócrata estadounidense. Leo en sus blogs que Fariña prefiere a Barack Obama e Iván a Hilary Clinton. Yo me quedo claramente con Al Gore. […]