ivanpuentes.com

¿Que facemos con ASTANO?

Foto: La Voz de Galicia.

Unha vez máis ábrese o debate público sobre que facer co astaleiro de Fene. Hai dous anos, cando se produce a quebra de Izar, en Ferrolterra organízase un forte movemento reivindicativo de tódolos sindicatos, respaldado por tódolos partidos políticos, destinado a presionar ó Goberno Central para que a factoría de Fene permaneza no sector público e non sexa privatizada, sorte que correron tódolos demais astaleiros civís de Izar. Logramos ese obxectivo, Fene integrouse en Navantia, o novo grupo público de construcción naval. Era a época na que o BNG e a CIG reclamaban o “gran centro público naval na ría de Ferrol”.

Agora, Fernando Blanco, Conselleiro de Industria, lanza por segunda vez a proposta de privatizar a antiga ASTANO, é dicir, de facer o que a SEPI pretendía hai dous anos e todos, o BNG con especial ahínco, rexeitamos. Eu non creo que a privatización solucione nada, creo máis ben que a solución pasa por cumprir o acordo asinado entre o Goberno e os traballadores hai dous anos.

Creo ademais, na liña que apuntaba onte Vicente Irisarri, que a superficie que ocupa ASTANO está infrautilizada; cos 300 e pico traballadores actuais o astaleiro ocupa a mesma superficie que cando empregaba a máis de 10.000 persoas. Neses terreos, rodeados de peiraos de atraque e, polo tanto, cunhas posibilidades industriais tremendas, poderíamos impulsar a ubicación de novas industrias, que crearían emprego e, por riba, permitirían diversificar a industria da comarca, co que dependeríamos un pouco menos da construcción naval e das súas crises cíclicas. Só hai unha condición para isto, contar co apio dos representantes dos traballadores e que os propios sindicatos sexan motor desa transformación.

Esta vía, a de apostar pola diversificación, a innovación, a modernización e adaptación ás novas necesidades do mercado, é o que permitiu a zonas tan dependentes do naval como Ferrolterra ser hoxe punteiras noutros sectores e manter o seu nivel de riqueza e desenvolvemento. Mentres en Fene non comprendamos isto e mentres a nosa máxima e única aspiración sexa resucitar a megafactoria dos anos 70, non atoparemos a solución ós graves problemas de emprego que padecemos.

9 comentarios

  1. Manuel Cendán | 23 de November de 2006 - 1:05 am

    Si, é adecuado o que dis. O asunto está en que non podemos deixar todo á iniciativa privada. É necesario un organismo, que con fondos públicos -e tamén privados - planifique e xere novos sectores industriais. ¿Que nos impide buscar a creacción de empresas públicas ou mixtas?
    O modelo de planificación sueco - e incluso xaponés - pode servir. Non podemos deixar todo en mans dunha suposta “iniciativa privada” que non se sustancia, nin crer que con axudas “a fondo perdido”, xurdirán empresas privadas “serias”.

  2. Xi-Liu | 23 de November de 2006 - 1:02 pm

    “Creo ademais, na liña que apuntaba onte Vicente Irisarri, que a superficie que ocupa ASTANO está infrautilizada; cos 300 e pico traballadores actuais o astaleiro ocupa a mesma superficie que cando empregaba a máis de 10.000 persoas”

    …non está infrautilizado porque 300 persoas fagan o que antes facían 10.000. Está infrautilizado porque o que facían os 9.700 o siguen facendo… nas factorías de Cádiz!

  3. Xisco | 23 de November de 2006 - 2:23 pm

    Hola Ivan!

    Acabo de descubrir tu blog!. Me alegro mucho de que tengas este espacio abierto tan completo dinámico y original.

    Es una muestra más de que hay que apuntarse cuanto antes al carro de las nuevas tencologias y más nosotros que somos jóvenes.

    Saludos y abrazos

    Xisco Dalmau

  4. Roberto | 24 de November de 2006 - 4:29 pm

    Ahora mismo no hay por qué tener miedo a la privatización.
    ¿Qué pasaría si Astano (Izar Fene) fuera privatizado? Seguramente su Consejo Directivo querría ganar dinero. En estos momentos Izar Fene pierde bastante dinero, situación contra la cual cualquier empresa privada lucharía con todo su poder. Claro está que podría llegar el punto en el que se vendiese o, en el peor de los casos, llegase a la quiebra. ¿Qué pasaría? que la producción que a día de hoy realiza Izar Fene para Bazán (Izar Ferrol) pasaría a aumentar la carga de trabajo en Ferrol, incluidas reparaciones. Se daría el caso de que Ferrol no puediese atender toda la carga de trabajo en momentos muy puntuales, pero los puestos de trabajo estarían ahí.
    Esto en el peor de los casos y hablando de tú a tú, sin nada de rigor, vamos.
    En el mejor de los casos un Izar Fene privado relanzaría la actividad, al no estar vetado como empresa pública por la Unión Europea para la fabricación de barcos comerciales. No sería así de simple, pero la situación sería mucho más favorable que hasta ahora y que como augura el futuro.

  5. Manuel | 25 de November de 2006 - 12:17 am

    El problema, Roberto, es que en realidad el Navantia Fene privatizado es un señuelo para desguazarla y obtener grandes beneficios a corto plazo. No tenemos empresarios con proyectos creibles y a medio plazo, la mayoría no son más que especuladores con nif y un portátil (como toda “empresa” real).

  6. ivanpuentes.com » Enésima solución para Astano | 23 de January de 2007 - 6:33 pm

    […] Barreras, o asteleiro por excelencia de Vigo, presentou onte unha proposta, avalada pola Consellería de Industria, para crear unha factoría privada de construcción naval civil en parte dos terreos que ocupa Navantia Fene. Xa comentei nalgunha ocasión que me parece positivo que, dado que as necesidades e carga de traballo de Astano non son as mesmas que cando empregaba a máis de 10.000 persoas, se busquen solucións que permitan aproveitar parte dos excepcionais terreos da antiga megafactoría, agora totalmente desaproveitados. Creando, polo tanto, máis postos de traballo e máis riqueza. […]

  7. […] 1) As posicións de partidos locais… o bng (1, 2) que apoia a vía galega e o psoe (1, 2, 3) que apoia o que lle mande a SEPI. […]

  8. lantania » Outsiders (III) | 2 de March de 2007 - 12:48 am

    […] ¿Que facemos con ASTANO? […]

  9. cialis | 4 de November de 2007 - 8:08 am

    cialis…

    exerts abstractionism…

Deixa unha resposta