ivanpuentes.com

Tamara substitúeme na Secretaría de Organización de XSG

Tamara e eu nunha viaxe a Arxentina hai uns anos

Este sábado XSG reuniu ó seu Comité Nacional en Sada, nel eu presentei a miña demisión como Secretario de Organización Nacional, para adicarme plenamente ó meu traballo de portavoz municipal do PSOE en Fene, e Tamara Canosa, da que xa vos falei nalgunha ocasión, relevoume no cargo; a fotografía deste artigo, que nos sacamos hai uns anos durante unha viaxe a Arxentina, parece premonitoria ;-) Para min é un privilexio e para a organización un luxo contar co traballo dunha persoa marabillosa e dunha mente tan brilante como a de Tamara.

Tiven a sorte de ser Secretario de Organización de XSG dende novembro de 2002 ata onte e, a verdade, custoume dicir adeus, porque a Xuventudes débolle os mellores anos da miña vida e a práctica totalidade da formación política que teño. Lévome iso e, sobre todo, unha boa morea de amigos, de persoas excepcionais, que estarán sempre ó meu lado.

Como dixen na miña intervención, ser socialista non é desempeñar ningún cargo de responsabilidade, nin siquiera militar nunha ou outra organización, ser socialista é trazar un proxecto vital segundo o cal, esteamos onde esteamos, traballaremos tódolos días para transformar o mundo, para facelo máis xusto e máis libre. Eu agora fareino dende o Concello de Fene; o proxecto continúa.

4 comentarios

  1. José Manuel Lage | 27 de Novembro de 2006 - 12:27 pm

    Iván, suscribo ó cen por cen esta anotación no teu blog. Formamos parte dun equipo no que as XSG son unha parte indisociable das nosas vidas.

    Neno, fixéchelo moi ben, foi unha etapa dura pero tamén fermosa. Agora toca facer máis felices ós cidadáns de Fene, do teu concello, e a felicidade é benestar individual e colectivo.

    Tes capacidade e un gran corazón, penso que serás un bo alcalde, e nesa tarefa estaremos xuntos unha vez máis, traballando polos ideais e valores nos que creemos.

    Unha forte aperta

  2. Víctor | 27 de Novembro de 2006 - 2:19 pm

    Suerte!!

  3. xdy | 27 de Novembro de 2006 - 9:01 pm

    Enhorabuena Iván¡¡¡¡ Que sepas que hace mucho tiempo que lo tienes merecido y que todo trabajo da sus frutos. Ahora solo espero que consigas que entre aire ”FRESCO” en el ayuntamiento.
    Por cierto… ya sabes que la barba no te favorece.
    Un beso.

  4. Mari | 1 de Marzo de 2007 - 6:28 pm

    Iván,

    Sigue trabajando así y llegarás muy lejos. Enhorabuena por todo lo que te está pasando, te lo mereces. Y, sobre todo, no cambies nunca. Doy fe de que siempre has sido así!
    Mucha Suerte!

    Un beso xxx

Deixa unha resposta