ivanpuentes.com

Os militantes de Fene elíxenme candidato á Alcaldía

Ivan Puentes candidato a Alcalde de Fene

Moi poucas cousas nos reportan tanta satisfacción como o recoñecemento e a valoración por parte das persoas que temos máis próximas. Este domingo, logo de que o 94% dos militantes de Fene xa avalasen coa súa sinatura a miña candidatura á Alcaldía, a Asemblea de afiliados, na que participaron máis do 91% dos mesmos, proclamoume candidato por unanimidade.

Asumo esta responsabilidade cunha ilusión enorme, convencido de que Fene, cun goberno do BNG totalmente agotado logo de case 30 anos no poder, necesita un cambio, novas ideas, novas persoas, novas políticas… un pobo novo. Imos traballar como nunca, porque esta vez si que é moi probable ter un Alcalde novo, un alcalde socialista despois de 70 anos, cando os franquistas fusilaron a Ramón Souto, Alcalde de Fene en 1936.

Anímovos a participar comigo nesta apaixonante viaxe ata o 27 de maio de 2007, aportándonos ideas, achegándonos propostas para incluír no programa electoral e construíndo entre todos o proxecto que ha transformar Fene.

17 comentarios

  1. Myriam | 27 de Novembro de 2006 - 8:59 pm

    Tengo plena confianza en t, al igual que tu gente, estoy segura de que en el 2007 tendr un buen amigo, y encima alcalde!!!!

    Slo decirte que desde el flotador del mediterraneo, te seguimos ( o te sigo) y te apoyamos ( o te apoyo)
    Creo que la ilusin, y el esfuerzo te sobran, siempre lo has demostrado, y si necesitas un poco de nergia positiva, sin duda desde Mallorca te enviamos, sacos y sacos de ella!!!!

    Sabes que aunque lejos, tienes mis mejores deseos, mi mayor admiracin y mi confianza absoluta.

    Besos de ilusin y admiracion

  2. Aurora Bonnín | 27 de Novembro de 2006 - 9:10 pm

    Enhorabuena y mucho ánimo para empezar esta carrera para trabajar para tu pueblo,

    Aurora.

  3. chuza.org | 27 de Novembro de 2006 - 9:11 pm

    O PSOE xa ten candidato para alcalde en Fene…

    O curioso é que o mesmo candidato anuncia a nova no seu blog, mesmo anima a ofrecer propostas para incluir no programa electoral.
    Será curioso que siga mantendo o blog ó longo da campaña….

  4. teterella | 27 de Novembro de 2006 - 11:21 pm

    Noraboa Iván. Estou ben seguro que serás alcalde e conseguirás tirar para adiante de Fene. Espero que outros candidatos da bisbarra sigan o exemplo e nos trasnmitan a mesma ilusión e ganas de traballar que tí.

  5. jandrescm | 28 de Novembro de 2006 - 12:43 am

    Os meus máis sinceros parabens, espero que todo saia ben e teñamos outro Alcalde socialista en Fene.

    Unha aperta

  6. Pablo Campos | 28 de Novembro de 2006 - 4:13 am

    Enoraboa compañeiro e amigo xoven. Hoxe pasei por Fene e xa notei un aire novo e con afans de progreso. Oxalá respire ese aire toda a veciñanza, que é un aire limpo e saudable, para contigo acadar un Fene novo e progresista conforme marcan os tempos nos que vivimos.
    Unha forte aperta para un cambio do pobo representado na tua persona.
    Teu e da causa obreira.

  7. Pablo Yáñez | 28 de Novembro de 2006 - 4:17 am

    Mucha suerte en tu carrera hacia la alcaldia de Fene esperemos q podramos celebrar q dos localidades de costa, aunque sean de provincias distintas obtengan las ventajas de un gobierno socialista.
    Desde XSG burela queremos agradecerte q realizaras el esfuerzo de venir a la crecion de la ejecutiva de Xsg de Burela y preocuparte por ayudarnos en dar nuestros primeros pasos.
    Mucha Suerte y que el 27 de Mayo podais brindar con champan y la proxima vez q pase por Fene pueda decir q es un pueblo muy bien llevado por su equipo de gobierno.

  8. isa | 28 de Novembro de 2006 - 1:08 pm

    NORABOA IVÁN!

    Despois de tantos días compartindo experiencias en Xuventudes, tan só me queda desexarche moita sorte, porque a valía, a honestidade, o compromiso e a valentía para exercer un cargo público xa a tes máis que demostrada, para os que seguimos a tua traxectoria dende hai tempo.

    Síntome moi orgullosa de haber podido compartir contigo, máis de un ano traballo conxunto, e ademáis alégrome de que escolleses este novo camiño na túa vida, porque sei que sempre (dende algun alto de fene) te acordarás de nós.

    unha aperta, admirado compañeiro.

    isa

  9. Blas | 28 de Novembro de 2006 - 1:56 pm

    Compañeiro, non me cabe dúbida de que vas a ser o mellor alcalde que Fene tivo ata o de agora. Tránsmitoche, novamente, todo o meu apoio incondicional. E xa sabes: “A por ellos”.

  10. Nacho | 28 de Novembro de 2006 - 5:37 pm

    Amigo e Compañeiro, non creo que sexa obxetivo que eu mostre aquí a miña confianza en ti para ser o mellor alcalde de Fene, pero si a paixón que pos falando de Fene, e a emoción que tes traballando para Fene, non recúan no traballo de Alcalde, Fene está de Sorte.

    Como di Blas: A POR ELLOS (A por todos/as)

  11. Enrique Castro | 29 de Novembro de 2006 - 1:05 am

    Enhoraboa Iván.

    Acabome de enterar polo blog de Blas García.

    Espero que gañes, e por suposto quero que teñas a millor das sortes posible.

    Unha aperta.

  12. Neófito | 29 de Novembro de 2006 - 12:06 pm

    Iván,o teu entusiasmo a favor dos teus obxetivos de ser o noso futuro “servidor”, traballando por Fene, dexáme pampo…Quen te viu e quen te ve!?
    Por certo, o meu apoio non o tes, non se pode xeralizar.

  13. ivan | 29 de Novembro de 2006 - 12:56 pm

    Niso consite a democracia, Neófito, en que cada quen apoie a quen máis lle convenza, sen que ninguén lle pida explicacións por elo.

    Dende que participo activamente na política, asumín diversas responsabilidades fóra do concello e fóra da comarca, pero nunca me desvinculei da política local, de Fene, porque sempre tiven claro e dixen publicamente que é o que máis me gusta e máis me enche como político.

    En calquera caso, Neófito, se me das a oportunidade, explicareiche o proxecto dos socilaistas para Fene, para que así podas decidir o teu voto con máis información e, polo tanto, máis libremente. Será un proxecto, en todo caso, que, a diferencia do que leva pasando en Fene moito moito tempo, incluirá nel a todos e todas, ós/ás que nos voten e ós/ás que non o fagan, porque niso consiste ser de esquerdas e ser socialista.

  14. ivan | 29 de Novembro de 2006 - 3:38 pm

    A todos os que deixastes a vosa opinión neste post:

    Gracias infinitas polas mostras de cariño e de ánimo. Conto con vós para que ese aire fresco do que falades, ese Fene novo, esas gañas e esa necesidade de cambio… se fagan realidade o 27 de maio de 2007.

    Prométovos que gañaremos as eleccións en Fene e que transformaremos o noso pobo nun lugar do que todos/as vos sintades aínda máis orguiosos.

  15. Javier Castiñeiras | 29 de Novembro de 2006 - 3:40 pm

    Penso que despois de tanta lonxevidade de goberno nacionalista en Fene é hora dun goberno novo, fresco e moderno como o que liderará Iván Puentes; unha persoa que sintetiza perfectamente o sentir socialista e progresista.
    Cabe resaltar que o PSdeG-PSOE de Fene está en condicións de gobernar e así o foron confirmando os resultados eletorais dende o 95 con dous conceleiros, 99 con tres e nas pasadas municipais con cinco edís. Agora está chegando a hora de que fale o pobo, de que Fene opte polo continuismo ou opte polo progreso, por un proxecto político aspirante a gobernar o Concello de Fene. Ese proxecto chámase Iván Puentes Rivera, Alcalde de Fene.
    ¡Ánimo compañeiro!

  16. Jartin | 30 de Novembro de 2006 - 5:11 pm

    Noraboa Iván! Dende que te coñecín na facultade souben que naceras para isto. Desexoche todo o mellor, igual que lle desexo todo o mellor a Fene, e o mellor para Fene é a ilusión, o esforzo, as ganas de traballar, o futuro…en fin, todo o que ti representas. Non teño dúbida ningunha de que serás alcalde, pero aínda teño menos dúbidas de que seras o MELLOR ALCALDE posible. Tes todo o meu apoio! Moita sorte!

  17. alberto | 3 de Decembro de 2006 - 5:04 am

    enhoraboa para ti e para todos os feneses e fenesas, xa que non sei cal é o mais beneficiado pola noticia.
    un saudo

Deixa unha resposta