Homenaxe ós concelleiros feneses da II República

Xa vos comentara que en Fene, a iniciativa do PSOE, estamos a preparar unha homenaxe ás corporacións municipais da II República, que servirá para pechar a programación local do ano da memoria. Será o sábado 23 de decembro ás 12:00 no salón de plenos da Casa do Concello.
Nesta sesión extrordinaria do pleno, ademais das intervencións do Alcalde e dos voceiros de cada grupo, leranse diferentes textos, entre eles a Acta de Proclamación da II República en Fene, aprobaremos unha moción que restitúa a honra de tódolos veciños/as do concello que traballaron pola liberdade e a democracia naqueles tempos, inauguraremos a obra de Patricia Dopico que presidirá a partir de agora o Salón de Plenos, e o Grupo de Metales Santa Cecilia ofrecerá un concerto no que interpretarán diversas cancións da época: Himno de Riego, A Internacional, Negra Sombra, Caminante no hay Camino (versión de Serrat), Paso del Ebro, Si me Quieres Escribir, Himno Galego…
Queremos converter o pleno nunha exaltación da democracia e da liberdade e queremos contar coa participación de todos e todas vos, por iso invítote a que veñas a Fene este día e que compartas con nós un acto que, como di o lema do mesmo, é de xustiza.
3 comentarios
Deixa unha resposta

[…] Xa comentei que este sábado, 23 de decembro, ás 12:00 o Concello de Fene celebrará a proposta do PSOE un pleno extraordinario para homenaxear ás corporacións da II República. Preparando a moción que aprobaremos PSOE, BNG e EU atopamos unha acta de 1939 que di o seguinte: Teniendo en cuenta que el día 21 del actual el Generalísimo y Caudillo de España, Excmo. Sr. D. Francisco Franco Baamonde, pasará por este ayuntamiento para su residencia al Pazo de Meirás, la corporación por unanimidad acordó que en la carretera general se levanten arcos de triunfo […] a fin de que resulte lo más brillante, contribuyendo así al homenaje que el Pueblo de Fene ha de rendir al Salvador de la Patria. También por unanimidad se acordó nombrar Alcalde Honorario de este ayuntamiento al Generalísimo de los Ejércitos y Jefe de Estado, Excmo. Sr. D. Francisco Franco Baamonde. […]

[…] Cun salón de sesións a rebentar, hoxe, por fin, celebramos na Casa do Concello de Fene o Pleno de Homenaxe ás Corporacións da II República. Na súa honra inauguramos a obra “En Movemento” de Patricia Dopico, que podedes ver na imaxe e, como estaba previsto, revocamos o nomeamento de Franco como Alcalde Honorario de Fene, vixente dende 1939. […]