O cambio climático está a piques de volverse irreversible

“O planeta quéntase de forma innegable e o home ten boa parte da culpa. Parte do quecemento xa é inevitable e o nivel do mar seguirá subindo durante máis dun século, aínda que mañán mesmo se eliminaran as emisións de gases de efecto invernadoiro. Ese sería un resumo do Informe do Panel Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC, nas súas siglas en inglés), un grupo de máis de 2.500 científicos organizado por Nacións Unidas, e que presentarán en 2007 as súas conclusións sobre o quecemento global.”
¿Cando quen pode facelo tomará algún tipo de decisión ó respecto? E máis importante ¿Cando se concienciará a sociedade tanto como para esixilo?
4 comentarios
Deixa unha resposta


É tarefa de todos, e o primeira cousa que hai que saber é que non se pode seguir crecendo económicamente a este ritmo sen preocuparse das emisións. Hai que aceptar que Kyoto terá o seu custo e investir máis cartos en tecnoloxías limpas, porque debemos saber que as solucións ao quentamento global que hoxe nos custarían 10, dentro de vinte anos custarán 10.000.
E haberá que pensar tamén en respostas aos cambios demográficos que se producirán como consecuencia dos cambios climáticos (movementos migratorios, refuxiados, etc.). Algúns xa están a ocorrer.
Os lideres politicos teñen o deber de tomar as medidas necesarias para frear -no posible- o cambio climático e planificar respostas as consecuencias do mesmo.A cidadania ten o deber de presionar a os seus representantes para que asi o fagan, e de tomar todos concencia das consecuencias que se nos poden vir enriba, e cambiar os habitos por outros mais ecoloxicos e sostibles.Nas mas de todos esta o futuro.
[…] Como xa comentara nun post do ano pasado, parte dos efectos do cambio climático poderían ser xa irrerversibles. Hoxe coñecemos o cuarto informe dos 3.000 científicos do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático das Nación Unidas e da Organización Meteorolóxica Mundial e os resultados, como xa prevíamos, son alarmantes: A concetración de dióxido de carbono na atmósfera é a máis alta nos últimos 650.000 anos, o cambio cllimático é como un tren que tomou saída e non poderá ser parado en séculos, o cambio climático débese, cunha probabilidade do 90%, á actividade humana, a temperatura subirá entre 1 e 6,3 grados este século, o 30% das especies do planeta estarán en grave risco de extinción… En definitiva, “Este informe pecha a porta a tódolos que negaban a existencia do cambio climático, e pecha a dúbida que tíñamos de se as actividades humanas estaban relacionadas con él”, tal e como afirma Achim Steiner, director do Programa de Medio Ambiente da ONU. […]
sisisisisis
teneis razon