ivanpuentes.com

Luz Verde á Cidade da Cultura

Foto: Ramón Escuredo. Extraída de: El Correo Gallego

Emilio Pérez Touriño e Ánxela Bugallo despexaron onte unha das grandes incógnitas do bipartito, finalmente a obra de Peter Eisenman no Monte Gaiás, a Cidade da Cultura, será rematada, aínda que con notables variacións nos usos dos dous edificios que quedan por construír, que buscan facer máis rendible e realista o proxecto: o Teatro da Música pasará a ser O Obradoiro, un grande centro destinado á formación e á creación de todo tipo de artistas do país, e o Edificio de Novas Tecnoloxías convertirase no Centro Internacional de Arte.

Igual o futuro me pecha a boca, pero non creo que este tipo de obras faraónicas de custos case imposibles sexa a día de hoxe o que precisa a cultura galega; por iso sempre me opuxen á megaconstrucción do Gaiás. En calquera caso, o dilema do actual goberno non era construír ou non a Cidade da Cultura, senón rematar ou deixar inconclusa unha obra xa moi avanzada e na que se levan investidos moitísimos cartos públicos.

Neste punto, sempre crin que o mellor era rematar un proxecto que é unha obra de arte e un valor en si mesmo, pero, sobre todo, creo que é mellor rematalo, porque así terá unha maior funcionalidade, que permitirá unha maior oferta e, polo tanto, unha maior capacidade para xerar investimentos que compensen os elavados custos.

2 comentarios

  1. Roberto | 29 de Decembro de 2006 - 2:09 pm

    Cuántas personas están se están cargando a cuenta de la CIUDAD DE LA INCULTURA!!!

    Habría que hacer una encuesta. En plan serio y todo, hecha por un catedrático en estadística, para que luego digan de la demagogia y se empiecen a tirar los zapatos a la cabeza. Un par de meses, por todos los hospitales gallegos, preguntando a cualquiera que estuviera en el hospital pidiendo vez para una consulta, acudiendo a una cita, a los parientes que llevan al señor/a a consulta, etc. sobre cómo cree que aumentará su cultura una vez que esté en funcionamiento la ciudad de los … Que puestos a elegir, si prefiere estar un par de meses más esperando para operarse la tromboflebitis o subirse al carro de la cultura. Ríete tu de un glaucoma, de una histerectomía, o cualquier chorrada de estas… Nos quejamos de vicio. Lo que se lleva es ser culto, visitar la CIUDAD DE LA CULTURA y admirar la suavidad de sus formas y de cómo se confunden con el paisaje. Quedarse mirando para los techos con aire interesante y frunciendo el ceño. Si es que el Piter Eisemán este es la leche.
    Si quisiéramos cultura… pues estaría bien bajar las tasas de la matrícula universitaria, aportar medios dignos con los que estudiar, aumentar los programas curriculares transversales en secundaria,… o QUÉ CARALLO! dotar a las bibliotecas no universitarias de medios acordes a los tiempos.

  2. Antón | 21 de Febreiro de 2007 - 1:41 pm

    Sabes que é inmoral?. Estar totalmente calado cando se proxecta, aproba, e se ivirten máis de 120 millóns de euros no proxecto; e cando o goberno xa te concedeu unha das duás licencias de Televisión dixital terrestre de Galicia e, unha vez producido o cambio de goberno, montar unha campaña en contra do proxecto, cando nese momento soamente habiá dúas alternativas, ou ben o acabas, ou ben o deixas sen acabar en plan Ryugyong, ( http://www.alpoma.net/tecob/?p=57 ) dando unha imaxe de Galicia como país tercermundista durante décadas; e aínda é peor te-lo carallo de comparalo co proxecto de rehabilitación de universidade laboral de Xixón, e largar tan alegres que en Xixón están CONSTRUÍNDO unha cidade da cultura por unha pequena parte de presuposo da Cidade da Cultura de Santiago.
    Eso é o que fixo a Voz de Galicia.

Deixa unha resposta