ivanpuentes.com

¿Unha selección para esta nación?

Foto: Gabriel Tizón. El País.

Pena e asco son os dous únicos sentimentos que me provoca a imaxe, reflexo dos violentos disturbios ocorridos onte na Coruña, durante a manifestación convocada por Siareiros Galegos antes do Galicia-Ecuador.

Resulta que a resposta á matraca do imperio español que nos asulaga, á politización e alienación á que España nos condea coa súa selección, e isto? Repartir hostias en nome dun país e dunha selección. Menos mal que só xogamos un partido ó ano.

Sei que son unha minoría, pero son a noxenta e estúpida minoría que sempre fastidia a festa, que politiza o deporte, que só sabe falar a paos e á que realmente lle gustaría ser máis intransixente, máis absolutista e máis fascista que os que supostamente os oprimen social, cultural e intelectualmente, aínda que sería para nobel atopar algo de intelecto nun cráneo destes supostos siareiros.

Actualizado ás 11:23 do 31/12/2006:

Siareiros culpa al Concello de los disturbios en el paseo: “Los únicos responsables son la Policía Local y el Concello”. La asociación cree, según explicó Artur Pereira, que la violencia se debió a que el recorrido de la manifestación convocada para reclamar una selección de Galicia oficial incluyó la Coraza del Orzán, donde ondea la bandera española junto a la gallega. “Nuestro objetivo no era retirar la bandera; nosotros somos los principales perjudicados de la chapuza del Ayuntamiento”, indicó Pereira, quien asegura que se obligó a los manifestante a pasar delante de un símbolo “que no es de consenso” y que “se impuso por las armas en el 36″.

Surrealismo político en estado puro! Pobriños siareiros que non se puideron controlar ante a tremenda provocación do Concello. Por favor…!

13 comentarios

  1. tetilla | 29 de Decembro de 2006 - 4:49 pm

    Estes si que non representan a Galicia, gracias a Deus!

    Este é o nacionalismo que apoia ó XXX (Organización por detrás de Siareiros Galegos), pandilla de subnormales…

    Ide a Portugal a pelexarvos e deixádenos ós galegos en paz!!

  2. Valdreu | 29 de Decembro de 2006 - 4:50 pm

    Ou ti e mais eu limos novas distintas, ou quedacheste só co que che interesou.

    “dos personas intentaron cortar su cuerda en distintos turnos. Entonces apareció la policía antidisturbios, que actuó sin contemplaciones, y los cachorros del nacionalismo radical gallego reaccionaron montando barricadas en la carretera con contenedores de basura”
    Ou sexa que no país din que a resposta dos antidisturbios a intentar cortar unha corda foi calificada como sen contemplacións, e para ti os culpabeis de violencia gratuita son os siareiros. A min sóname ao de sempre (con ou sen nacionalismo), non hai disturbios até que aparecen os antidisturbios.

    E a túa crítica a politización do deporte é insostíbel, non sei como pode estar non politizada unha selección que naceu grazas ao traballo dun determinado pensamento político, porque dende logo que “os non nacionalistas que so lles interesa o deporte” non fixeron ren por conseguila.

  3. miguelnr | 29 de Decembro de 2006 - 5:23 pm

    Lo bueno que tienen los sectarios es que su potencial de crecimiento es nulo; al no interesarles convencer a quienes todavía discrepan de ellos, se ahogan en su propia endogamia.

    Ergo, son una minoría, y siempre lo serán.

  4. ivan | 29 de Decembro de 2006 - 6:15 pm

    Valdreu, non vou discutir sobre a bandeira do Orzán, porque é algo anecdótico, pero non me parece moi serio xustificar estas accións por culpa da reacción policial.

    En calquera caso, lembro tamén o espectáculo que montaron o ano pasado en Compostela, queimando contenedores e destrozando todo o mobiliario urbano e xardíns das rúas polas que pasaron e rebuznaron. Lembro incluso como xente que traballa na Xunta ou na sede dalgúns partidos políticos non puido marchar para a súa casa á hora habitual, porque estes dementes estaban berrando ás portas do seu traballo.

    Esta é a liberdade que queren para Galiza? Comigo que non conten, dende logo.

    Espero que non se entenda que prexulgo a todo o espectro nacionalista pola actuación destes descerebrados; en absoluto. No mundo nacionalista, como no de calquera outra ideoloxía, haiche de todo; así que non simplifiquemos.

    A respecto da politización, aí está o problema, en concebir un equipo de fútbol como a exaltación dunha nación ou dun sentimento político, e dame igual que sexa a galega, a española ou a de calquera sitio. Eu non aspiro a actuar como o fan aqueles ós que critico.

  5. Valdreu | 30 de Decembro de 2006 - 2:32 pm

    O da bandeira, coma ti dis, é anecdótico. Para min é un exemplo de resistencia pasiva coa que non se fai mal a ninguén, que considero unha forma lexítima de protesta, polo que non vexo xustificábel “actuar sin contemplaciones”. Teño que dicir que sen velo tampouco debería opinar sobre a desmesura da actuación, pero tendo en conta de que esa calificación vén dun xornal non nacionalista, terei que aceptar que foi esaxerada.

    Que nestes grupos hai xente predisposta a violencia? Correcto, e non vou dicir que porque a policía sexa violenta xustifique a violencia posterior, pero si que terás que recoñecer que a violencia xera violencia (os antidisturbios responden con violencia á violencia), e neste caso os primeiros en usar a violencia foron os antidisturbios, polo tanto podemos adxudicarlles cando menos a mesma responsabilidade do acontecido que os outros, algo que non vin aínda na túa análise dos feitos. Pensa o ben que lle acae o iso de “esa liberdade para Galicia”, aos que acaban coa discrepancia de xeito desproporcionado.

    O feito de sentir un equipo de fútbol como exaltación dun sentimento político, ten unha explicación moi sinxela. Até o de agora ese equipo non podía existir precisamente por motivos políticos, como esquecer iso? acaso existe algún movemento político que cando consegue un obxectivo político non o considera unha victoria política? Pensa no teu propio partido, acaso ten razón o PP nas súas críticas a recuperación da memoria histórica? Debe esquecer o PSOE o mal feito con argumentos políticos porque outros lle din que que iso é politización de feitos pasados e superados?

  6. César Pena | 30 de Decembro de 2006 - 3:04 pm

    Nunha tempada xóganse 380 partidos en primeira división. Algúns deles son declarados de “alto risco” e incluso noutros chega a haber incidentes. Nembargantes, ao día seguinte as páxinas de deportes dedícanse a falar da crónica deportiva, dos mellores xogadores, das estratexias dos adestradores. De cando en vez hai quen lle adica unha columna aos enfrontamentos dos siareiros e a policía…

    Antonte fun ver o Galiza - Ecuador. Gustoume moito Nano e Diego López. A ver se se cumple o que dixo Fernando Vázquez e o vindeiro partido é fronte Portugal en Vigo.

    ¡Ah, perdón, que a vos o que vos interesa é seguir a estratexia contaminadora do Impaís! Que decepción, Iván…

  7. Blas | 30 de Decembro de 2006 - 6:08 pm

    A eterna discusión. Resulta que neste país existen dous países Galicia e Galiza. E os de Galiza son máis galegos que os de Galicia. E eu pregúntome o porque. Porque falan galego-portugués, porque queren a independencia, porque o himno galego só se pode tocar coa gaita, …

    Eu reto a calquera dos de Galiza a que desmostre que é máis galego ca min, ou que Iván ou que calquera dos que vivimos en Galicia.

  8. ivan | 30 de Decembro de 2006 - 6:56 pm

    Valdreu e César, no substancial estamos de acordo, o importante é o deporte, que teñamos seleccións galega e que os violentos son unha minoría. Se me entusiasmase o fútbol, cousa que non é, faría unha crónica sobre o bo xogo de Galicia, pero quero denunciar esta outra parte da realidade, por minoritaria que sexa, porque non quero que ninguén actúe así en nome do noso país, que debe ser o de todos, pensemos como pensemos, non o cortello particular dos que fan unha exaltación violenta do seu sentimento patriótico, se é que o teñen ou saben ou que significa.

    Mirade, o PP pon o grito no ceo cada vez que sae unha minimísima nova sobre Batasuna, porque son violentos, radicais…, pero en cambio cala cada vez que se produce un acto violento de falanxistas ou de calquera organización de ultradereita, porque son unha minoría á que non lle hai facer caso desviando a nosa atención.

    Eu creo que ós violentos que non respectan a liberdade dos demais hai que denuncialos sempre. Se non lle damos importancia ás súas accións, se miramos para outro lado e se deixamos pasar por alto ataques á nosa liberdade colectiva, seguirán a medrar e chegará un momento en que a minoría orixinal suporá unha ameaza para todos os que cremos que a democracia é o sistema menos malo de convivencia.

  9. lagaitaenlacabeza | 31 de Decembro de 2006 - 2:27 pm

    Sólo digo una cosa. QUITAOS LA PUTA GAITA DE LA CABEZA JODERRRRR!!!, con la bngaita nos vamos al carajo. Por cierto, la leyenda urbana dice que hay un video en el youtube de Benito Lobera leyendo un libro, pero yo no lo encuentro, a ver si lo podeis encontrar

  10. Tagen | 5 de Xaneiro de 2007 - 5:05 pm

    Vaia, outro que leu a magnífica crónica de El Pais. En Xornalismo cando se elevar a anécdota a categoría non é por casualidade; que llo pregunten a P.J.Ramírez.

  11. mendinho | 6 de Xaneiro de 2007 - 5:11 am

    1- Que eu saiba, dentro da miña ignorancia, Siareiros galegos nada ten a ver co BNG.

    2- PSdG e BNG están condenados a entenderse, caso contrario, xa saben o que acontecerá: o retorno da longa noite de pedra do PP na Galiza.

    3- Non todo o BNG é uniforme, como o PSdG non é uniforme e nin sequera o PPdG pode presumir de selo.

    4- Queridos políticos, para os demais mortais mileuristas e precarios unha simple vivenda é un soño. Iso é o que preocupa, o resto é conversa.

  12. Naseeruddin | 11 de Xaneiro de 2007 - 4:46 am

    Mendinho ten razón, non só Siareiros Galegos, senón toda organización independentista está completamente desvinculada do BNG, partido que nos leva decepcionando profundamente nos últimos anos.
    En canto aos sucesos da bandeira, eu entendo que haxa xente que non o vexa así, pero a convivencia conséguese tratando de poñerse no lugar do outro. Para moita xente a bandeira española é un símbolo similar aos pendóns nazis, encarna a barbarie da guerra civil, os asasinados e o afogamento das culturas non castelás dentro do estado. Dis que os sucesos che deron noxo, a moita xente o que lle dá noxo é a bandeira. Pregúntome que pasaría se mañá un alcalde nacionalista planta unha bandeira galega coa estrela no Orzán e fai pasar por alí diante o desfile das forzas armadas ou as manifestacións do PP. Se para moitos a bandeira española está lexitimada pola transición, para moitos outros non é así e constitúe unha provocación innecesaria facelos pasar por diante dela en grupos de trescentos. O que pasou estaba cantado e non se lle ocultaba a ninguén, se en vez de ser trescentos independentistas fosen trescentos anarquistas sería o mesmo conto. Se non, aver que facían alí os antidisturbios, porque non creo que estivesen de paso.
    Obviamente as actitudes violentas son condenables, pero paréceme moi acertado o que dixo Valdreu, nen sequera cando morren aficionados nos encontros se lle dá tanto bombo a unha noticia así.
    Polo demais a disidencia é un dereito lexítimo dentro dun estado democrático, a ninguén se lle pode obrigar a asumir o marco xurídico, só a respetalo, polo que pedir a oficialidade da selección galega ou loitar con todos os medios legais pola independencia de Galiza non son en si mesmos delitos. O feito de ser unha minoría tampouco xustifica a criminalización que se vén facendo do independentismo, ao contrario, o que distingue a un estado democrático dunha dictadura é que as minorías teñen garantidos os seus dereitos. Iso de ter coidado coas minorías non deixa de ser un pensamento de raigame fascista e totalitaria. As minorías, precisamente por selo, deben ter o dereito a facerse escoitar dentro da legalidade.
    O feito de que haxa grupos que empreguen a violencia neses fins non xustifica que se meta a todo un colectivo no mesmo saco. É algo tan inxusto como sería criminalizar a todos os ecoloxistas pola última solta de visóns. Ningunha ideoloxía está libre de tontos.

    Por certo, desde unha perspectiva científica todos falamos galego-portugués, outra cousa é que o escribamos dun xeito ou doutro.

  13. isidre hool | 18 de Outubro de 2007 - 10:56 pm

    sodes uns putos manipuladores.
    o que escribiu esta noticia debe ser da mesma calaña que os maderos do estado espanhol.
    asi vos luce o pelo, sodes uns galegos de pastel.

Deixa unha resposta