ivanpuentes.com

Personaxe do ano en negativo

Foto EFE-Al Iraquiya. Extraída de El País

Creo que esta, unha das últimas en producirse, é a imaxe negativa do ano. Reflicte perfectamente a escalada de violencia mundial que estamos a padecer e ilustra o descerebrado e perigoso xeito de entender as relacións entre os diferentes países e civilizacións da Terra que pretenden impoñer a administración Bush e os seus aliados.

O aforcamento de Sadam Husein demóstrame unha vez máis a necesidade de seguir loitando e traballando por un mundo máis xusto, no que a violencia non sexa empregada nunca máis en nome da paz. ¿Que logramos coa invasión de Iark? e sobre todo ¿Que logramos aforcando a un tirano como Sadam?

1 comentario

  1. Na veira do mar | 30 de Decembro de 2006 - 10:00 pm

    Quixera engadir unha frase de Mahatma Gandhi
    “O máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa.”
    Únome á túa reflexión e á loita por un mundo máis xusto.

Deixa unha resposta