ivanpuentes.com

Personaxe do ano en positivo

Associeted Press. Extraída de El País

A parte boa do ano atópoa tamén en Norteamérica. Al Gore, o que foi o próximo Presidente dos Estados Unidos, tal é como el se define, logrou este ano o que levan intentando milleiros de científicos hai décadas, que o debate sobre o cambio climático chegue ó conxunto da sociedade e, sobre todo, que esta se conciencie da necesidade de frealo.

En Galicia padecemos este ano as consecuencias do quecemento global do planeta, pero tamén asistimos noutras partes do mundo a indicios evidentes da alteración climática que estamos provocando na Terra: novas illas, desxeo dos polos ou subidas do nivel do mar; efectos que se irán acentuando progresivamente ata chegar a unha data clave, 2040, ano no que previsiblemente os polos se derreterán completamente.

Gore conseguiu trasladar este problema á sociedade e o Informe Stern (resumo) encargado polo Goberno Británico, logrou concienciar ó poder económico mundial da necesidade de invertir o cambio climático falándolles na súa linguaxe: a economía mundial caerá un 20% se non se frea o quecemento do planeta; pola contra, frear este quecemento custaría un 1% do PIB mundial.

Con estes avances no ano que remata, o 2007 debería ser o ano no que pola presión cidadá crecente e polo medo dos grandes actores mundiais ó futuro, se terían que tomar importantes decisións para, por fin, facer algo a fovor do planeta que vimos destrozando dende hai séculos, aínda que sexa por puro egoísmo económico ou vital.

1 comentario

  1. […] Por fin, a defensa do medio ambiente comeza a calar amplamente na sociedade, porque este é o paso previo e imprescindible para que, na nosa condición de cidadáns, esixamos ós poderes públicos e empresariais a aplicación dun modelo de desenvolvemento sostible, o único que pode garantir a supervivencia da Terra e, polo tanto, a nosa como individuos. A isto contribuiron definitivamente as aportacións de personaxes de relevancia mundial como Al Gore, do que xa falamos, por iso alégrome tamén de que hoxe o propuxesen para o Nobel da Paz. […]

Deixa unha resposta