Telegaita returns!

Éme difícil explicarvos o que sinto logo de ler a entrevista que onte lle fixo El País a Superpiñeiro. O icono da Telegaita do PP, que regresa á TVG logo dunha penitencia de 18 meses, di entre outras cousas:
“¿Cambio en TVG? ¡Pero qué cambio, si el único que faltaba era yo!”
“Lo del cambio en la TVG me hace mucha gracia. Ahí siguen Gayoso, Os Tonechos, actores que pasan de unas series a otras…”
“Lo de ir con Quintana es esporádico, no estoy en plantilla de Vicepresidencia, pero no tiene que ver con que trabaje o no en la Televisión de Galicia.”
Refírese Xosé Manuel Piñeiro ó traballo que durante este verán fixo para a Vicepresidencia de Anxo Quintana, animar as “Xuntanzas dos Nosos Maiores”, esas macropapatorias que tiñan sempre como resultado cada domingo unha foto do Vicepresidente bailando un pasodobre coa xubilada de turno. Nada que ver coa Xira da Terceira Idade de Fraga, por suposto, pero, como diría Woody Allen sobre os cartos, produce unha sensación tan parecida que só un auténtico especialista podería recoñecer a diferencia.
Piñeiro non volve para presentar Supermartes; iso eran caralladas manipuladoras da Telegaita. Agora, como síntoma da modernidade e pluralidade da nova TVG, máis próxima á BBC que nunca, conducirá un espacio de tarde, de luns a venres, chamado Acompáñenos, no que tres persoas de avanzada idade falarán con Superpiñeiro da súa soidade e o programa poráos en contacto con outras persoas que tamén precisan compañía. A fórmula é indiscutiblemente orixinal, nunca vista; espero que non se lles ocurra crear tamén a xenial sección do polígrafo para ver se os invitados din ou non a verdade.
En fin, o triste non é que volva Xosé Manuel Piñeiro, senón que ten máis razón que un santo en todo o que lle di a El País. Non só volve o único que faltaba para completar a fórmula casposa de televisión que padecemos durante 16 anos neste país, senón que o fai para conducir un espacio destinado á terceira idade e mentres, ó mesmo tempo, acompaña ó Vicepresidente da Xunta de festa en festa bailando con eses mesmos maiores; mostra indubidable da férrea independencia da televisión pública sobre o poder político. Casualidade? Non, tal vez serendipia.
Actualizado ás 12:18 do 22/01/2007:
Leo en Cara ó Vento que, por se non era suficiente o de onte, hoxe El País publica outra nova sobre o expediente Superpiñeiro: “Vicepresidencia felicita a TVG por el regreso de Superpiñeiro” e “Confirma que el presentador seguirá trabajando para Quintana”.
Si señor, un dez!
12 comentarios
Deixa unha resposta


Soy un adelantado. ¿Puede estar más de moda mi nick? Como dije en otro lado, aquello de pan y circo, con el Bng es Pan y Gaita. Eso sí, las empresas no paran de encontrar problemas, y se largan; montamos chiringuitos como el Consorcio y así, se podría seguir hasta el infinito.
El Pais, ou o prognóstico do artigo-de-mañá de Ivan Puentes. Si, xa van varias veces que leo a edición galega de El Pais e penso “este o saca mañá Iván Puentes”. Case sempre atino. Por desgraza, El Pais cheirame tanto a PSOE como o resto de medios do grupo Prisa, e malia que tenten presentarse como prensa seria, adoecen do mesmo sectarismo que El Correo Gallego, máis cun enfoque burlón da mentalidade provinciana de moita xente galega.
Xa que Iván se informa por medio de El País, vai ser dificil que se entere da que se está montando en Ogrobe ou Miño. El País, xa se sabe, está a outras cousas…
P.D.: Teño máis que dicir respecto deste fío, pero gustaríame ir intercambiando pareceres, Iván. Espero que te decates de que o debate é sobre o fondo, non sobre as formas.
Que vuelva Boney-M!
http://www.youtube.com/watch?v=1ulWNc9oqhg
Oes? Porque non avisas de que vas a escribir sobre SP?. Eu acabo de escribir un post sobre Piñeiro e Lousada.
Non é por nada, pero está mellor o meu, jejejejeje. Ou debería de rirme xexexexexexe para que non se enfade don Benito.
Un saúdo
Creo que o comentario que deixei aquí onte non daba para ser vetado, e menos por alguén que tenta dar unha imaxe de frescura democrática. Fico sorprendido pola túa actitude. Tomo nota diso: solo é unha “imaxe”.
Increibles as cousas que estan sucedindo. Ao final imos consolidar un fenomeno chamado “gerontocracia” na TVG.
E precisamente daquelos e daquelas que falaban…e falaban.
Sera cousa de tomar nota.
Vamos a ver, César! Xa dixen nalgunha ocasión que neste blog non existe moderación previa; a mellor proba é que cada vez que escribes un comentario cólgase automaticamente, como podes ver. Polo tanto, non vetei o teu comentario de onte, quedou arquivado en moderación sen que atope ningún tipo de explicación razoable. En calquera caso, verás que xa está incluído entre os comentarios deste artigo e, de feito, o seguinte que deixaches colgouse inmediatamente.
Así que non penses mal, non se me ocurre censurarte porque digas que me informo a través de El País e porque critiques a liña editorial do Grupo Prisa, que, como comprenderás, nin me vai nin me ven.
Con respecto ó que dis no comentario en cuestión, seguindo o que ti indicas sobre que é unha cuestión de fondo e non de formas, sorpréndeme que o motivo do teu artigo sexan precismente as formas, a fonte da que saco a información, e non o fondo, as declaracións de Superpiñeiro, a volta deste á TVG, a compatibilización desta labor con seu traballo para Vicepresidencia, o bochornoso espectáculo da TVG… Coido que iso é o importante e non se a información a saquei de El País, do Diario de Ferrol ou do Heraldo de Aragón.
Aínda así, con respecto a isto, teño que dicirche que tes moito tino, porque creo lembrar que, dos case 250 artigos deste blog, só tres se corresponden con informacións de El País, este, o dos Siareiros Galegos e o de Al-Gore; tal vez se me escape algún. Revisa os que se corresponden con informacións de La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, El Mundo ou blogs diversos e verás que gañan por goleada. En calquera caso, El País paréceme un moi bo xornal, cunha liña editorial clara, como tódolos demais, pero dos de maior calidade que se editan en España.
Por último, quero aclararche que non me informo a través dun único diario, quen o fai nunca estará ben informado. Procuro ler cantos máis mellor, pero diariamente leo La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, La Opinión, El País, El Mundo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, La Razón, Vieiros e Xornal.com.
En todo caso, volvendo ó fondo do asunto ¿Que é o grave, que El País e outros medios interpreten que todo o rollo este de Superpiñeiro é noticia ou que Superpiñeiro volva á TVG nas condicións que comentamos? Creo que a resposta é obvia.
Saúdos, César ;-)
Ben, prosigamos entón. A min o fondo da cuestión paréceme claro: falamos do control político dos medios de comunicación, neste caso para deixar caer que na TVG o BNG fai e desfai, e que non é máis que o continuador da política casposa do PP. Argumento ruín, ao meu entender, tendo en conta que as competencias sobre a CRTVG pertencen ao PSOE, que levou para Presidencia a Secretaría Xeral de Comunicación, que integra a actual Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, a Dirección Xeral de comunicación e Audiovisual e a CRTVG.
Haberá que estár entón ás duras e ás maduras. Se os medios de comunicación públicos galegos están controlados e manipulados pola Xunta o PSOE (e nomeadamente o conselleiro Méndez Romeu) terá moita máis responsabilidade que o vicepresidente Anxo Quintana. É bastante hipócrita culpar ao BNG dos programas que non nos gustan e logo apuntarse o tanto do aumento dun 16% da audiencia. Algo non cadra.
A min Xosé Manuel Piñeiro tampouco me gusta, pero aos meus avós (lamentablemente) si, e nin antes era admisible unha programación de costas á mocidade nin tampouco o sería agora unha programación de costas aos maiores. Tampouco volve “Superpiñeiro”, como di El Pais con sorna. Volve un profesional (que non me gusta) a presentar outro programa (que non me gusta) distinto daquel inxustificablemente maratoniano Supermartes. ¿Estamos propoñendo veladamente o veto a determinadas persoas?
Claro, un queda coa idea de que a TVG está nas máns dos do Bloque, que manteñen, cando non recuperan, a caspa doutros tempos non suficientemente lonxanos. Non lembra El Pais a caspa que inunda a RTVE (PSOE) con programas como “Corazón, Corazón”, “Mira quien baila”, etc. Non, os garrulos somos os galegos, que volvemos ao Superpiñeiro. Podería ser autoodio galego, pero é simple burla capitalina.
E respecto da liña editorial de El Pais e calquera outro xornal (eu tamén leo canto podo, incluso libertaddigital.com, jeje), non me quedo na análise do que me di, senón de “como” mo di, “cando” mo di e, de poder comprobalo que é o que non me di. El Pais, insisto, non é menos sectario que El Correo Gallego, que xa é dicir.
P.D.: Respecto da moderación do meu primeiro comentario, a min xa me parecera raro. Con todo, os feitos foron que mensaxes posteriores foron publicadas e a miña non aparecía. Xa dixen que me sorprendía, non te tiña por tal. Aclarado o problema técnico, desculpa por pensar mal ;)
O de Piñeiro ten coña: o PP pono a disgusto na TVG porque sabe que é sociata perdido, cando Piñeiro tira contra o PP no Supermartes, despídeno fulminantemente. Como a audiencia pasa nese intre de altísima a baixísima, suplícanlle, humillados, que volva. E cando as esquedas gañan, en troques de elevalo ós altares, cargan sobre él tódolos odios á antiga TVG.
Os dirixentes nacionalistas, que son conscientes de todo este inxusto absurdo, logran que Pieñiro se achegue a eles, e o PSdeG, que tiña en Piñeiro a unha das súas estrelas mediáticas máis coñecidas, remata ficando como o único linchador do seu propio simpatizante.
De tolos.
Por aclarar un pouco as cousas: cando se negociou o pacto de goberno entre PSdeG e BNG, os medios públicos galegos foron un dos terreos máis disputados. Finalmente, procedeuse a un reparto máis ou menos salomónico: na TVG, a direción de informativos foi para o PSdeG, e a direción de programas para o BNG. É este último departamento, que conduce Suso Iglesias, o que dá agora nova entrada a Xosé Manuel Piñeiro na programación. Certamente, a cousa cheira un pouquiño a “alcaldada”, tendo en conta que Piñeiro e Quintana son ambos alaricanos e amigos dende nenos, igual que as súas respectivas nais -íntimas amigas-, ademais da coñecida relación profesional que Piñeiro viña mantendo con Quintana por mor das “festas dos nosos maiores”.