ivanpuentes.com

Apagón mundial contra o cambio climático

Foto: NASA. Extraída de El País.

Non sabedes ben o subidón que me da cada vez que vexo que unha acción destinada á protección do medio ambiente ten repercusión nos medios e, sobre todo, cando vexo que os cidadáns conectan con ela, que é do que se trata. Isto parece que é o que vai pasar esta tarde, cando millóns de habitantes de todo o planeta, empresas, institucións… secunden o chamamento que fan organizacións de todo o mundo para que apaguemos as luces e desconectemos tódolos aparellos eléctricos entre as 19:55 e as 20:00 horas.

Por fin, a defensa do medio ambiente comeza a calar amplamente na sociedade, porque este é o paso previo e imprescindible para que, na nosa condición de cidadáns, esixamos ós poderes públicos e empresariais a aplicación dun modelo de desenvolvemento sostible, o único que pode garantir a supervivencia da Terra e, polo tanto, a nosa como individuos. A isto contribuiron definitivamente as aportacións de personaxes de relevancia mundial como Al Gore, do que xa falamos, por iso alégrome tamén de que hoxe o propuxesen para o Nobel da Paz.

Ás 18:00 teño pleno do Concello de Fene; non sei se dará para tanto, pero se ás 19:55 aínda estamos dentro, proporei ó Alcalde interromper a sesión e sumarnos ó apagón mundial en defensa do medio ambiente. Xa vos contarei.

2 comentarios

  1. yopispo | 2 de Febreiro de 2007 - 12:53 am

    Ya!!!! Tío eres un cínico. A esas horas estabas en la conferencia de la conselleira de Sanidade en la galería sargadelos de Ferrol y no vi que hicieses comentario alguno al respecto. Eres un demagogo y así te luce el pelo.

  2. ivan | 2 de Febreiro de 2007 - 11:59 am

    Home, o pelo cada vez lóceme menos, porque cos anos a alopecia vai facendo estragos, pero, como amigo, diríache que controles un pouco máis eses nervios preelectorais que parece que padeces.

    Só un dato, non sei se estabas ou non na conferencia da Conselleira de Sanidade de onte, pero se estiveches saberás que cheguei ás 20:20, tarde, porque rematamos o pleno de Fene pouco antes das oito e aínda tiven que pasar por outro sitio. Así que, é certo, non fixen comentario algún no acto porque simplemente non estaba.

    Averigua onde estaba ás 19:55, había máis xente comigo, así que para unha persoa con tantos contactos coma ti non será difícil que atopes a algunha, e contaranche o que dixen e o que fixemos.

    Mentres tanto, recoméndoche un pouquiño de valeriana, que aínda quedan catro meses ;-)

Deixa unha resposta