O 30% das especies do planeta estarán en grave risco de extinción neste século

Como xa comentara nun post do ano pasado, parte dos efectos do cambio climático poderían ser xa irrerversibles. Hoxe coñecemos o cuarto informe dos 3.000 científicos do Panel Internacional para o Cambio Climático das Nacións Unidas e da Organización Meteorolóxica Mundial e os resultados, como xa prevíamos, son alarmantes:
A concetración de dióxido de carbono na atmósfera é a máis alta nos últimos 650.000 anos. O cambio climático é como un tren que tomou saída e non poderá ser parado en séculos. O cambio climático débese, cunha probabilidade do 90%, á actividade humana. A temperatura subirá entre 1 e 6,3 grados este século. O 30% das especies do planeta estarán en grave risco de extinción… En definitiva, “Este informe pecha a porta a todos os que negaban a existencia do cambio climático, e pecha a dúbida que tíñamos de se as actividades humanas estaban relacionadas con el”, tal e como afirma Achim Steiner, director do Programa de Medio Ambiente da ONU.
Agora haberá que agardar á necesaria repercusión que este informe debe ter nos gobernos e dirixentes empresariais do todo o mundo. Por primeira vez, aínda que sexa lamentablemente por confiar máis no egoísmo económico que na concienciación ambiental, son optimista e penso que si, que desta se van tomar medidas, porque senón vaise ó garete, entre outras moitas cousas, o sistena económico e social do primeiro mundo (Informe Stern) e iso dóelle, e moito, ós que teñen capacidade de acción.
Actualizado ás 15:45 do 02/02/2007:
Leo en El País: “O American Enterprise Institute (AEI), un think-tank fundado pola compañía petroleira Exxon, relacionada co Presidente norteamericano George W. Bush, enviou cartas a economistas e científicos ofrecendo 10.000 dólares, ademais de gastos de viaxe e pagos adicionais, a quen escriba artigos que enfaticen os defectos do informe do Panel Internacional para o Cambio Climático.” Xa vedes, hai algúns tan tontos, tan tontos, que nin poñéndolle o perigo diante dos fuciños son capaces de velo.
5 comentarios
Deixa unha resposta


Pienso que estamos tomando demasiado poco interes por el cambio climatico y seria muy necesario que todos hiciesemos un poco más para poder pararlo, concenciando a la gente de más zapato y menos coche y lo mismo las centrales ternicas como As Pontes y Meirama que pusieran mas enpeño en no contaminar tanto, también en plantaciones de árboles autótonas porque producen mejor sombra y necesitan menos agua que el eucalipto y las árboles autótonas protegen mucho mas la fauna que mucha está desapareciendo.
Pues como vivo en el campo soy consciente de su desaparición cada x años están desapareciendo muchos pajaros.
Os que militamos en partidos politicos debemos traballar arreo neste problema.Pero…para esto teria que aumentar moito o dinamismo e a democracia interna, ¿non che parece?, sera que eu estou un pouco desanimado neste senso e ¡moi preocupado polo medio ambente!
Paréceme que todos, militantes de base e cargos orgánicos, deberiamos estar moito máis sensibilizados, de xeito que, tamén no seo dos partidos, esixísemos ós que os dirixen que a protección do medio ambiente estivese entre as sús prioridades.
O día que vexa a concellais e alcaldes utilizar o transporte público ir a pe ou en bici, ou aos Conselleiros e o Presidente utilizar un coche hibrido por exemplo empezarei a ser optimista, e esto teriano que facer ¡xa!, entre outras moitas cousas claro…pero eso para dar exemplo.Penso que unha das cousas más importantes para loitar contar o cambio climático e contalo que pasa, contalo a canto mais xente mellor.
What happens when stopping prozac….
Prozac. Prozac withdrawal….