ivanpuentes.com

Os homes prefírenas “gordas”

Scarlett Johansson.jpg

A selva política está cada vez máis insoportable, así que hoxe, para despexarme un pouco, deixo a política de lado e escribo sobre esa afirmación coa que titulo este post, o encabezamento do artigo que Carmen Posadas asina esta semana no XL Semanal. Comeza con esta frase: “Dígame: ¿encuentra usted arrebatadora a la actriz Scarlett Johansson?” Eu, apresuradamente, crendo que son a execepción que confirma a regra do afirmado no título, contesto na miña mente que claro que si, por favor! Pero quedo descolocado cando leo o seguinte que di: “Si ha contestado que sí, lo más probable es que pertenezca al sexo masculino; si ha contestado que no, casi seguro es usted mujer.” Entro nun estado de confusión; en que quedamos? preferímolas gordas ou non?.

Carmen Posadas aclara a continución, para pasmo meu e, de verdade, espero que de máis xente, a súa afirmación inicial: “he estado haciendo un pequeño muestreo por ahí y para nosotras, la Johansson no es más que una gordita sin más atractivo que unos labios (demasiado bembones para mi gusto), unas caderas (anticuadamente redondas) […] Para ellos, en cambio es «puro sexo».” Por favor, mulleres blogueiras, dicídime que a Johansson non está gorda, porque senón tereille que dar a razón á Posadas e creo que o seu concepto de gordura non é real.

No texto hai afirmacións como “la fascinación que ellos sienten por orondas flamencas y damas contundentes”, “los hombres, todos, las prefieren redondas, por no decir gordas” ou “nosotras, las mujeres normales, hemos creado otros modelos a los que deseamos parecernos […] el de una mujer esbelta, de largos brazos y piernas, y porte distinguido, el de chica deportista, de piernas y brazos bien torneados, pecho firme y aire sanote. Los hombres van a su bola: aunque lo nieguen, mienten: todos tienen una gordita Scarlett en su corazón” que a levan a concluír, xa no terreo da antropoloxía, que os homes buscamos portadoras da nosa semente, “mujeres de caderas anchas para mejor parir y de pechos generosos para mejor amamantar.”

Cantas persoas lerían este artigo? e cantas delas serán mulleres ou homes acomplexadas/os polo seu peso? Transmitirlles a idea de que Sacarlett Johansson está gorda non é, dende logo, o máis edificante que alguén público pode facer nesta sociedade víctima do culto ó corpo e cada vez máis aqueixada de transtornos alimentarios.

5 comentarios

  1. mendinho | 8 de Febreiro de 2007 - 8:56 pm

    Curioso, por dicilo dalgunha maneira, foi o que aconteceu coa ex-modelo Tyra Banks. Logo de gañar 13 quilos apareceu na TV en roupa de baño. Entón chovéronlle numerosas críticas da prensa dicindo que estaba gorda de mais para aparecer ensinando corpo, opinión que eu non comparto, pois Tyra, mesmo con 13 quiliños máis, segue estupenda.

  2. besbellinha | 8 de Febreiro de 2007 - 10:03 pm

    Despois de ler o artigo da Carmen Posadas saco a conclusión de que debe estar resentida porque parece que non ten quen lle faga as beiras e non está contenta con que a súa figura non resulte tan atractiva aos ollos dos homes coma a da Scarlett.

    O que non se entera esta muller é que hai outro dito máis axeitado que o de “mujeres de caderas anchas para mejor parir y de pechos generosos para mejor amamantar”: que para gustos colores, bonita.

    Flipo moito, e a Scarlett é arrebatadora e non está gorda e eso de que un sexo busca no outro o que hai millóns de anos: gorditas y machotes…pedazo antropóloga se perdeu o mundo.

    Xa non teño palabras, paréceme tan denigrante…

  3. Fer | 9 de Febreiro de 2007 - 12:41 am

    Eu nom som blogueira (som -o) mais tenho que contestar: Quem lhe dera a Carmen Posadas media perna de Scarlett!
    “Caderas anticuadamente redondas” Manda Caralho!

  4. abobriga | 13 de Febreiro de 2007 - 6:22 pm

    Home, Scarlett non é un pau e ten (aiii) curvas. Pero de aí a dicir gorda…

  5. ivanpuentes.com » O Cheiro disque é clave | 21 de Febreiro de 2007 - 12:40 pm

    […] A semana pasada Carmen Posadas, con dubidoso acerto, reflexionaba sobre as claves do atractivo feminino, tal e como comentaba neste blog. Hoxe, o diario 20 Minutos fala do polo oposto, do atractivo masculino, con datos de estudo científico incluído, e resulta que a clave está no cheiro. Atención ó apunte cultural: …en algunos lugares de Grecia y los Balcanes, durante las fiestas los hombres llevan pañuelos en sus sobacos para regalar a las mujeres que invitan a bailar. Nada irracional; la psicóloga Rachel Herz preguntó a mujeres qué era lo que hacía atractivo a un hombre hasta el punto de irse con él a la cama. Aparte de la apariencia o el tono de la voz, lo decisivo era su olor. […]

Deixa unha resposta