A desfasada oposición venezolana

Unha coñecida arxentina, algo coservadora ela, envioume hai uns días un correo con esta imaxe, que parece que está a distribuír pola rede a oposición venezolana. A verdade é que alarmar á poboación co perigo do comunismo cheira xa un pouquiño a rancio. Mensaxes como a que transmite este cartel calaron en América, e en Europa, nos dous primeiros tercios do século XX, permitindo no seu nome cometer millóns de atropellos á liberdade, asasinatos, torturas, represión… pero hoxe todos estamos máis que de volta.
Como lle dicía no correo que non me resistín a contestarlle, Chávez, que non é para min o mellor exemplo de demócrata, non é máis que a consecuencia dunha clase política corrupta ata os miolos que durante décadas ignorou as demanadas e necesidades da meirande parte da poboación e que agora pretende erixirse na defensora da democracia e a liberdade, cando non fixo nunca nada para asentala.
Seguindo as teses de Maslow, plasmadas na súa pirámide, os individuos só nos preocupamos, só demandamos, dereitos como a liberdade ou a democracia cando temos satisfeitas as nosas necesidades primarias, fundamentalmente o alimento. Polo tanto, quen nada fixo en décadas para sacar da miseria e do analfabetismo, nin siquiera para garantirlles a alimentación, a milleiros de venezolanos, pouco lexitimado está agora para reclamar democracia. Outra cousa é que xa non gocen do estatus e dos privilexios que gozaron no pasado, pero entón xa non é un problema de país, senón de clase, de grupo dirixente. E o do comunismo, en fin, espero que atopen mellores argumentos.
1 comentario
Deixa unha resposta


Sí, pero una cosa no quita la otra.