ivanpuentes.com

Que rostro, Rajoy!

Trio das Azores

Non sei se escoitastes o que dixo Mariano Rajoy hoxe cando lle preguntaron se o PP, agora que Aznar recoñeceu que non había armas de destrucción masiva, se desculpará pola Guerra de Irak:

“Yo es que estoy en otras cosas. No estoy ni en Felipe V, ni en lo suevos, ni en lo que pasó en España hace muchos años. Creo que éste es un asunto que cuando el presidente del Gobierno lo saca… igual que saca la memoria histórica. Oiga, pero no podemos darles a los españoles, hombre, un mensaje de futuro, que ya somos la octava potencia económica del mundo, que hemos crecido muchísimo, nuestro nivel de convergencia y por tanto nivel medio de bienestar ha crecido, por ahí debemos seguir, tenemos que hacer reformas estructurales, tenemos que preocuparnos de la economía, tenemos que hacer una política exterior propia de un país civilizado. Pero qué debates son éstos sobre eso de las fosas que va a hacer ahora Mayor Zaragoza con Mario Soares y con Cosío (…) éste es un país civilizado, coño”

A verdade é que, por unha banda, estou feliz porque vexo que o tema, unha traición tan grande con esta ó espírito da maioría de españois, aínda lles escalda, pero sinto lástima e mesmo rabia da clase de dirixentes políticos que ten a dereita. Como se pode soster este discurso sobre Irak e logo estar dando o coñazo tódolos días coas mentiras do 11-M e a autoría de ETA? Só se un é tan hipócrita, tan repugnante politicamente e tan irresponsable como é Mariano Rajoy, cada vez máis fiel sucesor do Aznarismo.

3 comentarios

  1. miguelnr | 14 de Febreiro de 2007 - 11:19 pm

    ¿Te fijaste como le tembló la voz, se puso a mirar de un lado para otro, histrionicamente?

    Se puso nerviosisimo…

    No tienen verguenza.

  2. belelle | 15 de Febreiro de 2007 - 11:12 am

    foi mellor aínda Aznar, que nin sequera deu a cara onte… a ese paxaro lle estaba temblando a voz, pero na intimidade…

  3. teterella | 17 de Febreiro de 2007 - 7:12 pm

    Hoxe, na contraportada do diario “La Opinión” podedes ler un artigo ao respecto deste tema que me parece moi acertado.

    http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2307&pIdSeccion=16&pIdNoticia=91887&pVar=1171691833369

Deixa unha resposta