ivanpuentes.com

No sabe usted con quien está hablando!

Imaxe extraída de xornal.com

A través de Cara ao Vento cheguei a unha nova de El País na que se conta unha escena acontecida nos baixos fondos da Xunta de Galicia con Antón Losada, Secretario Xeral de Relacións Institucionais; escena digna da tan socorrida, polos faltos de autoridade moral, frase “no sabe usted con quien está hablando”.

Parece que personal da Xunta pasou este xoves polas dependencias de Vicepresidencia, da que depende Antón Losada, para, igual que están facer en tódolos departamentos do Goberno, substituír placas identificativas que aínda manteñen a denominación que a anterior Xunta lle daba a algunhas áreas polos novos nomes. Concretamente, estaban a cambiar os rótulos que poñían Vicepresidencia, nome do departamento que encabezaba Alberto Núñez Feijoo, por outros que poñían Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, denominación oficial dende o ano 2005. Entón apareceu Losada en escena, que segundo El País:

intentó impedir la sustitución del rótulo asegurando “de malos modos” que allí mandaba él y no se cambiaba nada sin su autorización. Losada, según las mismas fuentes, amenazó “con un expediente” al subdirector general encargado de cumplir la orden de Presidencia y le conminó a abandonar el lugar. Ante su negativa, recurrió al agente de la policía nacional que presta servicio a la entrada del despacho de Quintana y le ordenó que le echara.

Los incidentes no acabaron aquí. Esa misma tarde, según fuentes de la Consellería de Presidencia, Losada increpó a los policías y guardias de seguridad que vigilan el acceso a San Caetano porque éstos impidieron la entrada al recinto a varias personas que, siguiendo órdenes de la Vicepresidencia, trataban de entrar en el recinto para cambiar los rótulos ya colocados y recuperar la denominación anterior.

Fuentes policiales confirmaron ayer a El PAÍS que la policía está elaborando un informe sobre el incidente supuestamente protagonizado por Antón Losada en la garita de acceso al complejo de San Caetano.

Só se me ocurre un adxectivo, vergoñento, e unha solución, matriculalo nunha galescola a ver se aprende algo de educación e boas formas. É o mellor exemplo de como crear problemas da nada, da anécdota. Bravo, Losada!

Actualizado ás 16:21 do 17/02/2007:

O cantar de xesta de Antón Losada continúa. Hoxe El País informa de que axentes da Policía Autonómica entregaron onte no Xulgado de Garda de Santiago o atestado que relata os insultos e ameazas que supostamente o Secretario Xeral de Relacións Institucionais proferiu contra varios efectivos do corpo de policía que custodian as instalacións da Xunta en San Caetano.

Pero o meu episodio favorito de Antón Díaz de Vivar e este:

Todavía ayer el rótulo que da entrada al departamento de Anxo Quintana aparecía con algunas de las letras semiborradas. Algunos testigos confirmaron a este diario que fue el propio secretario de Relacións Institucionais el que minutos después del incidente “se subió a una banqueta y se puso a raspar la parte de abajo del cartel” donde se leía da Igualdade e do Benestar.

Non podo escribir o que me suxire a imaxe, pero alguén pode imaxinar unha escea máis cutre do Goberno?

9 comentarios

  1. Xerelo | 16 de Febreiro de 2007 - 5:38 pm

    Cando xa pensabamos que nos desfixeramos dos caciques de toda a vida, resulta que aparecen uns novos.

    Serche un porco de pé ten moito magnetismo.

  2. manuel | 16 de Febreiro de 2007 - 8:10 pm

    me viene a la mente la respuesta que le dió AMABLE DOPICO a los mariscarores por el conflicito con REGANOSA
    “yo no tengo porque hablar con ustedes”

  3. Outro | 16 de Febreiro de 2007 - 9:24 pm

    Falta a outra versón, que talvez interese menos ao xornal do PRISOE

    No obstante, el departamento de Vicepresidencia negó que haya tenido lugar incidente o altercado público alguno. Según esta versión, fue la propia Secretaría Xeral de Antonio Losada la que planteó a la Consellería de Presidencia la conveniencia de cambiar los carteles. En todo momento, subrayaron, la actitud mantenida fue “exquisita”.

  4. Ancos | 17 de Febreiro de 2007 - 2:01 pm

    Iván, cando poñas ligazóns á miña bitácora mellor que a escribas con esta grafía “Cara ao vento”, que é a que utilizo.

    Outro. Galicia Confidencial e outra vez PRISA informan que o tema está no xulgado.

  5. ivan | 17 de Febreiro de 2007 - 5:13 pm

    Ancos, tes razón, perdoa polo erro gramatical; a costume de escribir sempre a contración con til fai que se me vaia a man. Xa está corrixido neste artigo e máis nos enlaces do blog.

    Coa denuncia no xulgado, xa pasamos da traxicomedia ó esperpento ou ó drama puro e duro.

  6. Marco | 18 de Febreiro de 2007 - 6:50 pm

    Imaginemos el mismo escenario pero con un cargo del PP, hace tan solo unos meses, cuando Losada “daba lecciones en la Facultad de Derecho”, en “59 segundos”… Que hubiera dicho Losada? Es penoso. La identidad institucional es una política de comunicación que está regulada por normativa. La normativa, hay que respetarla. Nadie está por encima de la ley. Sobretodo cuando se llevan las relaciones institucionales. Lección a aprender, sr. Losada. Y dejese de actos que desfavorecen a su propia imagen personal: no merece la pena.

  7. miguelnr | 18 de Febreiro de 2007 - 8:50 pm

    Lo bueno de Losada es que, con el carácter que tiene, hacía mucho daño a la derecha en los debates.. porque tenía garra… en un cargo institucional, ese carácter se puede convertir en despotismo.

    Dos caras de la misma moneda.

  8. Inácio M. Orero | 11 de Marzo de 2007 - 11:36 pm

    Nom aguardava que também neste Blog, estejades contribuindo na campanha da extrema direita espanhola contra a pessoa de Antom Losada. Independentemente do próprio carácter que tenha o xornalista, agora alto cargo político da Xunta, nom creio que mereza esta noticía manipuladora e tramposa. Parece mentira que por puro sectarismo desde sectores do PSOE e supostamente progresistas entrem ao trapo do desprestigio do xornalista que foi um verdadeiro ariete na luita ideológica e política contra o governo de Aznar. Só a ignoráncia e o sectarismo pode dar lugar a este despropósito e complaciéncia á carronheira direita espanhola.

    Saúde e liberdade !

    Inácio

  9. Torito das Estivadas | 11 de Abril de 2007 - 11:12 pm

    Olla, Orero. O tal Losada é un oportunista e un españolista. O seu era o PSOE, pero dalgunha maneira Quintana encaprichouse con el e pensou que lle podía ser útil. O tal Losada dá clase en español, fala arreo en español, e persoalmente é un brután de aldea, un paifoco sen sentido do humor e sen modais. Poida que como tertuliano da SER non o fixese mal, pero está a demostrar que é un verdadeiro prepotente que fai pouco pola causa da liberdade de Galiza. Déixate de caralladas: Antón Losada non é dos nosos. É un mercenario. E un patán.

Deixa unha resposta