ivanpuentes.com

Javier, poñémonos mans á obra?

Foto Extraída de xornalgalicia.com

Vou falar hoxe doutro Losada, Javier Losada, o Alcalde da Coruña, que esta fin de semana afirmaba nunha entrevista:

P. A Xunta di que non hai cartos para todo.

R. Hai cartos, claro que os hai. Ten que habelos para resolver os problemas das persoas. O transporte metropolitano ten que ser unha prioridade para a Xunta. É vital ter tren de cercanías ata Ferrol, metro lixeiro, tranvía e autobuses. E tamén novas vías de comunicación. Estas cousas hai que plantexalas agora para resolverlas dentro de tres, catro ou cinco anos.

Para os que levamos anos defendendo a necesaria unidade de acción entre Ferrolterra e A Coruña, fronte á tradición histórica de ignorarnos mutuamente, escoitar estas palabras do Alcalde da Coruña supón unha grande esperanza en iniciar unha relación institucional que permita invertir esa tendencia. Por fin hai eco ó outro lado do Golfo Ártabro!

O tren de cercanías Ferrol - A Coruña é o primeiro paso para mellorar a comunicación entre estas dúas áreas, que deben incrementar os seus lazos económicos, sociais e institucioanis para transformar o que xa é a máis importante concretranción de poboación de Galicia na primeira área económica do país.

O futuro do Norte galego pasa necesariamente por isto. Javier, dende Fene e dende Ferrol estamos dispostos a ir poñendo contigo as primeiras pedras.

9 comentarios

  1. mendinho | 17 de Febreiro de 2007 - 4:01 pm

    Ai, Iván, como se nota que se achegan as municipais. Losada prometeu wifi de balde nas principais rúas e prazas da Coruña, o que xa me parece moito prometer.

  2. ivan | 17 de Febreiro de 2007 - 5:02 pm

    Home, mendinho, se che dixese que son absolutamente capaz de abstraerme do feito de que en maio haxa eleccións municipais, mentiría. Pero isto non ten porque ser malo.

    É certo que estamos acostumados a que estas sexan para algúns datas de moitas promesas que se traducen logo en poucos feitos. Eu intento fuxir sempre da promesa fácil, incluso da propia promesa. As campañas e precampañas, máis que para saber o que prometen os políticos, deben valer para coñelos e para saber que pensan; máis nas municipais, nas que, agás nas cidades, os candidatos/as somos veciños, é dicir, coñecidos á marxe do noso labor político; sendo polo tanto moi difícil que ninguén poda vender gato por lebre.

    Sobre este caso concreto, o tren e a necesaria colaboración Ferrol-A Coruña, e independentemente da época na que esteamos, sempre pensei e manifestei publicamente o mesmo e sei que Losada tamén. Polo tanto, non creo que corramos o risco de que o manifestado non sexa máis que o contido dunha entrevista preelectoral. Verémolo, en todo caso.

    Con respecto ás prazas wifi, home, teño visto promesas máis difíciles de crer. Tan imposible de cumprir che parece? É algo que xa se fai en varias cidades, que o PSOE de varios sitios incluíu no seu programa e que a min tamén me pareceu sempre unha boa idea para poñer en marcha en Fene.

    Saúdos ;-)

  3. miguelnr | 17 de Febreiro de 2007 - 11:31 pm

    De hecho no es tan dificil de hacer…. lo del wifi gratis quiero decir, otra cosa es que haya voluntad de hacerlo claro, que creo que es lo fundamental.

  4. Alex | 19 de Febreiro de 2007 - 12:52 am

    Eu penso que é totalmente prioritario para o desenrolo da economía das dúas áreas, para a comodidade das persoas que viaxen, para usar o transporte público en vez do privado…
    Dos pirineos para arriba, en varios países un podería concebi-la idea de vivir sen vehículo propio perfectamente. Eu mesmo, prescindiría de te-lo se os transportes públicos funcionaran como é debido, pero iso aquí en España, e moito menos en Galicia é ciencia-ficción.
    Cando se fala do Ave a Madrid eu penso que está moi ben, cando se fala da autovía a Madrid, que xa está terminada, paréceme moi ben; o que non acabo de comprender é que eu vaia a Santiago por autopista e teña que pagar tantos cartos coma para ir a Madrid(se é que collo a peaxe do Guadarrama). Penso que está máis subvencionado por dici-lo de algunha maneira ir a Madrid que face-los meus viaxes metropolitanos, que por outra parte son os máis útiles para a maioría.
    Non me gostaría ser pesado falando de outros países coma Holanda, Austria, Alemania,Suecia, etc… pero creo que o único que teríamos que facer deles é copia-los en moitas cousas(Educación, Transportes,Urbanismo, Recollida de lixo,etc).
    Xa está todo inventado. En moitos casos non é cuestión de cartos senon de boas ideas.
    Sorte Ivan na túa futura vida política, os feneses están de sorte.

  5. ivan | 19 de Febreiro de 2007 - 12:46 pm

    Graciñas, Alex ;-)

    É certo o que dis dos países europeos, pero, salvando as distancias, non hai nin que ir tan lonxe. En Andalucía ou Cataluña (e xa non falo de Madrid) a rede de Cercanías de RENFE e os demais transportes públicos están a anos luz dos galegos.

    E non me vale a tan repetida cantinela de que aquí non son rendibles. Os milleiros de persoas que cada día se moven entre Ferrol e A Coruña fan rendible calquera liña de cercanías, pero, claro, hai que insvestir, hai que ter máis de catro trens ós día que cubran o traxecto en bastante menos da hora e pico actual, fronte ós 30 minutos do autobús.

    En fin, vontade política, nada máis!

  6. mendinho | 19 de Febreiro de 2007 - 8:57 pm

    Para min a chegada das eleccións significa fundamentalmente mais traballo extra. Parece que a Administración lle entran sempre unhas estrañas présas nos últimos meses antes da cita coas urnas.

  7. mendinho | 19 de Febreiro de 2007 - 8:58 pm

    Ah, a respeito do Wifi, véxoo difícil de cumprir porque non sei que opinarán as compañías telefónicas disto. Un saúdo.

  8. ivan | 20 de Febreiro de 2007 - 12:46 pm

    Ese é o gran problema, mendinho, o das compañías telefónicas, porque, obviamente, non lle gusta. Aínda así, parece que o teñen difícil, de feito aí están os cafés con wifi e outros espacios que o facilitan de xeito gratuito.

    É máis, no Plan de Modernización que está a implantar o PSOE en tódalas Casas do Pobo (sedes) recoméndase a instalación de redes wifi abertas para darlle servizo ó barrio ou zona de influencia da sede. Isto estase a facer xa, non sei se nalgún sitio máis, nas sedes do PSOE en Madrid e na sede federal; se un día pasas pola rúa Ferraz, comprobarás que a través da rede do PSOE te podes conectar a internet dende a rúa sen ningún tipo de problema.

    Nos sitios nos que goberna o PSOE, sendo coherentes, trátase de que sexa o propio concello o que siga a mesma política. As compañías intentan poñer trabas a todo isto, pero por agora non o conseguiron.

  9. ivanpuentes.com » Eixo Ferrolterra - A Coruña | 15 de Marzo de 2007 - 2:08 pm

    […] Como xa dixen noutra ocasión, é hora de que deixemos de ignorarnos mutuamente e que empecemos a colaborar en transporte, creación de emprego, servizos sociais, vivenda, infraestruturas… A verdade é que o reto paréceme apaixoante. Xeral, Política, Ferrolterra, Fene, gl […]

Deixa unha resposta