ivanpuentes.com

Unha imaxe, unha historia

Ponte Grúa de Astano

Vin moitas fotos antigas de Fene, pero nunca vira esta que me pasou Nacho, a Ponte Grúa de Astano, da que creo que podo dicir que hoxe por hoxe é o monumento co que mellor se identifica a Fene, en plena montaxe.

Polo que estética e romanticamente significa esta enorme grúa e polo desenvolvemento economico que supuxo para o noso concello, podemos dicir que esta foto é a foto do comezo da historia contemporánea en Fene.

6 comentarios

  1. abobirga | 26 de Febreiro de 2007 - 6:14 pm

    Hola Iván. Nada, só dicir que pasaba por aquí..

  2. Comité Cidadán | 27 de Febreiro de 2007 - 7:46 am

    Iván: O Comité Cidadán de Emerxencia ten novo enderezo. Ou ben http://comitecidadan.org ou ben http://cociudem.wordpress.com
    Por favor, cambia o enlace. Grazas.

  3. manuel | 28 de Febreiro de 2007 - 12:43 pm

    por lo que parece pronto conseguireis actualizar la fotografía cuando lo desmonten

  4. lantania » Outsiders (III) | 1 de Marzo de 2007 - 6:13 pm

    […] Espero que o noso compañeiro, e candidato polo PSG-PSOE á candidatura da alcaldía de Fene amose o seu punto de vista máis aló do romanticismo desta postaxe. […]

  5. ivan | 1 de Marzo de 2007 - 11:05 pm

    Eu e máis o PSdeG-PSOE temos moi clara a nosa posición sobre Navantia, que é a mesma que mantivemos na última crise, provocada polas axudas ilegais do PP en 1999 e 2000, cando nace Navantia:

    1. NON á privatización do estaleiro público.

    2. Reclamar carga de traballo propia para Fene nos sectores militar e civil.

    3. Cumprir, porque non é posible non facelo, a lei europea, as restriccións para a producción civil. A única alternativa a non cumprilas e pagar as multas que foron condonadas, ou sexa, provocar a quebra da empresa.

    4. Presentar xa o Plan Industrial prometido pola SEPI nos acordos de 2004 cos traballadores.

    5. Nos terreos que non usa Navantia e que non afectan á súa capacidade productiva, desenvolver outro tipo de iniciativas empresariais, navais ou non, que sumen postos de traballo ós xa existentes en Navantia.

    6. Acordar cos traballadores de Navantia tódalas decisións que se tomen e afecten a esta empresa.

    Este é o contido do acordo adoptado a pasada semana no Parlamento de Galicia, é o que propoñían PSOE e Esquerda Unida onte no Congreso (coa diferencia de que rexeitaban calquera actividade naval a maiores da de Navantia, por prohibila a UE) e é estrictamente o contido da moción que consensuamos e aprobamos PSOE e BNG de Fene no pleno de hoxe.

    Se me preguntades específicamente sobre o Plan de Barreras, o que teño que dicir é que é unha alternativa máis, que parece, polo que lle dixo hoxe a UE ó Conselleiro de Industria, que non é a máis viable, como dixo a SEPI dende o primeiro día, pero non me parece o mellor dos plans posibles, porque supón vender a maioría do terreo de Navantia, especialmente o destinado á construcción, co que anularíamos a capacidade da empresa pública para facer barcos e, ademais, non supón diversificar a nosa economía, seguiríamos cultivando o monocultivo empresarial.

    En resumo, defendo un estaleiro público con actividade militar e civil (con máis carga de traballo da que ten agora) en Fene, ou sexa Navantia, combinado con iniciativas empresariais, preferentemente non navais, que se instalen nos terreos que non se usan e que sumen postos de traballo ós de Navantia (que non desvistamos un santo para vestir outro) que podan facer máis plural e máis competitiva a economía de Fene.

  6. mendinho | 2 de Marzo de 2007 - 12:44 pm

    “Estaleiro público con actividade militar e civil”.

    Estimado Iván, sabes perfectamente que non é iso o que di a SEPI, a SEPI está polo militar en exclusiva. Precisamente a excusa foi a “seguridad nacional”.

    Barreras tén presa e imos perder unha oportunidade de ouro. Ben, eu non son tan optimista e penso que xa está perdida e que moitos enxeñeiros novos formados en Ferrol como vin moitos terán que continuar emigrando.

    O que se dixo das enerxías renovábeis en Navantia, en fin, unha cortina de fume. Paxaro na man, estimado Iván, vale mais do que cento voando.

Deixa unha resposta