Efecto Iñaki

A vida de Iñaki de Juana Chaos non entra dentro das miñas preocupacións, polo menos ata o momento no que sexa vontade súa poñela en perigo. Pero este asunto non hai que analizalo en termos sentimentais, senón racionais e xurídicos e, dende este punto de vista, a situación non se sostén demasiado, porque xa cumpriu a condea, xusta ou inxusta, pero a que lle impuxeron, por asasinato, prolongada agora, dun xeito un tanto ocasional e artificial, cunha nova condea por ameazas.
En calquera caso, todo político que fala deste asunto ultimamente parece ser de súpeto posuído por unha visceralidade que nada ten que ver co exercicio racional do poder. Lembro o caso de Oleger, o xogardor de Barça, apaleado publicamente por dar o seu punto de vista sobre o asunto, ou as declaracións de dous magníficos compañeiros de partido que tamén poderían ter fiado máis fino ó falar da folga de fame do etarra:
- Juan Carlos Rodríguez Ibarra: “Si fueran 900 suicidados estaríamos empatados” (audio)
- José Bono: “Ahora amenaza con matarse en huelga de hambre. La pena es que no lo hiciera antes de matar a 25 inocentes” (audio)
- Juan Carlos Rodríguez Ibarra: “Que no se muera ese cabrón” (audio)
Das barbaridades que dixeron os direxentes do PP xa non falo. En calquera caso, declaracións deste tipo, compresibles en calquera persoa cando fala dun asasino como de Juana Chaos, non parecen aceptables nun político, que debe ter algo máis de sangue frío.
5 comentarios
Deixa unha resposta


Antes de entrar ó tema quero decirche que puiden ver o teu vídeo na páxina de Blas e gustoume moito. Con vídeo ou sen el estou convencido de que te vas a converter no próximo alcalde de Fene.
Pero agora unhas aclaracións: De Juana cumpliu a súa condea polos asasinatos cometidos, pero logo foi condeano a tres anos de prisión por amenazas (dos que lle queda por cumprir pouco máis dun), leva 112 días en folga de fame reclamando a súa liberdade.Pero, está en folga de fame porque el así o decidiu. Os médicos están obrigados pola Audiencia Nacional a manter con vida ó membro de ETA, xa que se atopa na cadea e, polo tanto, baixo custodia do Estado. De Juana ten que cumplir a súa condea e non pode ser liberado por someter ó Estado a presión mediante a súa folga de fame. Tampouco pode ser deixado de alimentar, primeiro porque o Estado incurriría en neglixencia da súa custodia, e segundo porque ETA saliríase coa súa e xa tería o seu mártir.
Un saúdo e unha forte aperta.
Pasando xa directamente, e sen perder nin un segundo no tema de Juana, como comenta o compañeiro anterior tamén tiven a oportunidade de ver o teu video na rede.
Definitivamente novos tempos… que pensarán aqueles que crean que aínda os mozos e mozas do PSOE non están suficientemente maduros?
… será porque eles xa están podres?
Animo e apertas
los politicos tambien deberían decir lo que piensan y no solo las concignas de su partido,porque de eso viene la abstención pués alagais lo oidos y despues haceis lo que os mandan
Lo que hacen Ibarra y Bono, aunque pueda parecer reprobable, conecta con el sentir de mucha gente de la calle.
A primeira das frases de Ibarra é a hostia :)