Vídeo de Presentación (preestrea)
Logo de que Blas dera a exclusiva, cunha cantidade de halagos tal que non sei se serei quen de recompensarlle algún día, e de que Lage tamén o colgase cariñosamente no seu blog e Loli me emocionase coas lembranzas de milleiros de kilómetros adicados a cambiar o mundo, déixovos o vídeo que fixemos para proxectar no acto de presentación como candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Fene. Así que, podemos dicir que os lectores deste blog asistiredes a un pase privado, previo á estrea oficial.
Non é máis que unha ferramenta publicitaria para un momento puntual, que será completada con moito traballo na rúa e moito programa con medidas concretas para Fene, pero espero que vos guste. Dende logo, creo que non caín no estilo cañí de Mario Amilivia, candidato do PP á Alcaldía de León, ou no máis pretendidamente actual de María Dolores de Cospedal, candidata popular á Presidencia de Castela A Mancha.
12 comentarios
Deixa unha resposta


Noraboa unha vez máis Iván. Creo que está moi ben enfocado e que simboliza a túa xuventude perfectamente. Está moi ben que loites con forzas polo que desexas. Bicos.
Acabo de ver o teu vídeo, e a verdade é que conseguiu emocionar. Con el recordei que non chegaches a onde estás por causalidade, senón que é froito de moito esforzo, moita formación e aprendizaxe, e moitas horas dediadas á vida política. Pero, sobre todo, este vídeo transmite a túa bondade, a túa sinceridade, e o vai significar que en Fene teñamos, de verdade, moi pronto un alcalde de esquerdas. Gracias polo peestreno an rede. Tan só che falta facelo en Second Life!
Está ben que te preocupes destas mamarrachadas pero sería máis interesante para os feneses que te definises sobor disto:
“Os votos de PSOE e IU botaron abaixo este martes no Congreso a proposta para que Navantia-Fene puidese volver á construción civil. Os dous grupos frearon a iniciativa presentada polo BNG e apoiada polo resto de formacións parlamentarias (PP, CiU, PNV, ERC e CC), onde se lle pedía ao executivo a renegociación coa Unión Europea das limitacións impostas ao estaleiro de Ferrolterra”.
¿¿Algún socialista de Ferrolterra pode explicarme isto, por favor??
¿Cales son as alternativas?
¿Que propoñedes a cambio disto ou só se trata de continuar subsidiando e esquecerse de xenerar riqueza??
Por certo non teño filiación política, así que só podes plantexarme unha resposta en termos de feitos, números, proxectos, etc…Esquécete pois do “y vosotros más”.
Estoy de acuerdo con Tolombolo.
¿Tu estas de acuerdo con respecto al plan de Barreras, apoyado por el sr Touriño, que es incompatible con los objetivos de Navantia Fene,
que pretende simplemente la cesión gratuita de los activos a la empresa Barreras, incumpliendo la ley en materia de privatizaciones,
que carece de plan financiero,
que la supuesta carga de trabajo se concreta en un plan de marketing,
o que con este proyecto Navantia Fene facturaría menos de la mitad de lo que ahora ingresa?.
Ivan no hay palabras, el video es fantastico y a miles de kilometros de distancia y a muchos meses sin vernos, son las mejores imgenes que puedo tener de t, junto a lo vivido.
Te deseo mucha suerte, sabes que soy tu fan nmero uno y que desde Mallorca, no puedo mandarte ms que nimo, apoyo, toda mi ilusin y mi mejores energias!!!
Eu e máis o PSdeG-PSOE temos moi clara a nosa posición sobre Navantia, que é a mesma que mantivemos na última crise, provocada polas axudas ilegais do PP en 1999 e 2000, cando nace Navantia:
1. NON á privatización do estaleiro público.
2. Reclamar carga de traballo propia para Fene nos sectores militar e civil.
3. Cumprir, porque non é posible non facelo, a lei europea, as restriccións para a producción civil. A única alternativa a non cumprilas e pagar as multas que foron condonadas, ou sexa, provocar a quebra da empresa.
4. Presentar xa o Plan Industrial prometido pola SEPI nos acordos de 2004 cos traballadores.
5. Nos terreos que non usa Navantia e que non afectan á súa capacidade productiva, desenvolver outro tipo de iniciativas empresariais, navais ou non, que sumen postos de traballo ós xa existentes en Navantia.
6. Acordar cos traballadores de Navantia tódalas decisións que se tomen e afecten a esta empresa.
Este é o contido do acordo adoptado a pasada semana no Parlamento de Galicia, é o que propoñían PSOE e Esquerda Unida onte no Congreso (coa diferencia de que rexeitaban calquera actividade naval a maiores da de Navantia, por prohibila a UE) e é estrictamente o contido da moción que consensuamos e aprobamos PSOE e BNG de Fene no pleno de hoxe.
Se me preguntades específicamente sobre o Plan de Barreras, o que teño que dicir é que é unha alternativa máis, que parece, polo que lle dixo hoxe a UE ó Conselleiro de Industria, que non é a máis viable, como dixo a SEPI dende o primeiro día, pero non me parece o mellor dos plans posibles, porque supón vender a maioría do terreo de Navantia, especialmente o destinado á construcción, co que anularíamos a capacidade da empresa pública para facer barcos e, ademais, non supón diversificar a nosa economía, seguiríamos cultivando o monocultivo empresarial.
En resumo, defendo un estaleiro público con actividade militar e civil (con máis carga de traballo da que ten agora) en Fene, ou sexa Navantia, combinado con iniciativas empresariais, preferentemente non navais, que se instalen nos terreos que non se usan e que sumen postos de traballo ós de Navantia (que non desvistamos un santo para vestir outro) que podan facer máis plural e máis competitiva a economía de Fene.
Manuel, por favor, expón claramente a túa postura porque non acabo de ve-la clara. Creo apreciar un certo ton sarcástico, apoiado noutro non tan certo ton demagóxico. Barreras presenta un proxecto para facer uso do terreo e maquinaria ociosos de Astano, non interven para nada coa dinámica actual de traballo, e de facelo sería lóxicamente para incrementar carga de traballo. Mentres tanto Navantia Fene seguiría coa súa fastuosa carteira de pedidos actual e a súa impoñente situación no mercado.
Ademáis, eiquí ninguén fala só de Barreras, a proposta era para o retorno de Astano á producción civil: off-shores, petroleiros, e si pode entrar no mercado puramente civil (ferries,…), mellor que mellor. A miña pegunta é a seguinte:
¿O PSDG_PSOE en Ferrolterra apoia ou non o veto do PSOE á volta de Astano á construcción civil?. Esa é a pregunta, e so quero un SI ou un NON, sin máis.
“¿O PSDG_PSOE en Ferrolterra apoia ou non o veto do PSOE á volta de Astano á construcción civil?. Esa é a pregunta, e so quero un SI ou un NON, sin máis.”; tolombolo dixit.
Como son galego, resposto á túa pregunta con outra pregunta ¿Que prefires, que Astano siga sendo pública con 340 traballadores en Fene e acatar as restriccións para a construcción civil que impón a UE ou prefires que Astano teña que pagar as multas que Europa lle condonou a cambio desas restriccións e quebre o estaleiro?
Podes soñar, pero a única realidade é a formulada nesa pregunta. Pero tranquilo resposto á túa inquedanza: NON, non me gustan ás restriccións da UE, pero creo que no mundo real non é posible non cumprilas e non pagar as multas ó mesmo tempo. Se é posible, ilumínanos coa solución máxica, porque a día de hoxe aínda ninguén a descubriu.
Quero que os socialistas compensedes a Ferrolterra por todo o dano que fixestes durante os EXTREMOS anos da reconversión naval e posteriores.
Tedes unha obriga con nós e non queremos migallas. Queremos ter tecido industrial, sexa ou non do Naval, pero para iso precisamos: terreo industrial, bonificacións fiscais ás empresas, plans de formación de persoal, infraestructuras,…
Eu ó Astano actual non lle chamo tecido industrial, porque unha empresa non pode ter capado o seu crecemento dese xeito.
Si Astano supón unha rémora e non a sabedes sacar adiante, como así parece dende hai 25anos, fóra Astano e xenerade emprego industrial real.Pero para vós esta situación é moi cómoda, subsidio y anestesia, especialidade PSOE en Fene.
En resposta á túa pregunta: quero que en Ferrolterra haxa TRABALLO, e se iso supón a desaparición de Astano, moi ben. Plans de recolocación, prexubilacións,e os 340 contentos. Campo libre para que Isolux, Vestas,etc…, se desenrolen e permitan a todo o resto gañarse a vida: partindo eso sí, da base do estado do benestar os que o curran e o merecen, a forrarse, os que cumplen e se deixan levar, vida digna, pero valorando a cada un polo seu traballo. (Socialdemocracia, seique?)
De tódolos xeitos, agradézoche que te molles e sexas concreto. Non te coñecía e eso da concreción é un grande sinal para os que vivimos no mundo real empresarial.Un saúdo.
Sorte para a campaña.
Ahora mismo, en la Unión Europa, están pasando cosas un tanto extrañas… o a lo mejor no tanto. Existen lobbys más o menos reconocidos de presión sobre intereses nacionales, que hacen que a los Estados más débiles se les apliquen restricciones más duras.
El Gobierno de España, y la propia Xunta, deberían sondear más seriamente este hecho, y jugar mejor sus cartas.
VALDEMORO POR LA HONRADEZ DE EVA BOROX. PÁSALO.