¿Que facemos con ASTANO? (IV) -Versión CrítiCC.OO.s-

Chegoume hoxe un manifesto sobre Navantia Fene asinado por un grupo de traballadores de Navantia Ferrol, autoalcumados CrítiCC.OO.s, en referencia, supoño, ás posicións que manteñen dentro do sindicato no que militan. Nel, cun clásico tono de loita proletaria, chaman a atención sobre unhas cantas verdades curiosas:
Sorprenden algunhas cousas que din os dirixentes do BNG, que sempre defendera o carácter público de Fene e que ten os votos de moitos traballadores. O 16 de febreiro, durante un acto en Esteiro, Anxo Quintana afirmou que articulaban unha proposta “dentro da máis pura e sana economía de mercado”.
Non se quedou atrás Francisco Rodríguez -Líder da Comunista UPG- no Congreso, onde alegou que “Galicia en particular ten o dereito de privatizar, de ir ó libre mercado, de posibilitar a iniciativa privada”.
Rematan o escrito cunha reflexión que, afirman, debería facerse o BNG, “preguntarse o mesmo que nunha ocasión se preguntou August Bebel, fundador do socialismo alemán: Cando a dereita me aplaude, eu pregúntome, vello Bebel ¿que estas facendo mal?.”
7 comentarios
Deixa unha resposta


Vaia, vaia, agora saen os puristas do socialismo!!!!. Aqueles que deixaron tirada unha bisbarra productiva e xeneradora de riqueza e a converteron nun pozo de desemprego, droga e pesismismo 8lémbrate de Perlío nos 80), á que levan 25 anos sin darlle solución por INCOMPETENTES. Vós, que conseguíchedes que miles de traballadores altamente cualificados se converteran en desmotivados subsidiados, ¿como vos atrevedes a facervos os apóstoles do socialismo?. Agardo, rapaz, que tí sexas de verdade un socialdemócrata convencido e saibas entender os beneficios que xenera o movemento de capital e a xeneración industrial. ¿Que ten que facer ASTANO?, agardar a que algún socialista iluminado lle dea a solución que leva 25 anos agardando?: nin ZID, nin SIV, nin nada funcionou até agora.
Si vós non sabedes, deixade alomenos que outros o intenten e non torpedeedes iniciativas doutros e menos con excusas tan baratas como ésta. A todos estos “liberados” de traballar que levan 20 anos no machito, pasando o tempo entre cafés e discusións baratas acabóuselles o crédito hai anos. Éstos non poden ser modelo de nada.
Por certo, leva o PsOE anunciando un plan alternativo ó de Barreras non sei canto tempo e aínda non hai na de ná. Eso sí, tratábase do aproveitamento da infraestructura ociosa de ASTANO para o establecemento de CAPITAL PRIVADO non adicado á construcción naval. ¿Que diría Bebel disto????.
De lo que se trataba es de no subvencionar actividad no rentable. Lo que sí está determinado por decisiones políticas son los límites de producción y demás.
Xa o dixen nalgunha ocasión, o que eu creo que é máis rendible para Fene nos terreos de ASTANO, é un estaleiro público, con emprego estable é de calidade, e con moita máis carga de traballo da que ten, que lle temos que esixir ó Goberno Central.
Un estaleiro público cunhas dimensións axustadas ós tempos actuais, de tal forma que nos terreos que sobren e non sexan vitais para o funcionamento de ASTANO se poda desenvolver algún tipo de iniciativa empresarial privada, que nos reporte valor engadido, e que precise duns terreos tan privilexiados como os de Navantia en Fene, con saída directa ó mar.
Seguiríamos tendo a empresa que temos e a esa sumaríamoslle outra ou outras que xerasen máis emprego, máis riqueza e diversificasen a nosa economía, facéndonos menos dependentes do naval e das súas crises cíclicas. O Plan de Barreras non sumaba, compraba ASTANO, simplemente teríamos a mesma empresa con outro dono, para seguir facendo o mesmo, coa única diferencia de que a curto plazo en vez de 350 empregos fixos máis 600 auxiliares, teríamos mil e pico auxiliares. Para min, aínda que fose posible polas restriccións da U.E., non é solución.
[…] As posicións de partidos locais… o bng de Fene (1, 2) que apoia a vía galega e o psoe con Iván Puentes (1, 2, 3, 4) e Manuel Cendán (1) que apoian o que lle mande a SEPI. […]
Olá, agardo con tranquilidade o que diredes cando quenes privaticen seades vós, ou os vosos.Sabedes o do CAN DO HORTELANO ?, pois algo así sodes vós.Somos de Galiza ou de Andalucía ?
Eu prométoche que direi o mesmo, porque non o digo agora fronte ó BNG, díxeno xa en 2004, xunto co BNG, cando quen quería privatizalo era a SEPI, xa co novo goberno do PSOE.
Outros, que fan da coherencia a súa bandeira política, non poden dicir o mesmo.
Saúdos ;-)
“con moita máis carga de traballo da que ten, que lle temos que esixir ó Goberno Central”
e até o de agora non se esixíu máis carga de traballo? senón o fixéstedes, mal e se a resposta que vos deron e seguen dando é que Andalucia ten máis votos, haberá que procurar outras saídas, e hai unha REAL(que os propios socialistas “dG” apoiástedes en Galiza).
Agora os dogmáticos comunistas da UPG son aplaudidos pola dereita, vaia, que cousas…
A postura do BNG neste caso ten unha independencia que o PSdG ou I.Puentes non poden ter(coma case sempre), e o que se tenta argumentar é tan pobre e contraditorio que custa crer que alguén de vos o crea.
O de pensar o mesmo ca no 2004 é un merito a ter en conta no currículo de cara ás eleccións, sen dúbida, no 2011 poderás tamén incluílo.