¿Que facemos con ASTANO? (V) -Solución da Xunta de Galicia-

Asistín esta mañá á presentación que o Conselleiro de Economía e o Presidente da Xunta fixeron en Ferrol do “Proxecto de Desenvolvemento Integral de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2011“, resultado do estudo feito para a Xunta de Galicia polo Boston Consulting Group. Graficamente, este traballo plantexa que o declive de Ferrolterra ven motivado por basear a súa economía en dous sectores esgotados, o textil e, sobre todo, o naval, combinado cunha carencia histórica das infraestruturas necesarias para poñer en marcha unha economía competitiva.
De acordo con isto, sinala como camiño a seguir o desenvolvemento doutros sectores económicos nos que podamos ser competitivos e a execución das infraestruturas básicas (Porto Exterior, Autovía coa Meseta e co Cantábrico e Ferrocarril, ademais de chan industrial). Así, mantendo o naval e o textil como base, Ferrolterra debe desenvolver nos próximos anos tres sectores que terán que ser os futuros motores da nosa economía, o eólico, tanto na producción de maquinaria como na xeración de enerxía, o turístico e de ocio e o loxístico, vencellado ó desenvolvemento do Porto Exterior. Tamén se deben dar os primeiros pasos en tres sectores de futuro, o da biomasa, os biocombustibles e a acuicultura.
Con respecto a ASTANO, a Xunta plantexa manter o estaleiro público de Navantia, incrementando a súa carga de traballo militar, e nos 200.000 metros cadrados que liberará inicialmente a SEPI desenvolver un ou dous proxectos privados vencellados ó sector eólico e/ou maremotriz. ASTANO seguirá sendo público, diversificaremos a nosa economía, facéndonos competitivos en sectores en expansión e xeraremos emprego e riqueza que se sume á de Navantia. O obxectivo: 4.500 empregos directos en Ferrolterra nos catro anos de vixencia deste Plan.
A ausencia no acto do Alcalde de Fene, que leva semanas repartindo panfletos contra o PSOE e chamando á mobilización cidadá, paréceme lamentable. Demostra moi pouca lealdade institucional e, sobre todo, amosa ás claras o que xa dixen en varias ocasións, que ó BNG de Fene ASTANO interésalle, sobre todo, na medida na que lle sexa rendible electoralmente, senón non se explica a súa ausencia dun acto oficial no que se dan a coñecer aspectos polos que supostamente estaban tan preocupados. Debe ser que o novo afán privatizador os ten absortos ou, tal vez, sexan as dotes de “pitoniso” electoral coas que nos sorprendeu hoxe Juan Juncal.
14 comentarios
Deixa unha resposta


Bla, bla, bla,…. Coma sempre: nada concreto, sin fixar prazos de apertura de proxectos, nin prazos de peche, nin orzamentos, nin presentación de ningún proxecto industrial concreto, nasti de plasti ….
O PSOE non me falla nunca, xúroche que agardaba como auga de maio esta presentación porque teño bastante fé no bó facer como xestor de Touriño, a ver si por fin se concretaba algo pra Ferrol: unha pequena industria de aeroxeneradores, unha central de biomasa, a factoría de biocombustibles que non se pode facer en Salvaterra, algunha cousiña de Isolux en solar,….
E nada, todo foguetes preelectorais…
Amigo Iván, a xente xa non durme na palla, e ós que coñecemos un pouco o mundo industrial, só nos convencen os números, os proxectos, as concreccións,… Os 2000 milio € de aportación privada, ¿quen os vai investir?.
Si eres capaz de concretarme algunha acción proposta hoxe que sexa xeneradora de capital nos vindeiros 12-24 meses, recuperarei o crédito perdido en Touriño como xestor…E aínda así coido que está a ser un bó goberno, gústame moito o enfoque maduro de discusión ó que se está levando ó país, por fin pasamos a discutir de cousas que fan medrar un país: de polígonos, de investimentos, de crecemento industrial, de crecemento sostible, de biocombustribles, de xeneración enerxética,… Alomenos xa pasaron os tempos da Galiza rancia e casposa de Manoliño Tirantes.
Coíncido contigo, tolombolo, no que dis no último parágrafo. O que me gusta precisamente deste Plan é que se basea nun riguroso e profesional estudo previo e que, por primeira vez que eu lembre, máis aló da chuvia de millóns para facer naves industriais ó “chou”, márcase o camiño a seguir en termos puramente económicos e de competitividade, a folla de ruta en palabras de Touriño. Sabemos onde estamos, a donde queremos chegar e, sobre todo, que sectores son, por ter nos algunha vantaxe competitiva, os que debemos explotar para chegar a esa meta. Un completo DAFO, vaia, en termos puramente empresariais e de marketing.
Falta, como ben dis, especialmente no caso de ASTANO, a concrección en firmas empresariais e investimentos específicos destas. Este segundo ou terceiro paso será o que lle dea realidade e validez ó Plan, pero onte demos o primeiro paso e, sinceramente, creo que mellor e máis sólido do que o demos nunca.
É máis, que onte se falase unicamente do estudo e da folla de ruta paréceme que lle da máis seriedade a este proxecto. Para min, dende logo, non sería crible que, como se fixo con Barreras, a 75 días dunhas eleccións o Presidente, ó lado dun empresario cunha bolsa chea de cartos, prometese tal ou cal empresa para xa. Sería facer o mesmo que se fixo toda a vida; o resultado: fume, axudas millonarias esfumadas e naves pechadas.
En fin, veremos que pasos se van dando ó longo destes anos, pero o Proxecto de Desenvolvemento Integral Ferrol, Eume e Ortgal 2007-2011, a priori, non pinta mal, parece, por fin, moito máis profesional e menos político e oportunista que outros pasados.
Tiene buena pinta.
Pregunta sencilla y directa:
El Plan tiene como fecha de inicio el 2007 (en su propio titulo)… la pregunta es, ¿eso quiere decir que este plan, con todos los contenidos que comentas, se empezará a ejecutar este año?.
Exactamente, Miguel, a presentación onte do estudo que serve como punto de partida para o Plan foi xa o primeiro paso.
Tamén o compromiso entre Asturias e Galicia para rematar a Autovía Transcatábrica en 2009, o compromiso xa pechado coa SEPI para liberar inicialmente 200.000 metros cadrados en ASTANO, o impulso da segunda fase do Porto Exterior de Ferrol ou o inicio dos trámites para dotar a esta infraestrutura de conexión ferroviaria son pasos que se están a dar neste ano 2007 para paliar ese déficit de infraestruturas que sinala o estudo como causa do fracaso de tódolos plans de industrialización postos en marcha ata agora.
A partir deste momento, tamén neste ano, a Xunta deberá, por exemplo no caso de ASTANO, concretar que firma ou firmas van desenvolver en Fene a solución prevista no campo da enxeñería eólica e/ou maremotriz. Iso é no que se está a traballar agora, segundo dixo onte o Presidente.
[…] As posicións de partidos locais… o bng de Fene (1, 2) que apoia a vía galega e o psoe con Iván Puentes (1, 2, 3, 4, 5) e Manuel Cendán (1) que apoian o que lle mande a SEPI. […]
Un plan muy bonito que se basa una lista de obras en ejecución ya incluídas en el plán galicia de mierda y no dependientes de la xunta y en liberar terrenos de ASTANO para no se sabe que industria.
En cuanto a los alcaldes no solo ferrol y fene,Gato tampoco se cree nada y los empresarios CEFEOR lo considera insuficiente y CEF pide mas concreción.
Te veo tan de acuerdo que supongo que entre las infraestructuras previstas se en cuentre la ronda oeste,
tantos años demandada desde Fene
Digo eu que estes do Boston Consulting Group, logo de facer con éxito plans similares en media Europa, saberán do que falan! Ou é que nos pon máis o saquiño de cartos dalgén que estea disposto a facerse unha foto con nós antes das municipais?
Touriño podía vir onte a Ferrol, prometer miles de millóns de euros e o visto bo a unha boa parte doas moitas empresas que se están a interesar polo chan ocioso de Navantia Fene, e quedar tan pancho, pero, se sabemos algo de economía, sabemos que as cousas no se fan así; tal vez sexa propio da política polpulista, máis non da realista e efectiva, que é da que aquí estamos faltos. Precisamente o estudo do BCG sinala, como xa dixen, que esa foi a causa do fracaso de plans anteriores.
Con respecto, manu, ó da Ronda Oeste, esta non é evidentemente unha infraestrutura crucial para a nosa conexión coa Meseta ou con Europa, por iso non aparece no Plan, pero non dubides que eu entendo que é vital para Fene, necesaria para comunicar o Polígono de Vilar do Colo con ASTANO e darlle así a ese saída directa ó mar, pero tamén para sacar o tráfico rodado do casco urbano e gañar espazo peonil e calidade de vida.
Núñez Feijoo xa dixo cando era Conselleiro que, coa apertura da AP-9, a Ronda Oeste xa non era necesaria. O BNG de Fene non podemos dicir que teña feito moito neste tempo por reclamala. Nos intentaremos conseguila, pero en todo caso a reclamaremos sempre, que non che caiba dúbida!
Tienes razón los de la Boston Consulting Group sabran de lo que hablan,que gobiernen los tecnocratas y olvidemonos de votar,Alcaldes por oposición
Non, home, non, que gobernen os políticos sen ter nin puñetera idea técnica do que falan! Así nos foi sempre.
Eu quero que me gobernen os políticos ós que voto, non que o fagan técnicos ou funcionarios, pero quero que gobernen do mellor xeito e, como os políticos non son enciclopedias parlantes, precisarán de estudos técnicos para asesorarse na toma de decisións.
Ogallá moitas máis decisións políticas estivesen apoiadas en criterios técnicos!
O que non acabo de ver aquí Iván é a competencia (e non cooperación) da acción do goberno. Competencia entre economía e industria.
Cando industria se dispuña a presentar o “PEGSI” (x outra banda punto recollido no plan de goberno PSOE-BNG e que compete a industria e innovación a súa xestión), economía e presidencia sácase do peto a “Fundación pola sociedade do coñecemento”.
Agora, cando se está negociando o “Plan ASTANO” (recordemos: apoiado polo parlamento, sector privado:barreras e as 2 caixas galegas… e que eu diría tm é función de industria ser o axente dialogador)… economía e presidencia sácanse o “Plan Ferrol”.
Non vexo cómo nos beneficia ós cidadáns esta competencia entre consellerías. Ó parecer, o PSOE non quedou contento co reparto final de consellerías.
¿Qué opinas disto? Eu creo que é unha competencia que non nos beneficia.
Por partes, deduzo do teu comentario que entendes que hai competencia no seo do Goberno, pero que o mecanismo é sempre o mesmo: O BNG fai un traballo e o PSdeG por atrás está a facer outro distinto con parecida finalidade.
Aínda no caso de que esa competencia fose real, o mecanismo non é así; lembra, por exemplo, que este “Proxecto de Desenvolvemento Integral de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2011″ xa o compromete o IGAPE (Consellería de Economía) hai máis dun ano cando a Xunta decide aportar cartos propios ó Plan Ferrol do Ministerio de Economía e Facenda. É máis, desde principios de ano poderás atopar na prensa reivindicacións por parte de empresarios e sindicatos reclamando a presentación inmediata deste proxecto. É dicir, o Plan que Touriño e Fernández Antonio presentaron o luns en Ferrol é moi anterior ó Plan Barreras da Consellería de Industria.
Sobre se hai competencia ou non dentro do bipartito. Parece que nos últimos tempos hai polo menos algo de nerviosismo, non entendo doutro modo, por exemplo, que tódolos cargos institucionais do BNG deran plantón ó Presidente e ó Conselleiro de Economía o luns en Ferrol, sobre todo, despois de que os representantes socialistas si asistísemos a múltiples reunións con Anxo Quintana e Fernando Blanco para falar de Barreras. Supoño que as accións derivadas deste nerviosismo non benefician en nada (dubido tamén que perxudiquen demasiado), pero entendo que son inherentes á lóxica preelectoral.
O que si creo é que dende o primeiro día do novo goberno, hai un intento sistemático por parte do PP e dos seus adláteres de demostrar e consolidar a teoría dos dous gobernos e para iso todo vale. Creo tamén que, pola nosa historia política, aínda non estamos acostumados a gobernos de coalición, formados por ideoloxías diferentes que, loxicamente, discrepan en múltiples cuestións, pero acordan un programa de goberno conxunto, que é o importante.
Entendo que en Galicia, á marxe do nerviosismo previo ás municipais, nas que o PSdeG xoga a se converter na primeira forza de Galicia ou aproximarse bastante a iso, o PP a non perder a hexemonía absoluta de tempos pasados e o BNG a esquecer o desplome das autonómicas, hai un goberno bipartito que, coa sana e anceiada tantos anos discrepancia democrática e pluralidade, está a cumprir un acordo de goberno que, sincereamente, creo que está a dar moi bos resultados.
Ademais, non esquezas que a competencia, na medida na que incentive a traballar ás partes implicadas e que impida que se durman pola falta de presión, ata pode chegar a ser positiva.
No meu post fun máis condescendiente (e pretendín ser + neutral que aquí). Mais a idea é a mesma… existe unha competencia entre as consellerías de economía e industria que non nos beneficia. É algo que hai que arranxar para o futuro. Por iso me uno á avaliación crítica.
No caso do PEGSI é obvio: un traballo de planificación x parte de Veiguela e xusto a piques de presentarse (co boom mediático á beira), economía e presidencia queren obter rendemento dese boom… e sacan a fundación.
No caso de ASTANO non tanto pois o informe do BCG entendo que non é instantáneo. De tódolos xeitos é curioso como unha actuación que se refire (onde pon os cartos) meramente á dotación de infraestruturas que xa levan comprometidas tempo, se vende como a solución para reindustrializar a comarca logo dos impedimentos postos ás negociacións de astano-barreras (onde o PSOE xa sabía o do “Plan Ferrol”, claro!).
Entendo que se trata das municipais e de capitaliza-lo máis posible as accións de goberno. Fágome cargo desta etapa… pero non podo negar a miña crítica.
A competencia neste caso enaxena recursos, polo que debería primar a cooperación entre consellerías.
En síntese, creo que estamos bastante de acordo, nes. ;-)