ivanpuentes.com

A percepción funcionarial da realidade

Foto: J. Maillard. Nenos facendo zapatos en Senegal

Fun hai un par de semanas á Deputación, a resolver uns problemas que temos coa piscina municipal, e vin no taboleiro sindical da terceira planta unha nota que me deixou os ollos coma pratos. Quixen collela para escaneala e ensinárvola, pero non foi posible. Volvín hai uns días e xa non estaba. En calquera caso, lembro perfectamente o que poñía; era un escrito anónimo que alguén lle adicou ós sindicatos e que dicía:

UGT y CC.OO. en connivencia con el Gobierno Provincial pretenden que trabajemos de lunes a viernes desde las 9:00 hasta las 15:00 y un sábado de cada tres.

¿Estamos en Europa o en el Tercer Mundo?

Sei que pagan xustos por pecadores, que a inmensa maioría dos funcionarios son xente responsable que se adica ó seu traballo e que as tonterías dunha minoría como esta manchan a imaxe dun colectivo moi numeroso; pero é posible que o traballo dentro dos muros dunha administración pública altere tanto a percepción da realidade como para que poda existir unha soa persoa que se atreva a afirmar tal barbaridade?

4 comentarios

  1. miguelnr | 19 de Marzo de 2007 - 3:24 pm

    Voy a decir algo que va a enfadar a algunos, pero con la venia, y si me das permiso, lo diré: los sindicatos españoles necesitan una reforma… profunda, y de arriba a abajo… y de paso, los partidos políticos también :)

  2. Blas | 19 de Marzo de 2007 - 4:38 pm

    Imaxínome que as protestas dos/as funcionarios/as é porque traballan poucas horas (30 semanais) e como son tremendamente responsables, queren traballar máis horas. De non ser así quedaría claro que a fama que teñen adquirida os/as funcionarios/as é merecida, sobre todo despois de ver algunha das reivindicacións que teñen.

  3. Delfín | 20 de Marzo de 2007 - 6:23 pm

    Estamos a esperar un rexurdir da comarca.

    Queixarse é doado. Lembrar tempos mellores é bonito. O presente mentres non mo toquen está ben. ¿O futuro?, ¿Quen loita por el?.

    Eu son relativamente novo, 39 anos. Proveño dunha familia típica da comarca: nai traballadora no rural, pai no NAVAL, irmáns no NAVAL. Eu decidín estudar, e grazas ó esforzo dos meus pais, poiden facer unha licenciatura na que estou exercendo.
    Lembro aqueles tempos de puxanza: non nos faltaba de nada; pero seguían os meus pais tentando poñernos as prioridades por diante. Hai que ter algo co que responder no futuro se o principal comenza a fallar; e iso foi o que nos mantuvo a flote (iso e o feito de vivir no rural). Coa crise do naval a comarca levou unha boa patada no cú. Pasar duns 12.000 empregados en ASTANO (multiplicade por 3,5 de media a unidade familiar) á actualidade, pos xa vedes o que é. Habería que estudar cantos se foron, se recolocaron, etc.

    Pero a situación é necesaria reconducila.

    Teño que decir que sendo beneficiario indirecto dos subsidos de regulación de emprego; fondos de promoción e prexubilacións do sector naval: NUNCA OS ENTENDÍN. Non me entraba na cabeza a xente sen traballar e cobrando unha “nómina”. Podo entender as prexubilacións, de poñamos por caso 3-4 anos antes. Non podo entender mandar á xente para casa con 50-52 anos.
    Alédome por eles, pero non creo que sexa sostible. Sostible económicamente por qué a esa xente téñoa que pagar eu; e non creo que sexa sostible SOCIALMENTE por que os fillos desa xente están esperando entrar nunha empresa dun sector que pronto teña unha crise e poidan optar por unha PREXUBILACIÓN xenerosa. E os netos estarán pensando o mesmo.

    Perdemos á profunda necesidade de SABER que o esforzo individual e colectivo é necesario.
    O esforzo individual significa que podo desenvolver unha tarea para a que estou cualificado, e se quero outro tipo de servicio teño e podo ir a outro individuo que co seu esforzo dame o que lle demando. E a suma deses esforzos individuais conxuga o esforzo colectivo o cal ten que ser CODIRIXIDO, e ahí entran: traballadores asociados en SINDICATOS, cidadáns demandando ós POLíTICOS, políticos e sindicatos exisindo ós GOBERNOS.

    E TODO ISTO DISCUTIDO CON CLARIDADE, SOSEGO E EDUCACIÓN ENTRE TODOS, SABENDO O QUE QUEREMOS, É O QUE NOS LEVARÁ A UN BON FUTURO.

    POUCO A POUCO ESTAMOS CONSEGUINDO RECONDUCIR A SITUACIÓN.

  4. Aizkora | 1 de Marzo de 2008 - 8:54 pm

    eso tu sige a si eres la puta ostia, da pena mirando lejos y no mires lo que ahy en casa.

    PRECARIEDAD
    RIEGO LABORAL
    MUERTES DE OBREROS
    HAMBRE
    DIFICULTADES ECONOMICAS
    MAS DEL 10% DE LA POBLACION ESPAÑOLA BAJO EL HUMBRAL DE LA POBREZA.

    SOCIALISMO O MUERTE.

Deixa unha resposta