Partido Popular Comunista de Fene

Parece que definitivamente Ternera Gallega, como lle chama un bo amigo xornalista a Terra Galega, o “partido” ad hoc de Xoán Gato (Alcalde de Narón), presentará candidatura en Fene. A prensa de hoxe confirma o que se rumoreaba dende hai días polo pobo, Gato, dentro da chanfaina ideolóxica que é Terra Galega, opta en Fene pola coalición popular-comunista; a candidatura “naronista” estará encabezada por José Piñeiro (”Pepe O Leñeiro”), ex concelleiro e militante do Partido Comunista e de Esquerda Unida, e por Antonio García Riero (”O Tintorero”), ex concelleiro, militante e candidato a alcalde durante anos por Alianza Popular primeiro, e logo polo PP.
Valoro persoalmente tanto a Pepe como a Antonio, creo que son dúas boas e traballadoras persoas, pero ¿é posible conciliar a ideoloxía de ambos nun mesmo proxecto político? Dende logo que non, porque entón as ideas non servirían de nada. Lamento que sexan dúas pezas máis na avariciosa e utópica suma de Gato para desembarcar no Goberno Provincial e poder “caciquear” a Deputación da Coruña.
Non importan as ideas, non importa o proxecto político, non importan as necesidades do pobo, non importa siquiera gobernar, non importa nada, porque Terra Galega é un proxecto concebido unica e exclusivamente para arrapañar uns pouquiños votos en cada concello de Ferrolterra que lle dean ó Alcalde de Narón o escano provincial co que leva tantos anos soñando. ¿Quen pode confiar o presente e futuro do seu pobo a este chiringuito?.
19 comentarios
Deixa unha resposta


Terra Galega en Fene: Dous exconcelleiros na lista un do PCE e outro de AP…
Terra Galega móstrase cun proxecto transversal, dende o comunismo ós populares…
O de TERRA GALLEGA pode ser un caso moi claro de querer poñer un pé na Deputación, ¿non?; se se poñen a tirar dun mesmo arado a distintas xovencas o máis normal é que o rego saia torto, por moi bon chamador que haiba…
Estase a ver en diversos concellos unha dinámica de aparición de formacións políticas:
– unhas “novas”: veciños que se xuntan para defenderse supostamente dunha política mal levaba polos seus concelleiros… Onde a ideoloxía non está definida, pero atrévome a aventurar que o interés é particular.
– outras que non sei como nominalas pero podían ser “pseudo-políticas”: que son esos políticos que militaron por anos nunha formación e por distintas razóns están a ser renovados e non queren deixar a escea.
Creo na política coma esa maneira que hai de expoñer unhas ideas que poden facer avanzar ó conxunto da sociedade.
Creo nos políticos que son capaces de ver e exponer un futuro de sociedade: de paz, de traballo, de cultura, de educación…que son capaces de maniobrar na adversidade para levar a ese barco que é a sociedade, capeando temporais, ó porto da PROSPERIDADE.
Non creo nos políticos que só están para defender os intereses particulares, que non dan mirado más aló de onde poden poñer os pés, que non son capaces de recoñecer os méritos da outra formación e en vez de contrapoñer outra iniciativa só se dedican a negar e rechazar todo o que eles non dín. ISO NON É POLÍTICA.
Todo isto faime pensar se esa proliferación de formacións políticas obedece a eso que se chama POLÍTICA, ou intereses particulares.
Un saúdo e ánimo coas boas ideas, que sempre serán boas.
Graciñas, Delfín! Moito ánimo para ti tamén. A política está moi falta de sentido e non só en Fene, senón tamén por cerca ;-)
A política facémola todos, non só os políticos e ás veces o camiño máis curto parece o do abandono da ética, o do oportunismo, o da perpetuación no poder a toda costa… pero ó final as políticas e os proxectos que triunfan, os que transforman a sociedade, son os que siguen o camiño contrario, o do compromiso e o do traballo para todos/as, aínda que nun momento determimado teñan que aparcarse (nunca esquecerse) e haxa que agardar algo máis para facelos realidade.
Sigue así e conta comigo para todo canto queiras. Saúde ;-)
Esto es lo malo de la política para mi… cuando se empieza a hablar de otros partidos o candidatos en vez de abstenerse de hacer cualquier tipo de valoración sobre su ideología o sus posibles intereses.
Lo ideal sería hablar de los hechos y no de las intenciones.
Si un partido tiene un batiburrillo de ideologías entre sus miembros y eso será perjudicial para los ciudadanos… pués ya hablarán los votantes.
Yo pienso que los políticos no deben hablar por todos nosotros a la hora de valorarse entre ellos. Eso es tarea nuestra. Todo lo que se desvíe de ahí, sería un ataque “al enemigo político”, la lucha por el poder y no por las ideas.
Tampoco me parecería bien que alguien que se dedica a la política realizase estas valoraciones desde un punto de vista personal, pero en un medio de comunicación (web, radio, tv,…), ¿no es incompatible?
Si somos estrictos, evidentemente no son compatibles, si no somos estrictos… entonces todo vale, y eso es igualmente peligroso.
En ambos sentidos, eso es, efectivamente, un absoluto chiringuito.
Non estou en absoluto de acordo contigo, Roberto! Creo que os políticos, persoal ou publicamente, poden e deben falar dos outros partidos e denunciar aquelas cuestións que non lles gustan. A confrontación de diferentes ideoloxias e proxectos, en lugar da exposición aséptica de cada un, axuda a configurar a opinión pública, a que o votante poda formar as propias opinións.
A esencia da democracia é iso precisamente, un sistema no que os partidos non só falan de si mesmos e dos seus proxectos, senón que asumen o rol de oposición ou de goberno, exercendo un labor mutuo de conrol e denuncia que axuda a clarificar os diferentes asuntos.
Con respecto ó de Terra Galega, a miña non se trata dunha opinión relacionada coa loita material polo poder, todo o contrario, o que critico é precisamente a ausencia de ideoloxía, de ideas que configuren un proxecto político coherente. Creo que a ideoloxía é imprescindible na política, é o que lle da sentido, por iso sempre criticarei grupos de intereses como TEGA que só teñen como fin conquistar ou condicionar o poder, sexa polo medio que sexa. Iso non é un partido político.
Tentar conquistar ou condicionar o poder ten que ser o obxectivo de calquera partido. ¿ Como se poden muda-las cousas sen participar no poder ou influir nél?. Todos tentamos condicionar o poder para que se acomode ós nosos intereses. Unha persoa cando vota, no fondo está tentando condicionar o poder ós seus intereses.Non hai nada de malo neso. Esa é a esencia da democracia.
Non nos enganemos. Todo colectivo que se organiza para conseguir un fin, constitue un grupo de intereses. O comunismo aspiraba á dictadura do proletariado, por exemplo, co cual estabase a definir como un grupo de intereses para un sector da poboación moi concreto.
Partido Socialista Obrero Español, tres cuartos do mesmo. ¿Eso significa que carecen de ideoloxia? Pois non.
Terra Galega presenta un decálogo como fundamento da sua ideoloxía, que pode gustar ou non, pero constitue unha ideoloxia tan lexítima como a de calquera outro partido.
En Terra Galega hai unha máxima que é non lle preguntar a xente de onde ven senon a onde quere ir. Posiblemente nos demais partidos o fagan ó revés por que así resulta mais “politicamente correcto”.
Non hai moitos dias a señora de un conselleiro ofreceulle postos de traballo a unhas persoas para que abandonaran unha candidatura de Terra Galega. Por suposto que eso si é ter ideoloxia.
Hai moito que falar do bacallao. Non todo o monte é ourogo nin ouro todo o que reluce.
non sei non sei….pero creoq eu cada vez que no campo da política algo novo se asoma pola ventá…..asusta…..o mellor dito non ven nunca considerado…porque fai rir!.
Eu creo que falando de peuqenos ou on tan pequenos concellos……o que fai falla é xusto isto!….UN CAMBIO!!! e que o cambio venha feito pola xente da toda-las partes….da dereita, do centro e da esquerda!. Non estamos a falar de votos que influiran en proxectos de leies….ou referendum statais….estamos a falar dunhas eleccións que son influentes a favor dos cidadáns, da xente de Fene. E qué mellor ocasión que o dun partido que acumune xente de todos los bandos……que se queiran separar das “reglas” dos partidos….para loitar polos dereitos do cidadán…….polos problemas do día a diá!……Todas e todos por Fene! debería de ser o seu lema!
Porque basta xa…de ideoloxias obsoletas!. HAy que mirar polo ben da xente, da calidade da vida! (saude, vivenda, economia, comercio, ambiente…..) en vez de manter a calidade e a imaxe dos partidos!..
kike!
O problema, Kike, é que a ideoloxía si que inflúe e si que é importante, porque calquera solución, dende a referida ao problema máis cativo ata a elaboración dunha lei, plantexaranse de modo diferente en función da ideoloxía de cada quen. Por non falar de que é imposible a “non ideoloxía”, sempre teremos unha visión determinada ante calquera situación.
Por iso sempre preferín os partidos e á xente cunha ideoloxía clara, fronte a aqueles que presumen de non ter ideoloxía como se iso, ademais de posible, fose bo.
Saúdos cordiais ;-)
caro iván!……… outras culturas…outras formas de pensar….. e por fortuna que existe o progreso!. Mais nunca hai que pechar a mente o solucións que poden ser fora do común….!. A ideoloxía conta…..mais o que conta son os principios ( na maior parte da xente escondidos…) que deben de estar sempre por riba de toda ideoloxía!. A forza da xente está en poderse facer unha analise…..superar os proprios límites e ponher todo sobre unha mesa…..polo ben de todos….e non polo ben dunha ideoloxía.
Iván esquencía o saúdo!
;P
Trepando voy
trepando vengo
por el camino
yo me entretengo
Me pido delegado de mi clase
Estou totalmente de acordo con Kike.Fabricamos un mundo cheo de trepas e de partidos politicos onde o ultimo que importa é o benestar do pobo, senon que o que prima é “o estar no candeleiro”.Basta XA!!!!con tanta filosofía política barata e obsoleta… o que de verdade hai que facer é traballar polo pobo e pola xente,poñe-los pes no chan,abri-los ollos e ser coherentes!!!Claro que me importan os problemas mundiais, o terrorismo, as guerras,etc…pero ,eu cando voto nas municipais, o que quero e o que realmente me preocupa é que a nosa corporación municipal traballe de VERDADE por todos nos e sexa capaz de atender ás nosas necesidades.Basta xa, creo que xa está ben de tomarnos o pelo,que son xa 27 anos de tomadura de pelo continuada…
Kike e Marta, estou de acordo con vós en case todo o que dicides, pero só con dous matices, non creo que os grandes partidos non podan traballar polo concellos, todo o contrario, creo que poden traballar mellor, porque teñen máis recursos (non económicos, non me entendades mal, senón recursos de todo tipo) e porque gobernan as administracións de ámbito superior, que son as que destinan para Fene practicamente o 100% dos cartos que se invisten no noso concello; non é que iso propicie tratos de favor, cousa que non defendo, pero si que propicia unha mellor coordinación.
Sinto ser reiterativo, pero ata para asfaltar un camiño é importante ter idoloxia determinada, porque esta condicionará todo o proceso previo a botar os asfalto no chan.
Saúdos para os dous ;-)
Ivaaan!
buenos días!
ailalelo ailalá!…..ate para asfaltar un camino hai que ter ideoloxía!? ….mías que ideoloxía…o que hai que ter é ganas de asfaltalo!…ouseña…GANAS DE TRABALLAR….e eu lembro….cando de pequeno íamos recoller patacas no terreo da meu avó….uns de dereitas….outros socialistas, outros anárquicos….. e non vexas o ceontentos que íamos todos para casa despois dun traballo ebn feito!.
O que é unha vergonha…é a pol;itica actual onde os partidos….non fan outra cousa que pelear uns cos outros….como raparigos:”eu fixe…ti non fixeches…eu non fixen…ti fixeches”…..e de facer algo xunto polo ben de todos non se fala nuunca!
Vamos entón a asfaltar caminhos….si!….pero mirando todos fara o final do caminho todos xuntos….e non coa ideoloxía de eu o fixen!. Óu o meu partido é máis grande!…e eu tenho m;áis recursos…..porque se estos de TErra GAlega…queren chegar á diputación…non é igaulmente digno o querer crecer…como dis ti…para poder ter un d;ia un partido pol;itico con máis xente…e máis forza…..para respaldarse melhor!?
non sei non sei…agora mías que nunca creo que xa sei onde vai ir o eu voto…..
Gracias polo Foro!
un abrazo
Kike
bravo!!!moi ben dito!!Toda a razón do mundo para Kike.
Kike “for president”,ups!, sorry,quixen decir:Kike “for alcalde”!!.Kike non lances no foro discursos tan bos como o teu ultimo, non vaia ser que lle des ideas para os mitines dos seus GRANDES partidos politicos de GRANDES ideoloxias politicas :-)
As mais sinceras FELICITACIONS para Iván!!En hora boa , de verdade.Por fin mudaron as tornas despois de 27 anos,Fene necesitaba un cambio urxente e un pouco de aire fresco.Espero e desexo que coa tua xuventude,as tuas ganas de facer cousas e de traballar, Fene salga do seu estancamento.Unha aperta desta fenense afincada en Madrid, pero con moito amor e moita morriña pola sua terra.
Pois foi aparecer TEGA en Neda e levarse un bó carallazo o PSOE. Algúns antes de falar deberían pensar porque os veciños de Neda confiamos antes nun chiriguito ca nos Socialistas Obreros Españoles.