Primeiro anuncio oficial da precampaña

Seguindo as recomendacións de Blas de falar da campaña electoral dende o outro lado, déixovos en primicia, recén saído do novo Mac de Xaime, o primeiro anuncio que fixemos para a campaña electoral en Fene. É o cartel para as valas exteriores.
Confesareivos que, polo pesadiño que me puxen, para seleccionar a imaxe en cuestión o bo de xaime tivo que tirar case 200 fotos. Pasamos dúas tardes diante da cámara e tres diante do ordenador, entre biberón e biberón de Xaimiño, amañando a luz, corrixindo algún erro, compoñendo o anuncio… É moito o traballo que hai detrás dunha simple foto e un eslogan.
Na campaña todo será máis profesional e menos caseiro: fotografías de estudo, axencia de publicidade, actos programadísimos, asesoramento para todo… pero tamén menos divertido. Teríades que ver as risas que boto con Xaime cando intento corrixirlle os tonos das cores que el non aprecia; igualiño que cando hai anos quedábamos ata altas horas deseñando carteis para as Xuventudes Socialistas.
15 comentarios
Deixa unha resposta


Estás moi guapetón, aínda que eu, que xa sabes que son moi “tocapelotas” con estes temas teño un pero que poñerlle; pero xa cho direi a ti só. Pero bueno, é só un.
Ánimo e a traballar moito
Ola!
Para quen non te coñeza, e aínda que a foto non está mal, teño que dicir que eres moito máis “juapo” ó natural.
Sempre penso que as fotos deberían ser capaces de reflexar moitas máis cousas que unha simple imaxe. Deberían ser capaces de reflexar á persoa, de reflexar, neste caso, o talento, a ilusión, a bondade, a capacidade, as ideas, o compromiso…
En fin, como non pode ser, espero que tódolos/as feneses/as teñen a posibilidade de comprobalo en persoa.
Moito ánimo, Iván. Estou segura de que serás un gran alcalde de Fene.
A verdade que o cartel vai romper algúns esteriotipos. Debes ser dos poucos alcaldables que sexa xoven.
Non sei cales serán as chatas que che poña Blas, pero, realmente é un cartel rompedor.
Saúdos Iván e adiante, Fene necesita un alcalde socialista.
Sabes, Blas, que eu son tan “tiquismiquis” coma ti; seguro que o pero que tes que porlle ti é algún dos que vexo cada vez que miro o cartel. Xa me dirás.
Moitísimas grazas, Loli e Manolo, polos vosos comentarios, é un privilexio compartir proxecto con xente tan íntegra e choerente como vos; dignificades a política ;-)
Y luego la gente se alarmaba con los carteles de FRAGA!!!
Que si estaban retocados, que si le quitaban algún añito de encima…
CASI NO TE CONOZCO EN LA FOTO!!!
jejeje, es broma… Está muy bien.
Visita este Wiki cuando puedas, y de paso, registra tus promesas :P :
http://loprometidoesdeuda.com/Portada
afeitate, home!!!! É coña, un saúdo e sorte.
Nada màs verte pensè:Una foto adecuada;con mirada firme y limpia,sonrisa…a medias,y cuello erguido.Adecuada y retocada.Esa foto le interesa a las farolas,muros y stands que anuncian tu presencia.Verte en persona si que merece la pena,los feneses veràn mejor tus sonrrisas y miradas; màs cercanas,amplias y sinceras,y lo màs importante escucharàn un buen proyecto de futuro.Nunca lamentè tanto no vivir en Fene.Suerte Ivàn.
Boas Iván,
Estudei Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo e agora estou facendo unha investigación sobre as Xuventudes Socialistas e dos outros dous partidos maioritarios. Necesitaba material publicitario. Se te podes poñer en contacto conmigo estaría moi agradecida.
Sandra, casa me sacas as cores con todo o que dis. Que bonito! Sabes que estaría encatado de terte como veciña en Fene; pénsao, que por moito que digan os eumeses, o noso concello ten, polo menos, tanto encanto como Pontedeume ;-)
Ana, encantado de botarche unha man! Envieiche un correo; agardo novas túas.
Sabemos,incluyéndome a mi, que como amigo eres lo peor, como compañero eres un trepa, como pareja mejor ni saberlo. Sólo puedo decirte que lo que hacer mejor es clavar el puñal por la espalda, por experiencia.
Lo siento pero la foto fatal, el peluquín se nota y no te retocaron la cara de falso.Ah!!ESO ES IMPOSIBLE
UNA EX AMIGA DE MUCHOS AÑOS
la verdad es que para tener amigas como tu, Pilar, mejor no tenerlas, que ya sabemos todos que no las tienes, que mala es la envidia.besitos guapa
o cartel está ben pero quizás, o cartel do bloque chegue un pouco mais a xente, o feito de poñer detras xa sexa astano ou simplemente unha foto de fene os carteis das elecions municipais non teñen que asemellarse os das autonomicas. pero bueno o cartel a verdade e que non esta mal. sorte
A utilización de ASTANO para facer campaña sabes que non a comparto, pero igual si se podería empregar de fondo unha imaxe de Fene. Isto xa o fixemos máis veces e desta preferimos o fondo liso, con cor, porque nos parecía máis actual, máis propio para un partido como o PSOE que quere, como di o eslogan, iniciar novos tempos en Fene. Pero para gustos… xa sabes
Graciñas, Dani ;-)
Ja, ja, ja…! Pilar, téñoche que pedir que, por favor, escribas un libro, porque menuda capacidade que tes para inventar historias. Compraríache todo o que publicases, divírtimes de verdade.
Afortunadamente só necesito saber unha cousa para saber que o teu nome e o teu comentario son falsos, dende parbuliños ata a universidade teño a sorte de conservar a tódolos meus amigos/as.
Sorte na vida, rapaz/a ;-)