ivanpuentes.com

Si Galicia es un país ¿España que es, un continente o un planeta?

Anuncio de Dina Hosting

Advirto: non me volvín tolo. Lendo hoxe Cousas de Xentiña, o blog de Xosé Otero, cheguei a un post titulado Búsqueda da Lingua Universal, que fala dese argumento demoledor e pretendidamente aplastante que adopta diferentes formas, pero que se pode resumir na frase “para que che vale o galego? Cunha soa lingua abonda; ademais co castelan vas por todo o mundo, e co galego?” Non me digades que non tedes un pai, un tío dos que fala sen fin logo de xantar opíparamente na túa casa ou un mestre que soltase isto algunha vez. É tan típico!

O caso é que lendo o post lembrei un arquivo de audio que alguén me pasou hai tempo e que dende entón me ten servido para botar unhas boas risas con moita xente. Un señor de La Coruña, que se “educó siempre en idioma español” e que “le encanta oír el gallego en la aldea a los campesinos” declárase apátrida, porque con isto do galego ata lle sacaron o “L” á súa cidade. Escoitádeo!

Reflexa e ridiculiza o tipo de pensamento que ten quen defende argumentos tan peregrinos. O idioma, ademais de vehículo de comuniccaión, é riqueza cultural e símbolo de identidade, quizais o máis forte, e nese senso cada lingua é tan importante e tan digna de protección como outra, independentemente do seu número de falantes.

Grazas pola inspiración, Xosé ;-)

7 comentarios

  1. Xosé Otero | 6 de April de 2007 - 12:37 am

    Nada, un pracer ;)

  2. César Pena | 7 de April de 2007 - 6:06 pm

    Seguimos vivindo de costas ao mundo lusófono, seguimos sen telo como referente. Brasil e o portugués fornécenme de máis material e de máis calidade que España e o castelán no día a día da miña profesión.
    Sirva só coma exemplo.

  3. zavou | 9 de April de 2007 - 9:12 pm

    miña naiciña! pero hai xente así, en serio?

    É tan… tópico!

    Iso si, pásase en “Estados Unidos, en Nueva York la mayor parte del tiempo”. Xa. Nótaselle no acento, vamos.

  4. chuza.org | 9 de April de 2007 - 9:56 pm

    Si Galicia es un país ¿España que es, un continente o un planeta?…

    Recoméndovos que lle votedes unha ollada ó mp3 enlazado nese post. É unha grabación dunha emisión de Radiovoz. Despois de velo, só me queda preguntarme. ¿Existe xente así realmente? Vale, hai xente máis ou menos conservadora, centralista, espa…

  5. Un socialista de verdad | 26 de April de 2007 - 8:36 pm

    cando terás un segundo de lucidez para ver o tonto q es. Non pode existir ninguén así.

  6. RebelioM | 3 de February de 2008 - 8:17 pm

    seica vem um madrilenho e se mata.jajaja
    e logo il nom estaba vivindo nos estados unidos?
    lastima que nom atope xeo

  7. XFM | 17 de March de 2008 - 5:21 am

    Non, se ao final aínda me hás de acabar caendo ben e todo… Se toda a xente do PSOE fose coma ti…

Deixa unha resposta