ivanpuentes.com

“Virgen santa, Virgen pura, haz que apruebe esta asignatura…” (ou que gañe as eleccións)

Invitacion Presentancion BNG

Cando vin a foto de campaña do Alcalde de Fene, veume á mente algo que lle vía escribir nas libretas a algúns compañeiros de clase durante os meus anos de EGB: “Virgen Santa, Virgen Pura, haz que apruebe esta asignatura y con la ayuda de Santo Tomás, haz que apruebe todas las demás”. Era o último intento, a última esperanza, de poder superar o exame dunha materia que se presentaba realmente complicada.

Non descubro nada novo se vos digo que o BNG de Fene leva anos usando de xeito partidista e electoralista a situación de ASTANO. É elección tras elección case o único argumento que Rivera Arnoso esgrime contra o PSOE, pero o tempo pasa, os socialistas de Fene non comemos nenos nin temos rabo e os medos que se pretenden estender non callan entre os veciños.

Chegados a este punto a pregunta que me fago é ¿Está o BNG tan asustado polo resultado electoral que o cravo ardendo, a última esperanza, que atopan ós que aferrarse é fotografíar ó Alcalde coas instalacións de ASTANO de fondo? Fixádevos como a ponte grúa enmarca a cabeza do candidato; non é moi estético dende logo.

35 comentarios

  1. pilar | 12 de April de 2007 - 5:38 pm

    A min tamén me ven a mente, pero cando iamos ao instituto,que algún en vez de invocarse a Santa Rita lle era máis efectivo chorar ou facer a pelota ¿recordas?porque eu si.A isas persoas chámanselles trepas.
    Si o bloque recorda todo o que o psoe fixo por desfacer Astano será porque este
    demostrou que non é competente para asumir unha tan alta responsabilidade coma a alcaldía de Fene.
    O bloque ten confianza nos seus e quere que a xente de aquí non teña que buscar traballo fóra.A ti non che importa irte xa que en Fene os teus amigos cóntanse co dedo dunha man rapaz.¿cantas amizades conservas do instituto ou cantas che saudan? Xa sabemos que ti non rezas pero te arrodillas igual..que as cousas non se conseguen dun dí pa outro.
    Aquí seguiremos loitando polo que o BLOQUE DE FENE
    conseguiu durante 28 anos e que seguirá facendo.
    UNHA BLOQUEIRA
    Viva o bloque e grazas por eses 28 anos mellorando Fene.

  2. ivan | 12 de April de 2007 - 5:50 pm

    Moi fino, moi intelixente, moi racional e moi ilustrativo do estado de nerviosismo do BNG de Fene o teu comentario.

    Moitas grazas por confirmarme o que xa sabía, “pilar”.

    Saúde e moita, moita, moita tranquilidade ;-)

  3. belen | 12 de April de 2007 - 5:59 pm

    Querida Pilar,estou segura de que amigos como Iván hai moi poucos, porque non sei se sabes que a palabra amigo abarca moito, que a palabra amigo e curta pero abrangue moito contido. Amigos como Iván non se atopan dun día pra outro, nin na volta da esquina nin indo ó super facela compra. Creo que nunca saiches con el pasear por Fene porque se o fixeras comprobarias que de cada 5 persoas coas que se cruza 4 saudano e paran falar con el.
    Son de Fene, nacin aquí, crieime aquí…poderiasme dicir que carallo esta facendo o bng en Fene? ¿parques quizais?¿subir os impostos?¿114 euros de rodaxe dos coches? ¿que máis fai o bng?Os cambios politicos estan moi ben para que un goberno non quede estancado.
    SI, afirmoo, son amiga de Iván, do Iván do instituto, do Iván que me chama, dese co que tomo cafés, dese Iván que está cando se necesita e cando non tamén. Vou pola rúa ca cabeza ben alta pq amigos como el hai moi poucos.

  4. María García | 12 de April de 2007 - 6:59 pm

    Só quero dicir que estudei con Iván no Instituto, que non son a súa amiga, quizais porque nunca coincidimos no mesmo grupo (tiña grupo numeroso de amigos no instituto e, por cando o vexo na rúa, creo que o sigue tendo) pero sí que compartín clase con el e por iso si que lle votarei, porque é mellor que calquera dos envidiosos do seu brilante expediente académico, logrado con moitas horas de dedicación, que só usan a descalificación personal para desacreditalo, porque argumento de peso non teñen ningún.

    Pilar, lame as túas feridas en solitario.

  5. Antía | 12 de April de 2007 - 8:06 pm

    Gracias por iluminarme una vez más las razones por las que no voto al BNG en Fene, porque sois prepotentes, maleducados, vacíos y sobre todo, sobre todo, mentirosos!

  6. xurxocimadevila | 12 de April de 2007 - 8:34 pm

    vaia ridiculo facedes todos, en vez de falar dos problemas de fene ou do post en cuestion dades unha moi boa imaxe dirimindo os vosos problemas persoais. eu desde logo se fose de fene non votaria a ninguen dos que aqui falou, porque parece que en vez de gobernar queredes facer un club de amigos.
    un de panton, onde o psoe pacta con listas independentes de empresarios.

  7. Manoel | 12 de April de 2007 - 9:35 pm

    Ten razón xurxo! A foto do Alcalde paréceme unha pasada. Creo que non é ético utilizar a imaxe dunha empresa tan representativa para Fene como ASTANO para facer campaña electoral.

    Coincido con Iván en que debe ser síntoma do nerviosismo previo ás eleccións. Páreceme algo moi semellante ó que fai o PP.

  8. un sorprendido | 12 de April de 2007 - 11:13 pm

    o que flipo é co pelo do Alcalde,vaia tinte ou fotoshop!

  9. chuza.org | 13 de April de 2007 - 8:11 am

    O Alcalde de fene gasta 30 litros de tinte no seu pelo…

    O actual alcalde de Fene, por medio do Fotoshop, ou botando uns 30 litros de tinte, no seu cartel de presentación…

  10. alberte | 13 de April de 2007 - 8:54 am

    estamos coma sempre, tranquilos e moi tranquilos.Os comentarios do psoe nunca nos afectaron e de feito seguimos estando aquí, cousa que outros ainda teñen que “sudalo” para subir o escalon.
    Para Fene Astano sempre será a sua imaxe, sempre defendéndoa por diante de todo, porque foi o sector que lle deu vida a Fene e á maioría de ferrolterra.Outros non queren recordar o que intentaron facer con ela.
    Estou con Pilar e decirlle a Antía que o psoe no pense, nin por asomo,que vai desfacer todo o que fixo o BNG; seguirá e manteráse erguido ata o final!!. Son unha piña e non teñen un “cabecilla”; un grupo son varios e no psoe so se ve un. No Bloque móllanse todos!!
    O do tingue do pelo,se comentarios… Ata onde hai que chegar e de que formas para conseguir algo.. é penoso.
    Ignorantismo puro e duro.

    Ata as 8 a todos na Casa da Cultura

  11. Carolina | 13 de April de 2007 - 9:28 am

    Soamente dicir ao comentario de Pilar que estou con ela, se non estás préto de alguén non sabes realmente como é ¿sabes María García?non vale ter a alguén de compañeiro senón de amigo.
    Estou co Bloque e o estarei sempre,sempre e sempre. leva 28 ANOS facendo política e levantando Fene. Estou de acordo coa foto de Astano; para min é a imaxe máis significativa que pode ter Fene.Para outros é mellor non vela nin diante, porque despois de todo o que fixeron mellor olvidar.Recordaremos todos os Feneses coma grazas ó Bloque todos puidemos traballar ahí; cada ano entraban 50 aprendices ¿e agora que?
    Se algo distingue ó Bloque é o seu afán por conseguir as cousas e conseguilas realmente.Fene segue confiando en que Astano se levante das súas cinzas por iso queremos que o bloque siga ahi dándoo todo coma sempre, e que non veña o psoe a desfacelo e arruinarnos TODO.
    A imaxe de Astano vale máis que mil palabras. Estamos con vos agora e sempre.
    Decirlle a Antía que a palabras necias oídos xordos. Ó da maleducación…ti non estás moi fina niso e parece que no bolsillo non a tes gardada.
    O Bloque gañará s eleccións coa súa propia campaña e coma sempre o fixo. PAra outros gañala baséase en facer campaña contra a oposición; Como se nota que no tedes nin idea.

    UN BICO PARA TODOS OS BLOQUEIROS/AS

  12. Silvio Falcón | 13 de April de 2007 - 9:37 pm

    Nisto da política, un “tinte” non vale pra nada. Nin pra criticar, nin pra gaña-las eleccións. Un municipio fala polo que se fixo, ou pola súa afinidade política e persoal (máis aínda cando son municipais).

    Unha aperta, Iván.

  13. maceirax | 13 de April de 2007 - 10:15 pm

    As fotos de todos e cada un dos candidatos están ás disposición dos responsábeis de campaña dos BNG locais, todas as fotos coa mesma pose, co mesmo fondo e con exactamente mesma luminosidade, o que demostra que foron feitas pola mesma xente. No caso da fotografía do candidato ao concello onde milito, unha vistosa mota de polvo na chaqueta chegou íntegra á localidade, o que demostra que de retoque fotográfico a priori non houbo ren. Agora si, non digo que non houbera maqueaxe ou perruquería de por medio, pois os candidatos saen moi ben en xeral, pero moi naturais, e os poros, enrugas e pencas seguen aí, mesmo nos casos en que a súa ausencia non sería demasiado rechamante.

    Por outra banda paréceme bastante indicativo que neste blog propagandístico do PSOE de Fene utilicen para criticar ao candidato nacionalista a súa constante e rotunda defensa dos estaleiros e o seu estilismo capilar, polo visto o BNG está facendo as cousas en Fene mellor do que pensaba.

    Por certo, se queredes ver unha evolución estilística realmente abraiante, buscade unha foto de Torito hai dez anos ou quince anos e comparádea coa de hoxe :-D

  14. Antón Lois | 13 de April de 2007 - 10:16 pm

    De certo que non é unha ledicia observar que alguns mozos/as que se din de esquerdas non teñan máis preocupación nin argumento que o insulto e a descalificación.

    Se dende a esquerda non somos quen de manter a serenidade e a coherencia no discurso político, non nos debemos queixar logo de que sexan outros os que recollan os reditos políticos.

    Só recordarlles a algúns novos “sindicalistas” que cando eles iniciaban o parvulario outros xa defendiamos
    o Asteleiro tanto ante a administración como polas rúas de Ferrol ou aturando os “delicados saúdos” dos grises nos cortes de tráfico de Pontedeume. Polo tanto pediría prudencia para quen hoxe fala do que só pudo ver en reportaxes da televisión.

    O BNG non ten dereito a apropiarse dun símbolo que nos pertence a milleiros de Feneses/as que dende diversas opcións ideolóxicas e/ou partidarias defendimos sempre con lealtade, sinceridade e compromiso o futuro do sector naval en Ferrolterra.

    Un saúdo amigo Ivan, a pesar do pouco tacto dalgúns ben se nota que hai xente nesta vila, que non somentes te apoia senón que tamén recoñecen as túas cualidades humanas. Unha forte aperta e ánimo para gañar esta alcaldía para todos/as os/as Feneses, eu estou certo que xa é hora de pasar a páxina da crispación e a falla de iniciativa e que pronto chegará a hora do traballo sereo e firme, non me cabe duda de que sabrás estar a altura que as circunstancias requiren.

  15. Xi Liu | 14 de April de 2007 - 8:46 am

    “…defendimos sempre con lealtade, sinceridade e compromiso o futuro do sector naval en Ferrolterra.”

    …algúns o defendestes ata a morte (ou suicidio) do sector, engadiría eu.

  16. Carolina | 14 de April de 2007 - 9:52 am

    “Querida Belén” falar por abrila boca é moi fácil cando non se ten nin idea da política municipal e cando un soamente fala para defender a un amigo, ou o que ti lle chamas a iso.
    É penoso que unha persoa soamente critique a un grupo cando se sube un imposto..” ignorancia pur ae dura”".Dicíame un ex militante do psoe que dixera nunha asamblea “se o bloque leva 28 anos gobernando en Fene ¿por algo será?”, e todos calaron.
    o cambio de Fene nestes 28 anos foi abismal pero os do psoe pechan os ollos par non velo porque non quere ver que o goberno xa non o pode facer mellor.
    O psoe intentou destruir Fene pero o pobo soupo reaccionar e elixir a quen foi e SEGUIRÁ SENDO o seu representante político durante outros 4 anos máis.
    Non tes nin idea do que fixo, fai o BNG en Fene E O QUE SEGUIRA FACENDO, hai que implicarse rapaza!!As cousas non se fan pola boca. As cousas demóstranse con feitos, por iso o pobo de Fene soupo e saberá responder.
    Abre os ollos e mira todo o que se fixo nestes 28 anos, as envidias non son boas e menos cando un non é capaz de asumir os feitos, e moi bos feitos.

  17. XURXO | 14 de April de 2007 - 10:07 am

    Paréceme pouco intelixente e xa como último recurso que o psoe teña que recurrir a está páxina para intentar gañar as eleccións en Fene.
    Dame vergoña e repulsa contra ti Iván, que poñas a foto do candidato de goberno do bloque no teu blog!!! e por riba críticas!Vergoña deberías sentir en facer iso;así non se fai política e di moito de ti…
    Hai que gañar defendendo o teu partido non intentar gañar facendo campaña en contra do grupo de goberno, e por riba nesta páxina!
    Se todo o que fixo o BNG en Fene neses 28 anos xa non hai quen o desfaga, e ben feito que está!Contra iso non podedes facer nada.
    Deféndete a ti, é bastante te custará, e o teu grupo. ASÍ SE FAN AS COUSAS

  18. ivan | 15 de April de 2007 - 10:45 pm

    Parece que este post non deixou indiferente a ninguén. Moitas grazas en primeiro lugar ós/ás que simplemente dixestes a verdade, aínda que comprenderedes que estou o suficientemente satisfeito coa miña vida persoal como para non tela que discutir nin aclarar con quen, ante a falta de argumentos políticos, intenta con mentiras sobre ela descreditar a un partido e a un proxecto. Creo que non merece nin que se comente.

    Fala alguén deste blog como páxina electoral. Basta con mirar as datas das anotacións para darse conta de que este sitio naceu moito antes de que fose tan siquiera voceiro do PSdeG.

    Non critico ó Alcalde, critico a utilización con fins electorais, na foto de campaña, dunha empresa pública e dun símbolo como ASTANO, que é de tódolos feneses, non do BNG.

    Fálase dos intentos do PSOE por afundir Fene e da épica historia (espero que se entenda a miña ironía) do nacionalismo por salvalo e agora por privatizalo; creo que os traballadores están moi contentos coa postura “progresista” do BNG (tamén isto é irónico). Non entendo logo por que a CIG sempre foi minoritaria no estaleiro, por que agora o Comité de Empresa está presido por UGT ou por que, logo da dura reconversión dos anos 80, o PSOE gañou reiteradamente as eleccións en San Valentín, barrio de ASTANO.

    Encántame a frase “non quere ver que o goberno xa non o pode facer mellor”, a verdade é que amosa unha capacidade de autocrítica abraiante. En todo caso a min si que se me ocorren moitas cousas que se poderían facer mellor en Fene: non ter unha débeda de 6 millóns de euros (para un orzamento de 10), logo de 28 anos tódolos feneses deberían ter como mínimo auga, alcantarillado, luz e un camiño pavimentado polo que entrar á súa casa, poderiamos ter un orzamento participativo elaborado polos veciños, poderiamos ter un gobermo municipal que non permitise construír edificios sin licencias ou que non recalificase caprichosamente terreos para, por exemplo, sementar centos de vivendas en espazos naturais como a escasisímos metros do Río Cádavo; tamén poderíamos ter un goberno municipal que tivese xestionado correctamente o Polígono de Vilar do Colo para que en lugar de ser un terreo ermo e unha toxeira fose o núcleo de creación de emprego e riqueza en Fene, como o son os polígonos doutros concellos da comarca… Poderíamos ter tantas cousas que o BNG non nos soubo dar durante estes 28 anos, que non sei como non sodes capaces de ver tan só unha.

    Gloriosa é tamén a seguinte afirmación: “Dicíame un ex militante do psoe que dixera nunha asamblea “se o bloque leva 28 anos gobernando en Fene ¿por algo será?”, e todos calaron.” Imaxino á Asemblea do meu partido abraiada e estupefacta ante tan magna revelación, axeonllada bicando os pes nacionalistas que nos dan de comer! Por favor! O BNG leva 28 anos gobernando, porque a maioría de feneses así o quixeron, punto, pero iso non anula a capacidade da oposición para facer oposición. Lémbrovos ademais que dende hai catro anos o BNG xa non é maioritario, as demais forzas temos máis conceleiros/as, é dicir, a maioría de feneses xa non votou nin respalda ó goberno nacionalista.

    É moi meritorio para calquera partido e para calquera Alcalde gobernar tantos anos, e eu recoñézolle ese mérito ó BNG e a Rivera Arnoso, pero o que non se pode facer é responsabilizar ó goberno de tódolos acertos e ós demais partidos, que nunca gobernamos, de tódolos erros. A responsabilidade, para o bon e para o malo, é de quen goberna.

    Por último, sorpréndeme que vos fira o comentario feito no meu blog, non na páxina do PSdeG-PSOE de Fene, sobre a utilización dunha imaxe concreta para a vosa campaña electoral, cando na páxina do BNG de Fene, non no blog de ningún militante, se publicou hai meses unha nova na que se daban como certas todo tipo de mentiras para intentar vender unha falsa división no PSOE e se ilustraba a nova cun logo esnaquizado do noso partido. Moito máis talante o voso, sen dúbida, onde vai parar!

    En todo caso, espero que sigades co voso afán de rigor informativo para que nos contedes, ben na páxina do BNG, ou ben aquí (ofrézovos o meu espacio), con todo luxo de detalles as diferentes candidaturas que houbo na asemblea do BNG de Fene, primeiro para ser candidato á Alcaldía e logo, este xoves, para conformar a lista. Dicíame unha militante do Bloque o outro día, “algúns ata se agarraron da camisa”. Así que, leccións de democracia, de respeto e de moral, as xustas, por favor!

  19. XURXO | 16 de April de 2007 - 11:33 am

    No Bloque nunca houbo problemas de candidato porque as cousa sempre estiveron claras; máis queixerades vos que houbera outro candidato ou problemas!Vergoña debias de ter ti por arrebatarlle ó posto o teu compañeiro de corporación e “amigo”; vai ser certo o comentario disa rapaza que a palabra “amigo” quédache grande..
    Tamén parece ser que tedes problemas para confeccionar a lista e dígoo con argumento: mira que ir a pedirlle a unha persona que forme parte da vosa lista cando el e toda a súa familia sempre votou Bloque, hai que ser parrulos!Esta persoa ,como non, respondeu que non, pero tampouco tivo que dar as súas razóns.Creo que ainda non asumíchedes que a maioría de Fene vota Bloque, os egos están bastante altos.A caida é máis forte e dura canto máis alto se está..
    Ti sabes de sobra que o comentario do militante do psoe é certo, tanto coma eu, e de sobras quen foi.Hai que recoñecer as cousas tal e como son, ser honestos.
    O Bloque ten suficientes argumentos políticos para desacreditarvos como partido xa que os feitos o demostran e tedes que ir con eles ás costas.

  20. Richi | 16 de April de 2007 - 11:56 am

    Non son do BNG, PSOE nin PP,pero é unha vergoña que o Psoe teña que facer campaña propia dun xeito tan desonesto e de cara todo ó pobo de Fene!!que non somos idiotas! Aquí non queremos isto!!Fáltabos experiencia e curtirvos bastante, faltavos madurez.Mira que criticar o tinte do alcalde..a política non é iso.
    Aquí mandan os feitos e por ahora Pepe nuna criticou persoalmente a ninguén para gañas as eleccións.O bloque ten tantos argumentos para defenderse e vos con esas “niñerías”. Moito vos vades ter que curtir, e sobre todo ti; mira que ir de cabeza de lista e non ter outros arguemntos é penoso!!
    Creo que bos falta bastante para subir a cima..

  21. Laura | 16 de April de 2007 - 12:12 pm

    Como sigamos así nin representación vamos a ter no concello vaya cabecilla que nos puxeron!! Un rapaz que en vez de facer política e defenderse con argumentos propios nos ven con cousas “propias de escola”; mira que o tinte do pelo..
    Sempre votei psoe pero contigo as cousas cambian..queremos un alcalde responsable, QUE NOS DEFENDA CON ARGUMENTOS!e que nos faga crecer. Contigo rapaz, vamos a pique!
    Abréchesme os ollos e grazas. Soupen valorar todo o que creceu Fene nestes 28 anos grazas ó Bloque.
    Fun a presentación do candidato e que maravilla defender una candidato con méritos propios!!Nin palabra e crítica ó resto do grupos políticos, así é coma hai que defender un partido.Non coma fixo ata agora o psoe que en vez de DEFENDERSE CRITICA OS DEMÁIS.¿xa non ten expectativas ou que?
    ESTE BLOQUE SI QUE VALE!!

  22. Diana | 16 de April de 2007 - 12:17 pm

    Estou totalmente de acordo contigo Laura. Parece increible que unha persoa che faga abrir tan ben os ollos; vale máis tarde que nunca!!
    Vaya especimen que se buscaron e ainda encima malo!!
    Queremos un representante non un “neno de parvulario de alcalde”!!!!

    ADIANTE CO BLOQUE

  23. Xaime | 16 de April de 2007 - 12:47 pm

    Hola, non quero inmiscuirme en tan apaixoante discusión.
    Só un detalle técnico revisando o log da páxina: Os comentarios de alberte, Carolina, Xurxo, Richi, Laura e Diana foron escritos dende o mesmo ordenador.
    Coma non quero ser malpensado e dicir que é a mesma persoa, só quero preguntar: ¿como tedes organizados os turnos?

  24. ivan | 16 de April de 2007 - 1:44 pm

    Insisto, para as dúas persoas que con diferentes nomes escribiron neste post, facéndose pasar unhas veces por militantes do BNG e outras do PSOE, o único que critico no meu artigo é a utilización da imaxe de ASTANO con fins electorais. Paréceme criticable e o seguirei criticando.

    Eu non falei de tintes nin de mamarrachadas similares, os que me coñecedes sabedes que non é o meu estilo; outra cousa é que os nervios e a intranquilidade electoral provoquen nalgúns a difamación e a mentira fácil, como fixo a suposta Pilar no seu comentario. Vide ós actos do PSdeG, escoitádeme na radio ou na televisión, lédeme no xornal, vide á sede a falar comigo ou simplemente parádeme pola rúa e veredes que os socialistas de Fene só falamos de futuro, de argumentos e de metas que queremos acadar para o noso concello; a guerra sucia deixámoslla a outros con máis experiencia na materia.

  25. Antón Lois | 16 de April de 2007 - 4:41 pm

    A sinceridade e honestidade deben ser características dalgúns nacionalistas de Fene un só membro do BNG facendose pasar por 6 persoas diferentes. En fin menos mal que todos os do BNG non son iguais. Ánimo Ivan que hai moito que cambiar en FENE a partir do mes de Xuño.

  26. barrilete | 16 de April de 2007 - 4:55 pm

    jeje,lo del BNG es muy muy fuerte! me parece increible que sea el último recurso de este partido en Fene, el de desprestigiar al PSOE local y a su candidato. Iván podes estar tranquilo, se ve que el BNG tiene mucho, pero que mucho miedo!!!. Te queremos ver de futuro alcalde de Fene el 27 de Mayo y los que te conocemos sabemos lo buena persona y político que eres y estamos orgullosos de ti.

    BESOS :)

  27. ocioloxia.wordpress.com | 18 de April de 2007 - 10:12 am

    Encantame saber que nos comprometemos ca xente en galego (pero pensamos en castelá), encántame saber que utilizamos siglas que se usan de forma partidista (pouco queda do sociolismo no psoe), encántame saber que as propias siglas do psoe son siglas de futuro (fai tempo que as reconversións obreiras se convertiron en tumbas pagadas, pan pra hoxe fame pra maña) Encántame saber que polos votos son de Madrid, de Pucela ou de Compostela.
    Que hai das iniciativas socialistas en Galicia, terra olvidada pra vós (do cal ti non tes culpa, Iván) Que hai do autogoberno galego, que pasa co estatuto, tendes medo de crear unha comisión en Galicia, ou ten que vir aprobado por Madrid?.
    Teremos que seguir loitando dende Compostela, por que as reconversións navais non se fagan dende Madrid?

    As reconversións non se debían negociar dende Madrid, se non desde Fene, Ferrol ou Vigo.

  28. Diana e xurxo | 18 de April de 2007 - 12:37 pm

    Nin membros do bloque ni militantes,pero si EX MILITANTES DO PSOE,somos un e unha.
    Queremos que todos abran os ollos coma nos, que se den conta coma se conseguen neste partido as cousas;crítica persoal hacia o aspecto de alguén é caer moi baixo e dar a ver a carencia de argumento político que nestres intres ten o psoe e tivo sempre, ademais de moitas outras cousas que non imos entrar a falar porque xa non veñen a conto, pero ainda hai.
    Que raro que non nos recoñecerades.., está forma de actuar é algo moi típico do psoe;non darse conta de que che clavan o puñal nas costas cando ti sempre estas a iso..Nos imos cambiar de idealismo político, xa que estamos a ver que este partido non nos aporta nada; queremos unha xercana a nós, clara en ideas e sobre todo en FEITOS.Creer que é alguén do bng!! Que bo!Fai pouco seguro que pensaría igual que vos, pero ti IVAN me fixeches abrir os ollos, e grazas por todo.
    Nun futuro seguro que si xa poderedes falar de nos coma militantes do bloque, E A MOITO ORGULLO!!

  29. ivan | 18 de April de 2007 - 2:46 pm

    Ja, ja, ja…! Outra conversión de militancia simulada por obra e gracia das eleccións. Só hai un problema, ou dous, para poder crervos, ningún militante solicitou a baixa nos últimos tres anos e, ademais, todos menos tres viñeron á Asemblea na que se elexiu, por UNANIMIDADE, a candidatura para estas eleccións; por non falar novamente de parecidos razonables nas IP.

    Probade con outra personalidade ficticia e seguídeo intentando; igual algunha cola ;-)

  30. Diana e xurxo | 20 de April de 2007 - 12:30 pm

    Que pena nos das rapaz..¿quen falou de cando deixamos de ser militantes?Aquí ninguén falou de datas; bueno, ti, por suposto!Fomos militantes durante máis tempo do que levas ti!.SI ,SI E SI FOMOS MILITANTES!!!Pero que quede claro que rectificar é de sabios.
    Como así non vamos chegar a nada e todo o dito,dito está, esperemos ó 27 de Maio. Despois falamos.
    Ahh..de personalidade ficticia nada;aquí o único subrealista e que se sube á nube e sigue crendo en Papa Noel,ES TI. Nos estamos cos pés na terra, e ben que estamos! ainda ó teu pesar.O que pasa é que canto máis alto un se sube, máis dura é a caída ¿sabes?. Bueno, si sabedes…levades 28 anos caendo,que digo(e ainda deses ainda caemos nos).Para que vexas que o que vale é a honestidade.
    A partir de agora, a palabras necias oidos xordos.SEN COMENTARIOS ATA O 27(DE NINGÚN TIPO).Que veñas con “chorradas” de persoas ficticias, bueno, é o último!!
    Xa non hai argumento para nada polo que vexo.Cando é cara o público moita palabrería estudiada,¿e agora que?¿non hai guión ou que pasa?
    Que che sea leve rapaz.

  31. fariña | 20 de April de 2007 - 3:25 pm

    Diana, ou es unha das 3 militantes que non foron a asamblea onde se elixiu a Iván, co que serías unha irresponsable, pensando o que pensas del
    Fuches á asamblea e votaches por Iván, co que serías unha cínica
    Ou es unha persoa do BNG que ten moito tempo libre.

    Un saudo

  32. fariña | 20 de April de 2007 - 3:27 pm

    Diana repasando, antes decias que eras ex-militante, non seras ex-quizofrénica?

  33. Xaime | 26 de April de 2007 - 6:15 am

    Máis ben ex-traterrestre. Ja ja ja

  34. el_angel_negro | 19 de June de 2007 - 10:31 pm

    Leo é releo as cousas que por aqui se poñen, é gustanme moito,,,siiiiiiiiiiiiiiiiii, A XENTE DE ESTA TERRA ESTA VIVA….si, preocupase do que ocurre, e cala, logo VOTA,este é o xeito de convivir nunha sociedade demócrata.
    Sr. Ivan Puentes, ! Animo Rapaz¡ non importa a idade,non importa a experiencia, .- e senón mirade a experiencia de 28 anos de goberno-.
    Fene avanzou moito en 28 anos si, e Naron, e Cabanas, e Pontedeume e Cuba, etc….si todos-as avanzamos, senón avanzasemos sería porque estariamos mortos.

  35. anonimo | 7 de July de 2007 - 10:21 pm

    eu voto por ivan o bng non fixo nada en 28 anos que leva

Deixa unha resposta