ivanpuentes.com

Domingo electoral

Xaimiño e Iván

Nótase que as eleccións están cada vez máis cerca en que, por exemplo, case non lembro a última fin de semana na que non tivésemos polo menos un acto público. Hoxe comecei literalmente o día con Nacho, chamoume cedo ó móbil para que o acompañase ó Hotel Eumesa; ás 12:00 presentábamos alí a candidatura do PSdeG-PSOE na vila, encabezada por Agustín Vilariño, e quería comprobar que todo estaba en orde.

Os Albertos, como lle chama Blas ós compañeiros (feneses, por certo) encargardos da luz e do son de tódolos actos do PSdeG, daban os últimos retoques, mentres Nacho, Bernardo e máis eu pechábamos flecos do protocolo e do programa do acto. Ó final, un éxito, con mención destacada para o vídeo que Nacho fixo da candidatura, vídeo ó que se entregou durante toda esta semana sen descanso e que a piques estivo de provocar que Lidia, con razón como sempre, decidise separarse xa antes incluso de casar con el.

A tarde paseina con Xaime e con Marta en Cabanas. No piñeiral da praia fixemos a foto para o cartel de precampaña de Koke, María José Cabana, a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía, elixida polos militantes da súa Agrupación esta mesma semana. Apetecíame facer esta foto, porque Koke, ademais de amiga, é unha muller loitadora e de principios que se merece todo o bo que lle pase na vida e na política; espero vela moi pronto de Alcaldesa.

Como podedes ver na imaxe deste artigo, na sesión fotográfica estivo tamén Xaimiño, o neno de Xaime, que ten que ir aprendendo o oficio e que luceu entre os turistas as novas gafiñas de sol que lle mercaron os seus país. Que enchido me sentía con el no colo mentres paseábamos polo piñeiral!

Acabamos o día en Redes (Ares), nunha ventá da casa dos pais de Nacho e Marta, na que Xaime me fotografiou para compoñer unha das imaxes máis orixinais da campaña do PSdeG en Fene, que poderedes ver nunhas semanas.

O vindeiro domingo estaremos en Madrid, na Festa Mitin que o PSOE organiza na Praza de Touros de Vistalegre para celebrar os 128 anos do noso partido. Como dixo hoxe Agustín Vilariño, os primeiros afectados da nosa decisión de participar na política son as nosas parellas e a nosa familia; a verdade é que moito nos aturan!

5 comentarios

  1. Manuel | 16 de Abril de 2007 - 1:19 pm

    me viene esta anotación tuya como anillo al de do para comentar la del día 12 en la que escribías: “logo de 28 anos tódolos feneses deberían ter como mínimo auga, alcantarillado, luz e un camiño pavimentado polo que entrar á súa casa, poderiamos ter un orzamento participativo elaborado polos veciños, poderiamos ter un gobermo municipal que non permitise construír edificios sin licencias ou que non recalificase caprichosamente terreos para, por exemplo, sementar centos de vivendas en espazos naturais como a escasisímos metros do Río Cádavo; tamén poderíamos ter un goberno municipal que tivese xestionado correctamente o Polígono de Vilar do Colo para que en lugar de ser un terreo ermo e unha toxeira fose o núcleo de creación de emprego e riqueza en Fene, como o son os polígonos doutros concellos da comarca… Poderíamos ter tantas cousas que o BNG non nos soubo dar durante estes 28 anos, que non sei como non sodes capaces de ver tan só unha.”
    pues Cabanas es un ayuntamiento limítrofe al nuestro y con gobierno socialista desde hace tambien muchos años y entonces se puede mirar si allí no sucede lo que son los fallos de Fene
    1º hay zonas de cabanas sin alcantarillado,pasos a nivel sin suprimir
    2º en cabanas se formó hace años un partido independiente para llevar la voz de los vecinos al ayuntamiento por lo que deducco que el PSOE no la llevaba
    3º poligono de vilar do colo, lo que tu predicas aquí lo pide el BNG allí,con la diferencia que la sepes depende del Psoe
    4º construccion en espacios verdes, los chiringuitos hace muchos años que dicen que los van a derribar porque estan casi metidos en el mar y uno de ellos incluso es propiedad del ayuntamiento
    5º licencias de obra; el cambio de cabeza de lista es por sentencia judicial que sino seguramente seguiría Modesta
    6º en cuanto al cartel, tu propones nuevos tiempos reflejando los que corren tanto en la Xunta como en Madrid ,¿como el gobierno amigo del PP? espero que no porque creo y deseo que el PSOE en sus reponsabilidades de gobierno trate igual a todos los ayuntamientos sea su alcalde del color que sea
    Esto refleja que una cosa es prometer y otra dar trigo y para votar cambio hay que ver lo que hace el Psoe en los ayuntamientos de la zona y tanto Cabanas como Neda a mi modo de entender no son el paraiso que tu prometes

  2. ivan | 16 de Abril de 2007 - 1:58 pm

    Manuel, eu e o PSOE temos un proxecto para Fene, que será compartido por uns e criticado por outros, como é bo e necesario. Hai moitas cousas que non nos gustan e cremos de verdade que, logo de 28 anos de goberno nacionalista, Fene se pode gobernar doutro xeito. Con esa aspiración e esa promesa nos presentamos.

    Eu non quero gobernar Fene pensando en ningún outro concello ou copiando o modelo de xestión doutros municipios, quero gobernar aquí de acordo co programa que elaboramos os socialistas de Fene por e para o noso concello.

    Se chegados ó goberno o facemos realidade, como faremos, perfecto, se non o facemos, ó cabo de catro anos os veciños pódennos botar co seu voto. Só pedimos a oportunidade de demostrar dende o goberno que as cousas se poden facer doutro xeito, porque estamos convencidos de que é así e, sobre todo, de que é vital para Fene facelo.

  3. Paula | 24 de Abril de 2007 - 9:36 pm

    Que guapo saleu o neno (o pequeno claro) e só o digo porque vos dades un aire.

    Que pena que non sexa o teu non?

    un bico dende Boiro

  4. Paula | 24 de Abril de 2007 - 9:37 pm

    Que guapo saleu o neno (o pequeno claro) e só o digo porque vos dades un aire.

    Que pena que non sexa o teu non?

    un bico dende Boiro

    Deixa unha resposta

  5. ivan | 24 de Abril de 2007 - 10:45 pm

    Ja, ja, ja…! Resposto, Paula! A verdade é que cando estou con Xaimiño sempre me entran unhas ganas tremendas de ter un fillo igual de guapo e de tranquilo que el, pero supoño que terei que agardar un momento mellor.

    Bicos desde Fene ;-)

Deixa unha resposta