ivanpuentes.com

Primeira cola e primeiros carteis

Pegada Precampaña

Onte non orballou e, por fin, puidemos saír a facer a primeira pegada desta precampaña. Se che gustan as eleccións, botas de menos sempre a cola, os carteis e as saídas nocturnas cos compañeiros para percorrer todo o concello nun par de horas.

Saímos da sede ás doce da noite e voltamos sobre as dúas da mañá; polo medio moitas risas, moitas anécdotas lembradas e algunhas discrepancias sobre os lugares onde pegar entre os defensores de ir “á feito” e os máis selectivos. Ó chegar á sede, como sempre, tomamos unha Coca-Cola comentamos algúns dos episodios máis divertidos e marchamos a durmir.

Hoxe amenceu Fene cos primeiros carteis electorais pegados; queda un mes xusto para o Día D e a campaña xa saltou á rúa. Dende hoxe ata daquela, moito traballo e moitas risas, espero ;-)

6 comentarios

  1. César Pena | 26 de Abril de 2007 - 5:01 pm

    Ben, ideoloxías aparte (xa sabes que son doutra corda) creo que estilo Candy-Candy que lle ves dando ás entradas no blog queda un chisco forzado. Humanizar ao candidato vale, pero tanto mundo rosa…

  2. Roberto | 27 de Abril de 2007 - 7:57 am

    Una pregunta: ¿sabes de algún partido que haya incluido en su programa electoral la retirada de los carteles electorales tras las elecciones?

    Es algo que me ronda la cabeza desde hace años, porque en lo que respecta a la pegada de carteles se suele aplicar el dicho de “pasado o día, pasada a romería”…

  3. Julio López | 28 de Abril de 2007 - 10:16 am

    Son un exveciño de Fene. Creo que non te coñezo. Sorte para o cambio. Se ha tes non plantes laranxeiras no centro de Fene. Viaxa nas manifestacións a Madrid co teu pobo, non vaias en Taxi como pepiño á do prestixe en Madrid, e así que leves 8 anos: retirate. Moita Sorte.

  4. Xi Liu | 28 de Abril de 2007 - 7:36 pm

    Oes, podes poñer unha foto de costas… só pra comprobar que o buzo non é dos de A.S.T.A.N.O.

    ;) ;) ;)

  5. Anónimo | 30 de Abril de 2007 - 1:50 pm

    Se cadra es moi novo/a Xi Liu:

    Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO) en todo caso
    AS.TA.NO. pero creo que así tampouco é correcto. Unha aperta.

  6. Xi Liu | 30 de Abril de 2007 - 7:17 pm

    Grazas pola lección de historia, pero de verdade non facía falla. O dos puntos é un efecto estilístico (como o de Urdaci)… talmente coma os rotundos espazos que separaban as letras “A S T A N O” no pórtico, xa fora en vermello sobre verde, branco sobre azul, gris, etc.

    De verdade, se é por demostrar coñecementos neste eido, ofrézome a asesorar a máis dun(ha) (euro)diputado/a socialista metidos a articulistas… uf!

Deixa unha resposta