ivanpuentes.com

Grazas!

Presentacion Candidatura Municipais 2007

Grazas foi a primeira palabra que dixen este venres cando me puxen detrás do atril. Celebramos o acto de presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Fene para as eleccións municipais do 27 de maio. Grazas polas fermosas e sentidas palabras que me adicaron María e Loli nas súas intervencións, que me emocionaron sinceramente. Grazas ós amigos/as que viñeron, algúns dende lonxe de Ferrolterra, a estar comigo neste día. Grazas polo recoñecemento e o opio público que Ricardo Varela, co que traballei dous anos na Secretaría de Organización Nacional do PSdeG, me amosara uns minutos antes dende o mesmo atril. E sobre todo, grazas ós centos de persoas, de veciños e veciñas, que nos acompañaron.

Vai facer xa 10 anos que ingresei na Agrupación Socialista de Fene e dígovos, sinceramente, que nunca vira un acto como o do venres. As sillas agotadas, moitísima xente de pé e incluso algúns que quedaron fóra. Como dixo Ricardo, alí cheirábase cambio, espero que dentro de 30 días esa ilusión sexa aínda maior e que podamos celebrar a victoria electoral. Algo estase a mover en Fene.

Grazas tamén a Blas, por todo ;-)

3 comentarios

  1. Iván Iván Iván Iván Iván - Xaime | 30 de April de 2007 - 12:41 am

    […] Agora que está en precampaña leva un ritmo frenético, pero as súas ideas seguen firmes e tranquilas coma o granito ao sol. Así ten que ser un alcalde, penso eu. […]

  2. isa lema | 30 de April de 2007 - 9:32 am

    Noraboa Iván, polo magnífico inicio de campaña que tiveches (sínto moito non poder ter asistido). Estou convencida de que tanto tí como Irisarri ides a traer novos tempos para Ferrolterra, como di o voso eslogan de campaña. Estou segura de que o 27 de maio celebrarémolo por todo o alto, porque vas a ser tan bo alcalde como compañeiro. Moita forza!

  3. ya sabes quien soy | 30 de April de 2007 - 9:16 pm

    Aunque no te vea en persona tu cara empapela todo el ayuntamiento, vaya a donde vaya y mire a donde mire… tu estás ahí…como siempre.Ojala seas nuestro alcalde.
    ;-)

Deixa unha resposta