Arrancamos!
Hoxe é o primeiro día oficial de campaña electoral; día marcado a estas horas polo cansazo e os ollos fatigados. Onte á noite organizamos a tradicional pegada de carteis, aínda que o primeiro deles non se pegou, voou, como podedes ver na fotografía que nos sacou Xaime. Botamos tamén fogos artificiais para celebrar a chegada destes quince días que, de seguro, nos han conducir ó cambio político en Fene. Logo si que tivemos pegada clásica, con basoira, cola e buzo, por todo o concello. Acabamos ás 4:00 da mañá.
Hoxe ás 12:00 tódolos candidatos vémonos de novo as caras en Radio Fene, para debater durante unha hora sobre os nosos programas e as nosas ideas para este concello. Vou tomar un café, acabar de espertar e repasar os últimos apuntes para a radio.
10 comentarios
Deixa unha resposta


Ánimo e noraboa, xa que a partires do día 27 xa te poderei chamar “alcalde”. Unha aperta.
Animo iván, que xa sabes que pronostiquei que sacabas 7-8 concelleiros, así que non me fagas quedar mal que eetá a miña reputación en xogo.
Ánimo a todos, e saudos a Xaime, que boto de menos as campañas onde durmiamos nun Seat panda.
mucho ánimo para seguir trabajando así de bien, estoy segura de que lo vais a conseguir, porque os lo mecereis. despues de conocer como trabajais y las ganas que poneis en lo que haceis, para las próximas me empadrono en Fene, quiero tener un alcalde como tú.
SALUDOS
Moita Sorte Iván.
Fene e ti volo merecedes! Adiante!
Lémbrome dun candidato que colgou carteis en globos e acabou sendo Presidente da Xunta. Espero que ti chegues a ser alcalde de Fene,polo de agora.
Por certo, a figura que forman os globos é un tanto estrana. Un tanto fálica, non??. Parécemo a min, ou é que esta campaña faime ver cousas raras. ¿Estarei enfermando?.
Animo!!!!!Me gusta mucho la “foto- mural” de la sede de Fene.
Grazas, Sandra! Soáche a venta? A verdade é que o mural podería ter bastante máis calidade.
Blas, creo que tes campañitis aguda, porque, por moito que o mirei a tódolos xeitos, non lle vexo a forma fálica, e iso que xa sabes que son bastante mal pensado.
A min lémbrame ó logo da Fundación Progreso Global (+-) Tamén debo estar afectado pola campaña ;-)
Saludos:
Me dijo una amiga que se mudaría a Fene solo para votar por tí. Felicitaciones por el buen trabajo que estáis haciendo, seguid adelante con el empuje de siempre y con las mismas ganas del inicio y el 27 estaremos alegrándonos contigo y con todo Fene.
Ah! Alex y Aarón te mandan un abrazo.
Mucho ánimo y suerte, Iván.
Se aproxima ese dia que todos esperábamos.
Un saludo .
[…] respecto ao resto da comarca creo que Iván Puentes vai ser alcalde de Fene, sendo a lista electoral máis votada. O amigo Iván é todo un descubrimento para o PSOE cos seus […]