A discriminación das mulleres fenesas
Onte organizamos un acto no Parque do Río Cádavo, no que Lola Villarino, Presidenta do Parlamento, as mulleres da nosa candidatura e eu mesmo presentamos o apartado de muller do programa electoral para estas eleccións municipais.
Simplemente, quero deixar neste blog uns poucos datos sobre a realidade das mulleres fenesas, tan discriminadas como as do resto do país: o 51´3% dos habitantes de Fene son mulleres, sen embargo, a súa taxa de ocupación é a metade da dos homes e a taxa de desemprego, o dobre. Un dos datos máis graves é que as mulleres de aquí que desempeñan traballos cualificados son só o 7`5%, fronte ó 92´5% dos homes, pese a que temos máis mulleres que homes con titulación universitaria.
Creo que unha realidade tan grave, que afecta a máis da metade da nosa poaboación, é argumento suficiente como para crear unha concellería da muller, que se encargue exclusivamente de facer real a igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes de Fene.
11 comentarios
Deixa unha resposta


A realidade é grave ao igual que o é que unha persoa que leva xa o seu tempo na corporación municipal saia cunha alternativa tan novidosa como “crear unha concellería da muller”. Que eu saiba, está creada, non precisamente de agora e as propostas do PSOE nesta área ao longo destas últimas lexislaturas poden contarse cos dedos da man.
Iván, deberías ser máis comedido porque tanto no teu blog como nos documentos que estades utilizando na campaña amosades que estivestes no concello por estar
Hombres como tu dan gusto! en el buen sentido eh! mucha suerte, aunque creo que no te hace falta, estoy segura de que serás nuestro próximo alcalde!
BESOS
“unha de aquí e outra de acolá”, efectivamente levo un tempo na corporación e por iso sei que en Fene non hai unha concellería da muller; hai unha concellería, a de Servizos Sociais, que ademais de servizos sociais, sanidade e consumo leva o tema da muller, concellería presidida, por certo, durante máis da metade da lexislatura por un home.
Asegúroche que ese non é modelo de concellería da muller no que eu penso e, desgraciadamente, creo que tampouco é modelo de concellería que máis precisan as mulleres de Fene. En calquera caso, lamento que ata unha proposta como esta, na que deberiamos estar todos de acordo, provoque tanto malestar como o que ti expresas.
Por último, ataca o labor do PSOE no concello por onde queiras, pero non digas que non traballamos nestes catro anos, porque resulta ridículo. Non estaríamos de acordo en moitas cousas, pero traballo… ogallá tódolos grupos traballasen igual!
No de que non teñen emprego algo terá que ver o desmantelamento do sector naval que fixo o PSOE, e o actual veto a que non se poida volver construír. Porfa, non me borres esta mensaxe.
Pensaba que ías dar máis xogo, que eras aire fresco, pero a medida que avanza a campaña e tes que formular ideas, a miña decepción vai “in crescendo”.
Non lle falta razón a “un de aquí e outro de acolá”. Ti, que traballas na administración, non tes máis que mirar o organigrama do concello, o que aparece na própria páxina web municipal, para constatar que cómpre diferenciar entre delegacións da alcaldía para áreas concretas - entre elas, a da muller e servizos sociais- e presidencias de comisión informativas (neste caso, Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Consumo).
Á marxe desta puntualización de “concepto” -xa sabes o que dicía Manquiña-, no tema de muller, ao igual que en moitos outros, permíteme expresar que non crea que o problema sexa tanto de creación de concellarías coma de políticas.
Políticas transversais, planificación estratéxica e, sobre todo, unha nova concepción da política municipal que signifique, entre outras cousas, superar a concepción sectorial predominanente para traballar por programas. Políticas transversais e optimización de recursos.
“Novos tempos, novas políticas” é tentar aplicar os modelos que realmente transforman a política municipal, non recorrer a máis do mesmo cun engadido “eu máis”. Claro que, vendo o voso programa e a maioría dos que concorren ás municipais en Fene, habería que dicir “máis do mesmo” pero con outra sigla.
É como o dos “30 compromisos”. Nas distancias curtas, cos datos na man e coñecemento de causa, incluír como proposta de novos tempos: “Promover o Deporte para Todos/as e Recuperar a Festa do Deporte, como medio de participación de tódolos veciños e veciñas” canta un pouco. Será criticábel en moitas cousas, pero se algo houbo nestes 28 anos na política deportiva foi “promover o deporte para todos”. Que tipo de festa do Deporte? A que tivo lugar en Agarimo ou na Liga de Amigos? A dos premios Sports Quality? A de premiar aos máis destacados? Só en deporte? Con que custes e financiamento?
E como este hai máis “compromisos” e “alternativas de goberno” que só non admiten unha análise minimamente rigorosa, senón que amosan un grande descoñecemento sobre Fene territorio, administración e tecido asociativo.
Dicíame un amigo que se no BNG foran un pouco espabilados editarían un xornal con estatísticas sobre as achegas, propostas e alternativas formuladas polo grupo municipal socialista nas comisións informativas ou a asistencia dos membros do grupo municipal do PSOE ás comisións informativas e actos organizados polo concello ou o movemento asociativo. Non dispoño desa información -acabo de consultar na páxina web do concello pero non hai actas das comisións- pero se fago caso ao que me contan, nin o PSOE como grupo, nin ti particularmente, saídes moi ben parados.
Por último, un par de consellos: ollo coa síndrome do emperador e libérate de quen fai do “por el interés te quiero andrés” a súa máxima de vida.
no creo que nadie que conozca a Iván lo quiera solo por el interés.
Cheira a caquita nas filas do BNG
Eu quería saber onde son os mitins do PSOE e a que ora. Grazas
¡A realidade das mulleres fenesas?tamen afecta o socialismo fenés Ivan,votamos unha ollada a executiva e de 9 homes só tedes unha muller, de 5 concelleiros tamén ai só unha muller, na candidatura comenza por dous homes,dende logo a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres non sei onde está,a proposta da concellería da muller está moi ben, pero propoñer a mais mulleres no partido nos novos tempos e nas novas políticas socialistas non estaría de mais, ai que predicar có exemplo, ¿a paridade existe en Fene?.Retificar é de sabios.As críticas tamén pensa que poden ser constructivas,ésta o é Iván.Bicos
Acepto de bo grao a crítica, socialista criticona! Non só a acepto, senón que che digo que tes toda a razón do mundo.
O do Grupo Municipal é puramente circunstancial; nas últimas eleccións o PSOE obtivo cinco concelleiros, tres homes e dúas mulleres, pero unha compañeira tivo que marchar a media lexislatura e o seguinte da lista, o numero 6, era un home, pero a sete era xa unha muller, porque hai catro anos, sen lei de iguladade nin nada, o PSdeG de Fene presentou xa unha lista paritaria.
En calquera caso, a composición non paritaria do Grupo Municipal corrixirase dentro de seis días, tan pronto como pasen as eleccións. O da Executiva tampouco tardará moito en cambiarse.
Ó mesmo tempo, seguiremos adiante coa creación da Concellería da Muller, por moito que escalde ós que en 28 anos de teórico goberno de esquerdas non foron quen de creala e non aceptan políticas alternativas á súa.
Saúdos ;-)
hola son unha veciña de fene, en primeiro lugar felicitarte x traer o cambio a fene;mais adiante espero poder dicir a mellora a fene ,pero como todo hai que darlle tempo.
Queria expresar o meu descontento nun tema,que en realidade é de moitas outras veciñas,o que pasa que é como todo ninguen da o primeiro paso e todas o comentamos.O caso é que non nos parece xusto que non teñamos o servizo da matrona no mes de xullo xq ésta marcha de vacacions;non é o feito das vacacions senón que eu por exemplo saio de contas este mes e non vou estar atendida pola miña matrona senón polo medico de cabeceira ;non poño en dubida o seu coñecemento ,pero sentiriame mais comoda con alguen un pouco mais posto no tema.
De feito de seguro que hai alguen no paro desexando cubrir esa praza ainda que so seña pa cubrir 1 mes de vacacions, e asi estariamos todos mais tranquilos.
Espero que agora que esta no teu coñecemento,este tema que o podas solucionar ou facer o que esté na tua man.
gracias de antemán,hasta sempre.