ivanpuentes.com

Arte Electoral

Cartel Ivan Pintado

Quería dende hai días deixarvos unha imaxe como esta. Dende que empezou a campaña vin xa carteis de tódolos candidatos “retocados” a man por artistas urbanos, varios meus tamén, claro, e sempre reaccionamos igual, substituíndoos por un novo no que aparezamos impolutos, tal e como nos deixou o estudo fotográfico.

Este que vos ensino está no adro da Igrexa de Perlío, moi preto da miña casa, e gustoume especialmente, resultoume simpático; puxéronme o pelo que xa me empeza a faltar, unhas gafas de sol parecidas ás que uso para conducir e unhas boas cellas. Nun retoque posterior, non sei se a mesma persoa, engadiu un prominente bigote verde.

Onte á noite repuxemos os carteis que hai ó seu redor, pero este deixámolo e, polo que a min atingue, quedará así ata o remate da campaña, como mostra da arte plástica que florece estes días polas rúas de Fene ó abeiro da cartelería electoral.

Grazas ó artista anónimo por mellorar a foto do cartel e grazas pola mensaxe de ánimo que nos deixa no lateral ;-)

5 comentarios

  1. miguelnr | 21 de Maio de 2007 - 2:58 pm

    El bigote verde te favorece.

  2. Cidadán | 21 de Maio de 2007 - 7:17 pm

    Son cidadán de San Valentín. Vou votar a túa candidatura. Gústame. E como candidatos dos distintos partidos o máis creíble cara un verdadeiro cambio en Fene(necesitao urxentemente) pareces ser ti.

    No voso programa de reformas, no tema do medioambiente, falas de reformas noss vertidos residuais da xente cara a ría. Unicamente espero que tras 28anos de mentiras, haxa alguén que instale unha depuradora na ría. É algo que actualmente viola as normas medioambientais porque é insalubre para as vidas das persoas.

    Pareceume unha boa proposta que o BNG creara unha “praia” en San Valentín, onde a xente non podía bañarse. Creación dunha praia contaminada. Perfecto.
    Se se explotara ben esa zona, atraería moita xente.

    So era comentar esta necesidade do Barrio, que comentada co restos dos veciños, é básica.

    Proposta: crear un foro de discusión nesta páxina.

    Grazas

    Un Saúdo.

  3. Marco | 21 de Maio de 2007 - 11:12 pm

    Muy bueno. Es arte, es ánimo y es tolerancia por parte del retratado. Algunos lo tomarían mal. Ivan, no.

  4. Cidadán | 24 de Maio de 2007 - 9:33 pm

    Hai unha persoa cercana a min que díxote un día que o concello hai que organizalo como se fora unha ama da casa, é dicir, que hai que organizalo de tal maneira que sempre hai que chegar a fin de mes.

    Saúdos

  5. Manuel Cendán | 25 de Maio de 2007 - 4:44 pm

    A verdade que si. Creo que che favorece (je,je).
    En fin, unha aperta. Vémonos o 27M, pasareime por Fene.
    ¡Iván alcalde!

Deixa unha resposta