Rumoroloxía

Lembro bastante estes días as clases de Teoría da Información que o doutor Fernández Areal nos impartía en primeiro de carreira. A súa teima era que distinguísemos perfectamente entre a información (veraz e obxectiva) e os demais tipos de comunicación; para elo non paraba de repetir: “los hechos son sagrados y las opiniones libres. Scott, 1921.”
É incrible a rapidez e efectividade coa que o rumor, “un subtipo de comunicación”, diríanos Areal, se abre paso á calor dun proceso electoral. Chega a ser divertido. Dende o día das eleccións ata hoxe xa escoitei de todo, dende que non vou ser Alcalde porque aínda non rematei a carreira e entón vou marchar dous anos para Santiago a rematala, deixando na Alcaldía ó candidato do BNG, ata que está a piques de saírme unha causa xudicial pendente que me obligará a pasar tres anos no cárcere, quedando como Alcalde o candidato do PP.
Cando ven alguén e me conta estas cousas que oe nun bar, na farmacia, no super… alucino; sempre penso en quen e como será a primeira persoa que o di e en como se iría deformando o chisme ó pasar dun a outro. Parece que o rumor si que é unha potente arma de propaganda electoral.
Actualizado ás 12:33 do 08/06/2007:
O culebrón vaise complicando. Máis dunha semana despois da xornada electoral aínda seguen aparecendo novas teorías que tentan explicar, á marxe de criterios puramente racionais e políticos, o resultado das urnas. A última é moi boa: o PSOE legalizou en España os matrimonios homosexuais, colectivo ó que disque pertenzo -a próxima vez, por favor, que me fagan bisexual; seguro que á miña moza lle parece mellor- e por este motivo tódolos gays de Fene nos votaron en masa, provocando a victoria “inesperada” do PSOE.
Tendo en conta que tivemos 2.878 votos, o único que podo pensar é ¡Menudo armario que hai neste pobo! Por certo, aproveito para saúdar, como protagonistas involuntarios desta teoría, a tódolos gays, lesbianas, bisexuais e transexuais de Fene; teremos que traballar moito nestes catro anos dende o concello para extender e facer plenamente efectivos os seus dereitos como cidadáns/ás.
13 comentarios
Deixa unha resposta


Eu tamén escoitei un mais, que non é outro que si Arnoso foi capaz de estar 28 anos o frente do concello, xa podes empezar a imaxinar os que a tí che quedan por diante. Unha aperta.
¿por qué no habrían de lanzártelos a tí? Hemos devaluado mucho el diálogo político y encumbramos unos hechos míticos, libres, que nunca fueron como decían Scott y Areal. Los hacemos y narramos cada una/o con nuestras entendederas y nuestras palabras. Los rumores se deshacen solos porque están vacíos. No perdamos el tiempo con ellos. Lo importante es lo que haces: decir las cosas. A la acción, y no te sientas solo. Un saludo.
A verdade de que á marxe das opinións políticas, á xente gustalle falar e soltar chismes. Non creo que sexa unha arma electoral (excepto por parte dos PPronni, que xa sabemos como son)polo menos no caso de Fene. Non te preopcupes por iso home, que ti es novo (lévasme 5 anos únicamente) e aproveita esa xuventude para facer calar bocas. A parte de músico eu son xornalista e sei do que falo. :-) unha aperta
Pues yo he oído por ahí que tienes tres testículos.
Eu escoitei que un ex-alcalde ten tanto celo que “aínda non se explica como non gañou”…..
Pois acepta a alcaldía e vas os exames restantes en setembro..cal é o problema? jeje :D
“Lo importante es que hablen de uno aunque sea mal” los otros no cuentan.
Xa o decía Alaska…
A quien le importa lo que yo haga, a quien le importa lo que yo diga, yo soy así, y así seguiré, nunca cambiaré…
Unha aperta dende Noia!!!
Antes d nada noraboa.
Rumores correm muitos de feito sobre mim,antes da campanha dijose q ia no PP cando eu som esquerdas,independentista e milito no BNG(lista na q fum).
Bisexual, potencial presidiario y aun encima… ¡¡la carrera sin terminar!!!, desde luego, no se te puede dejar suelto eh Ivan… te perdemos de vista una temporada y las que montas!! .. jajajaja
Un abrazo.
PD: Espero que para la próxima actualización digan que eres de Al Qaeda… sino, me van a defraudar.
Lo de la orientación sexual de uno es algo personal e intransferible que pertenece al dominio privado de uno mismo. Yo creo que dentro de un patido debería haber de todo, cuantas más realidades mejor por qué así se puede llegar a todos los grupos ciudadanos.
Me parece penoso además atacar a alguien por ese motivo, pero ya se sabe lo que le es la gente ignorante….
Ánimo y a triunfar que ya era hora que 28 sea el partido que sea son dictadura…y a poner a Fene donde se merece.
Atentamente un amigo.
Pois vaia Iván, quen o ía dicir, co bo rapaz que parecía… Que sexa bisexual ou que ingrese en prisión, iso a cidadanía de Fene podería aceptalo… mesmo poderiamos ir ata Teixeiro en peregrinación a visitarte e de paso ver a Bastida, pero o da carreira sen rematar…. iso si que non ten perdón de Deus!!!!! Desde cando imos aceptar en Fene a un alcalde sen carreira universitaria!!!!!
Sigues siendo un caballero, tanto contigo como para con los demás. Sin embargo, creo que lo mejor es aplicar aquello de “a palabras necias oídos sordos”, el tiempo pone a cada cual en su lugar.
Disfruta a tope de estos días de celebración, porque a partir del 16 las responsabilidades a asumir coparán todo tu tiempo, porque sabemos que las cumpliras a cabalidad buscando lo mejor para el pueblo de Fene.
Me permito repetirte, no cambies y que la buena voluntad, la serenidad, la cordura, te acompañen siempre.
Iván, de momento tienes todo mi apoyo como nuevo alcalde de Fene pero me decepcionarías muchísimo si formases un gobierno de coalición con el BNG. La gente de Fene ha votado cambio y al BNG, después de 28 años de monopolio, le vienen bien 4 años de travesía del desierto. El concello necesita desintoxicarse de la misma gente de siempre. Sinceramente, espero que no cometas ese inmenso error.
Saludos