Un concello de verdade
Hoxe fai unha semana que prometín o meu cargo como Alcalde de Fene e xa comprobei o que sabía, Fene é un concello de verdade. Lonxe do que significa ser concelleiro en calquera das grandes cidades, máis semellante á pomposa política autonómica ou estatal, nas vilas e pobos o ritmo é frenético, un ten que ser como a Santísima Trinidade, político, funcionario e veciño nun só corpo.
Iso é o que máis consume, teño bastante máis cansanzo e uns cantos kilos menos que hai sete días, pero tamén é o máis gratificante, resolves problemas constantemente e estás en contacto directo coa xente, non te aíllas da sociedade nin perdes a noción real do mundo, algo que pasa moi acotío noutras esferas da política e que me parece nefasto.
Na imaxe deste post podedes ver o que facía 10 minutos antes de que dese comezo a sesión de investidura, nin repasar a miña intervención, nin consellos de última hora dos máis sabios do Partido, uniformado cos guantes dunha das limpadoras do concello (que hoxe descubrirá quen llos ensuciou) e sacando co Aladín que me trouxo Pili, a Secretaria Accidental, a ferruxe que acumulaba a prata do bastón de mando logo de 28 anos sen traspaso de poderes en Fene, sen ser usado polo tanto. Éche así; afortunadamente!
7 comentarios
Deixa unha resposta



que humilde é vostede senhor alcalde, facendo choios de limpadoras.. non comeces a facer demagoxia tan cedo oh! espera a que se che suban os aires a cabeza como a todolos políticos.
No coment, xurxocimadevilla! Es ti quen lle de esa lectura ó post, unha lectura que non é a miña e unha lectura que seguro que sería a mesma se eu dixese o contrario (se limpo, presumo de humilde e se non o fago, son un estirado); éche o que ten a demagoxia barata ;-)
Dou fe do lustroso que quedou o bastón. Saqueille unha foto despois da investidura e xa se podía ler perfectamente o nome do concello.
Parabéns Sr. Alcade!!
Paseando pola blogosfera atópome co teu blog. Non o podía crer, quería darche a noraboa e non vía a ocasión. Pensei en enviarche un correo, pero non me gustaba moito a idea. “Non lerá o correo estes días de tanto traballo”, pensei. E mira ti por onde que tes un blog e o les a cotío… Fantástico!!
Todo o mellor e que a relación do concello co noso instituto sexa moi fructífera!!
Unha aperta.
Ves cousas e dis,”¿Por que?” Pero eu soño cousas que nunca foron e digo, “¿Por que non?”. George Bernard Shaw
Que nunca deixemos de soñar!!
Parabéns dende a Biblioteca Escolar “O Segrel do Penedo”, a Biblioteca do IES de Fene
A verdade que é unha foto para ser gardada (e vouno facer).
Estou contento da renovación que hai en Fene, que unha persoa de valía esteña ao frente, e ademais, un amigo.
Unha aperta garimosa (e avanti tutto, Alcalde).
Moitas felicidades alcalde! Houbéseme gustado estar na sesión de investidura, pero Fene queda lonxe de Lalín se non tes coche. De todos modos, moito ánimo desde aqui que estou segura de que o vas facer moi, moi ben. A ver se nos vemos pronto e te podo felicitar por fin en persoa.
Un bico enorme!!