ivanpuentes.com

Fin de semana activo

Mana

Tiña unhas ganas especiais de que chegara esta fin de semana para desconectar algo; a axenda mesturaba ocio e política, era apretada, pero atraínte. Empecei o venres co concerto de Maná no Monte do Gozo; sábado tocou luminaria na Asociación de Veciños de Perlío e logo festa de San Xoán en Oleiros, na casa duns primos de Marta e Nacho; hoxe subín a primeira hora da mañá con Xaime á Capelada para ver a rapa das bestas, onde a pé de curro atopei a Vergara, o novo Alcalde de Cedeira, co que tiven unha interesante e amable charla e pensei, como sempre que o vexo, que falta está a política de persoas tan íntegras e capacitadas como el!

Rematei o día clausurando o Campionato de España de Automodelismo, que se celebrou durante esta fin de semana en Fene. Aprendín que o que a simple vista parece un xogo de rapaces move a moita xente e moitos cartos. Compiten coas normas da FIA, “como Fernando Alonso”, dicíanme; cada participante dos que viñeron, case todos de fóra de Galicia, traía máis de 6.000 euros en material (coche, repostos, combustible…) había boxes, punto de verificación, repostaxe contrareloxo… Noraboa a toda a organización por traer este evento ó noso concello!

Ademais da festa de Oleiros, que supuxo un xeito totalmente diferente, pero moi divertido, de celebrar o San Xoán, o mellor foi o concertazo de Maná. Daniel, o técnico de cultura do Concello, cando lle contei que mercara entradas, chamoume hortera, pero non me defraudaron. Tocaron as novas, como Manda una Señal, e clásicos como Clavado en un Bar, que fixo viaxar a miña mente ata os 16 anos, cando no Odeón de Pontedeume vivía con esta letra os meus primeiros encontros coa noite. Impresionantes as 30.000 persoas no auditorio Monte do Gozo!

11 comentarios

  1. zerovacas | 25 de Xuño de 2007 - 11:41 am

    Noraboa polo éxito do 27 de maio. Aínda que estamos en órbitas políticas distintas (e seguramente non che tería votado se eu fose de Fene), hai ocasións en que un concello, ou un país, necesitan un aire novo. Gústame en particular que nun concello tan importante como Fene (somos case veciños, ademais) goberne unha persoa da miña xeración, cunha visión tan fresca da rede e que tamén coñeceu o Odeón nos seus bós tempos. Sorte.

  2. Cidadán | 25 de Xuño de 2007 - 3:49 pm

    jejeje disfrutaches no concerto de maná!,xa me comentaron que cerraron con Clavado en un Bar, coma sempre xD

    Ese Odeón agora en un cafetería, pero todos pasamos por alí cando tiñamos 15-16anos para tomar as nosas primeiras copiñas jeje

    Xa tiveches un xornada completa como representante de Fene! Se mola e todo que recibes moitos agasallos xD

  3. miguelnr | 25 de Xuño de 2007 - 7:32 pm

    Muy mítico Maná! :)

    Saludos

  4. Víctor | 26 de Xuño de 2007 - 12:10 am

    Eu tamén quería ter visto a Maná :(

  5. alexandre | 26 de Xuño de 2007 - 2:33 pm

    entendo que este espazo cada quen o utilice como queira, e moita mais o seu dono, pero falar dun fin de semana activo, con Mana, lumeiradas etc, e non escribir nin unha soa liña do atentado que lle costou a vida a seis membros das FFAA españolas me parece pouco menos que unha frivolidade. Pero bueno tampouco houbo nada que decir sobor o de Reganosa con unha carga policial sin precedentes, nin acordos de goberno post-investidura. A bon seguro que tras a embriagadez do exito veña a realidade do dia a dia.

  6. CAPITAN FUMETA | 26 de Xuño de 2007 - 4:20 pm

    Alexandre… esto dos blogs é para que cada cal fale do que lle pete, ben o sabes.
    Se non fose así, sería un medio de información o algo similar.
    Tamén ten a posibilidade de que ti poidas reclamar ó dono do blog (coma xa o fixeches) que se traten outros temas.
    Outra cousa é que o dono deste blog teña outras responsabilidades na súa vida pública, na que debería falar dos temas que ti plantexas (ou non, según sexa requerido polos veciños y representantes) .
    En fin, que escríbín varias liñas e non dixen nada novo.
    Chau!

  7. ivan | 27 de Xuño de 2007 - 3:33 pm

    Lido o escrito por Capitán Fumeta, pouco máis teño que dicir, alexandre! Grazas, por suposto, pola túa opinión e por participar neste blog.

    Só matizar unhas cousas: non pretendo facer deste blog un xornal, un artigo de opinión sobre a actualidade nacional ou un sitio no que rendir contas sobre o meu labor político, quero facer unha páxina persoal na que cada día conte aquilo que me inspire a xornada ou comparta con vós pequenas e grandes cuestións da miña vida; ás veces coincidirán cos grandes temas da actualidade e outras, a maioría delas, non.

    ¿Que queres que che diga do asasinato de militares españois no Líbano? ¿Que o condeno? por suposto ¿Se comparto ou non a misión da ONU neste país? compártoa ¿Se defendo o papel de Israel nesta trifulca? non, condénoo enérxicamente… Para informarse de todo iso xa están os grandes medios de comunicación, aínda que se estás interesado en saber o que penso sobre un tema concreto, non tes máis que preguntarmo.

    Sobre REGANOSA, teño que dicirche que erraches no disparo; averigua que votei e que presentei no Pleno do Concello de Fene nos últimos anos con respecto a este tema ou repasa imaxes dalgunhas das mobilizacións cidadás e saberás o que opino.

    Sobre o pacto de goberno en Fene, remítoche ó próximo post, porque o seguinte que escribirei será precisamente deste tema.

    Saúdos ;-)

  8. Alfonso | 27 de Xuño de 2007 - 6:16 pm

    Bueno, empezar dicindo que o comentario de CAPITAN FUMETA paréceme pouco elegante, pero fai ben en escribilo, alá el.
    O que si que é certo e que parece que neste país todo é adicarse á política e comezar a vivir ben e este post de Iván é bo reflexo delo. Non digo que a política non de choio, que si o da. Pero estou máis convencido que os políticos profesionais, como agora é o caso de Iván non lle adican nin unha cuarta parte do seu tempo a traballar para o Concello do tempo que lle adican en campaña electoral a conseguir votos.
    Cáeme un pouco mal esa xente que di que tódolos políticos son unhos corruptos, ou que os homes son todos iguais, os xitanos lacaceiros, os xoves unhos borrachos, os da aldea unhos paletos e os da cidade unhos pijos… Eu son un defensor da clase política en xeral, pero evidentemente non é perfecta e creo que en xeral tómanse máis en serio a campaña electoral que o seu mandato no poder (ou na oposición).
    Un saúdo!

  9. dori | 27 de Xuño de 2007 - 7:13 pm

    sintoo alfonso pero no caso de Iván estás completamente equivocado, completamente!!!

  10. ivan | 28 de Xuño de 2007 - 5:20 pm

    Ostras, Alfonso, creo que tes unha parte de razón no que dis, no senso de que creo que reflicte a actitude dalgúns políticos, pero non creo que da maioría, moito menos na política local, que esixe plena adicación.

    Paréceme, iso si, un tanto esaxerado que deduzas que esa é a miña actitude, porque vaia o venres pola noite a un concerto e o sábado a unha festa de San Xoán; festa da que, por certo, tiven que escapar un rato para “solucionar” a través do móbil un conato de incendio do que nos avisou o 112 ás 11 e pico da noite.

    O ocio é imprescindible na vida de calquera persoa, eu, como case todo o mundo, teño moito menos tempo de ocio do que precisaría para vivir saúdablemente. En calquera caso, invítote a que calquera día de luns a venres pases polo Casa do Concello entre as 8:00 e as 15:30, ou a que pasees calquera tarde e fin de semana por Fene; seguro que me atoparás.

    Saúdos ;-)

  11. luis | 29 de Xuño de 2007 - 7:27 pm

    Debo decir que a pesar de non votar ó dono do blog(e moito vai ter que currarse o meu voto) teño que reconocer que está moi ben “montada”. Digo o de non votalo porque como vexo nos comentarios aquí os visitantes no 99% son votantes e mesmo fans.
    A verdade e que ten moito habilidade o dono da páxina en elexir comentar solo o que lle favorece a el personalmente(e a visión do Psoe sesgada que quere transmitir),pero bno así son os blogs, e así debemos consideralos, como visións moi segadas do seu mentor.
    Dende logo, como lle reprocha un dos poucos críticos, das FFAA non vai falar se o Psoe vese afectado no tema. E do pacto co BNG tendo en conta que o lema final de campaña foi “imos cambiar Fene” pois claro moito menos…
    A referencia ós gays faime gracia, claro que non che votaron todos os gays de Fene(polo menos falo por min…)pero nin siquera no “paraiso gay” en Chueca(onde Gallardón sacou mais do doble que o Psoe en TODAS as mesas, e iso que iba Zerolo na lista do tamén gay Miguel Sebastían).
    En fin que che felicito por ser tan hábil e sutil pero que ninguén debería esquecer o que isto é, un simple blog dun político…

    Gracias por publicar isto.

Deixa unha resposta