ivanpuentes.com

O novo goberno de Fene

Acordo de Goberno 2007

Expresións de entusiasmo e ánimo, xunto con “porqués” incrédulos, combinánse esta semana dende que o PSdeG-PSOE e o BNG asinamos o acordo para gobernar Fene os próximos catro anos. Seguro que tanto a uns como a outros nos gustaría ter gobernado en solitario, pero os veciños/as decidiron co seu voto que non houbese maiorías absolutas e que, polo tanto, tivese que haber necesariamente pactos.

O PSOE, como forza máis votada, pode formar goberno co PP, algo que ideoloxicamente non é asumible para min e creo que para ninguén de esquerdas, ou co BNG. As razóns polas que entendo que este acordo co Bloque é positivo son:

  • Permitirá cumprir o compromiso de cambiar Fene, xa que o pacto inclúe un Programa de Goberno no que se recollen todas aquelas medidas que os socialistas comprometemos na campaña electoral.
  • Creo que o máis importante para cambiar as políticas son as persoas, máis que as siglas: dos 5 concelleiros do BNG só 1 ven da anterior etapa e dos 7 do PSOE só 2 estivemos na ultima corporación. É dicir, á marxe das siglas, o novo goberno de Fene inicia de verdade unha nova etapa no concello.
  • Poderíase optar polo goberno en minoría e os pactos co BNG dende a oposición, pero un goberno de coalición é sempre máis forte e máis estable, é dicir, investirá máis tempo e recursos en traballar e solucionar problemas dos veciños que en dilatar discusións estériles semanas ou días para aprobar calquer asunto por mínimo que sexa.
  • O PSOE e o BNG son as dúas formacións políticas máis votadas en Fene; representan a case un 65% dos veciños/as e suman 12 dos 17 escanos do Concello.

Presenteime ás eleccións convencido de que había que cambiar Fene e creo que esta é a mellor vía para facelo, por iso decidimos compartir o goberno. Non vos minto, ademais, se vos digo que estou entusiasmado con este novo equipo, tanto cos concelleiros/as socialistas como cos nacionalistas; creo de verdade que seremos un só goberno e que, sobre todo, seremos quen de traballar a tope para transformar este concello.

Un último dato: hoxe constituímos a Xunta de Goberno Local, a cabeza do goberno, formada polo Alcalde e os catro Tenentes de Alcalde; o maior dos seus membros ten só 39 anos e a media de idade deste órgano é de 33 anos. Máis renovación e máis mocidade é case imposible; gústame!

10 comentarios

  1. Alfonso | 30 de Xuño de 2007 - 1:57 am

    Unha dúbida dun que non é da comarca:
    Saíu en tódolos medios que lle acabas de quitar a alcaldía a un histórico entre os alcaldes xa que aínda non naceras cando él xa era alcalde e apelabas ó cambio xa que o mandato de Ribera estaba esgotado. Agora vexo que pactas co bloque pero na foto non vexo a ningún con perilla…
    Deixou este home a política? Se foi así foi por imposición do PsG ou vontade propia?
    Segue na sombra?
    Como te levas con él? e él contigo?
    Un saúdo.

  2. Marco | 30 de Xuño de 2007 - 4:26 pm

    Cabe estar orgullosos de este señor, que se lo curró y ahora demostrará lo bien que sabe hacerlo. Y no solo gracias a un sillón nuevo (que llegará muy pronto, al parecer), sino a ideas distintas y llenas de imaginación. Esto empieza.

  3. Manuel | 30 de Xuño de 2007 - 7:29 pm

    Durante la campaña dijiste que tu objetivo era alcanzar una mayoria suficiente para gobernar en solitario y que en el caso de no conseguir mayoría absoluta gobernarias con apoyos puntuales, pero no es ante el PP ante quien tienes que dar cuenta sino ante tus votantes.En cuanto a la continuidad, no viene dada por la pertenencia a la anterior corporación sino por el proyecto que representan

    Muy bonita la foto pero la paridad brilla por su ausencia 4 de 13 30 % y en cuanto la media de edad del en 33 años, en el Psoe solo estas tú por debajo (Noceda - 39,carmen silvar 40,manuel López 59,Amalia 58,Lalán 52,Antonio López 34)

  4. ivan | 1 de Xullo de 2007 - 9:24 pm

    Manuel, é certo que durante a campaña dixen que o meu obxectivo era acadar a maioría suficiente como para gobernar en solitario, pero de non poder ser así, o que dixen sempre que me preguntaron por elo era que buscaría, dentro da esquerda, a mellor fórmula para garantir a gobernabilidade e estabilidade de Fene e poder, de verdade, cambiar o noso pobo desevolvendo o programa do PSOE, sen decantarme a priori por un goberno en minoría ou en coalición; dependería do que houbese que ceder a cambio de cada unha das fórmulas.

    Exploramos as dúas posibilidades durante dúas semanas e, vista a disponibilidade da nova xente do BNG a iniciar unha nova etapa, crin e creo que este goberno bipartito é o mellor xeito de cumprir os compromisos que adquirín cos veciños/as na campaña. De tódolos xeitos, seredes vos os que dentro de catro anos digades co voso voto se logramos ou non isto, se o cambio quedou nun simple cambio de caras ou se de verdade melloramos Fene; estou convencido de que o imos lograr.

    Vexo que sabes aproximadamente a idade dos concelleiros/as, pero por debaixo da media de idade da Xunta de Goberno estamos Rita (Primeira Tenente de Alcalde. BNG) e eu (PSOE), xusto na media, José Antonio (PSOE) e por riba, Polo (BNG) e Antón (PSOE); absolutamente repartido, como ves.

    Douche un último dato: dos 12 concelleiros/as do Grupo de Goberno, só 4 (tres do PSOE e 1 do BNG) pasan dos 40 anos; non creo que ningún outro concello de Galicia teña un goberno tan novo; o recambio xeneracional é máis que evidente.

    Ah! Con respecto á paridade, tes razón. A lista de todos era totalmente paritaria, pero o número de concelleiros/as que saíron de cada candidatura decídeno os votos. Aínda así, pasamos de ter 2 a 4 mulleres no goberno (dúas do PSOE e dúas do BNG). En todo caso, non nos podemos conformar, queda moito por facer.

  5. ivan | 1 de Xullo de 2007 - 9:38 pm

    Aclaro as túas dúbidas, Alfonso, Rivera Arnoso renunciou á súa acta de concelleiro e xa non participou en todo este proceso de negociación. Aínda que non me parece moi relevante a cuestión, satisfago a túa curiosidade, a nosa relación persoal é boa, como foi sempre.

  6. Alfonso | 3 de Xullo de 2007 - 12:05 am

    Gracias pola delicadeza de pararte a contestar algo que para alguén da zona de Ferrolterra é unha obviedade.
    O feito de que dous políticos e rivais (verdadeiros rivais, non potenciais socios ou compañeiros, como pasa na xunta) teñan unha boa relación paréceme salientable(non digo admirable porque penso que debería ser o máis normal, aínda que non o sexa). De tódolos xeitos que unha relación persoal sexa “boa” é un termo demasiado amplo.
    Un saúdo.

  7. Cidadán | 3 de Xullo de 2007 - 12:26 am

    Bonita foto de familia,da gusto ver ideoloxías con algunhas posturas opostas formando goberno. Esperemos que dentro de 4 anos siga así de unida, pero esta vez con todos os concelleiros, ejem.

    E tamén esperar que a comisión dos tenentes alcaldes máis o máximo mandatario non sufra a inexperiencia da xuventude e tome as decisións correctas.

    Ollo, que a mi tamén me gusta a renovación xeneracional!

    So dou ánimos ;)

  8. socialista criticona | 17 de Xullo de 2007 - 9:48 pm

    Boas,estou dacordo con Manuel no tema da paridade Iván ,non se ve,non se nota, tamen os novos cometen os mesmos erros, moita renovación pero ai cousas que non cambian,espero que si cambien dende logo para Fene éstos 4 anos, eso o teredes que demostrar con feitos,moita sorte,saudos.

  9. Un mais | 22 de Xullo de 2007 - 5:24 pm

    !!Ivan¡¡ So unha pregunta ¿Que che parece a subida de soldo dos teus colegas de Ferrol? ¿E si pensades facelo mismo en Fene?. tendo en conta que parece que non esta mui “Boyante” que digamos

  10. Iván | 25 de Xullo de 2007 - 11:56 am

    Por partes, un máis:

    1. En Fene xa celebramos o pleno para aprobar os soldos e tomamos a decisión, ante a mala situación económica do concello e a necesidade de contratar a algunha persoa máis das que había, de conxelar o salario de tódolos políticos e de contratar só a tres asistentes do goberno con soldo de auxiliar administrativo, o máis baixo. É dicir, cobramos exactamente o mesmo que os concelleiros da anterior corporación.

    2. Sobre Ferrol, mentres a lei non cambie, están no seu dereito de fixarse o soldo que estimen convinte. O certo é que Juncal tiña un salario moi baixo, que se podía permitir supoño que grazas á súa boa economía familiar e empresarial, pero todos debemos ter o dereito real de ser representantes políticos, non só a xente con boa nómina. Eu apoio o que se apuntaba hai días dende a FEGAMP, creo que os soldos dos políticos deberían estar fixados por lei.

    Ademais, creo que os políticos están en xeral mal pagados para a dedicación e responsabilidade que teñen, especialmente no ámbito municipal, tendo en conta ademais o desgaste persoal, profesional e familiar que supón unha adicación plena á política.

    Creo tamén que, debido á mala imaxe dos políticos na sociedade, cobren o que cobren e suban o que suban o seu salario sempre van ser criticados, porque ademais é un argumento do que sempre tira irresponsable e demagoxicamente a oposición. Por isto tamén creo que sería necesario unificar os salarios dos alcaldes e concelleiros.

Deixa unha resposta