ivanpuentes.com

Estou xordo dun pé!

Dixo o cantante do grupo que tocou na cea-mitin que organizamos os socialistas de Fene na última campaña electoral: “espero que Iván sexa moito mellor como Alcalde que como bailarín.” E é que quen me coñece sabe que o baile non é precisamente unha das miñas mellores virtudes. Eu sempre insisto, non sei bailar! Frase trala que sempre se escoita: non te preocupes, eu lévote! O problema é que tampouco sei deixarme levar, pero teño que facer o ridículo para demostralo!

Traio ó blog todo isto porque esta fin de semana un traballador do Concello, tan bo bailarín coma min, díxome, mentres poñíamos en común as nosas carencias no transcurso dunha desas situacións nas que se supón que debemos mover ritmicamente os nosos corpos ó son da música, que, como cantan Fito & Fitipaldis en “Me equivocaría otra vez“, estou xordo dun pé:

Quieres bailar conmigo
puede que te pise los pies.
[…]
Yo bailaría contigo
pero es que estoy sordo de un pie.

Pareceume moi orixinal e moi ben traída a metáfora. Espero poder curar algún día esta xordeira, ou polo menos aprender lingua de signos para ir tirando e non quedar en ridículo cada vez que alguén me saque a bailar.

7 comentarios

  1. miguelnr | 2 de July de 2007 - 3:38 am

    Fito y los fitipaldis :) muy grandes.

    Saludiños Ivan.

  2. Perejil | 2 de July de 2007 - 11:34 pm

    O próximo concerto tanto en Fene & Pontedeume deberá ser Iván Puentes con os Fito&Fitipaldis de teloneiros.
    Unha aperta.

  3. Cidadán | 3 de July de 2007 - 12:29 am

    Fito era “Dios” con Platero, agora é “Semi-dios” cos Fitipaldis.

    Ata o Uoho ten grupo novo!

  4. ABOBRIGA | 5 de July de 2007 - 5:32 pm

    se vou ver Fito and Calamaro será por Calamaro…. por outra parte mellor é estar xordo dun pé ca non dos oídos coma min…

    un civisaúdo

  5. el_angel_negro | 8 de July de 2007 - 1:46 pm

    ¡Non te apures Ivan!!, aprenderas a bailar, estás no millor lugar e no momento axeitado, non desesperes….e observa como moven os pes os que bailan o teu redor….mirando,tamén se aprende……….e por suposto non te deixes levar……..ainda que teñas que dar algún pisoton…

  6. Roberto | 8 de July de 2007 - 5:29 pm

    Hola!!! en estos momentos estamos tomándonos un cofee en Pazo de Rilo. Seguro que tú estarás por aquí cerca… jejeje

  7. Vaquero | 9 de July de 2007 - 2:30 pm

    Enhorabuena por vuestro resultado electoral,ya sabes que otra frase de Fito es:”La justicia esta arrestada por orden de la avaricia”.Espero y deseo que lleneis a Fene de los VALORES que todo pueblo necesita.

Deixa unha resposta