ivanpuentes.com

Nacho e Lidia

Nacho e Lidia en Caldas

Cando fixen esta foto, na Festa dos Socialistas Galegos de 2005, acababa de coñecer a Nacho e a Lidia, pode incluso que ese fora o primeiro día no que vin a Lidia; eles seguro que xa pensaran máis de mil veces en casar, pero daquela aínda nin vivían xuntos.

En setembro esta imaxe cumprirá dous anos, só dous anos, pero hoxe non quero imaxinar a miña vida sen velos cada fin de semana, sen escapar cada ratiño libre a xunto de Nacho para compartir risas, penas, venturas e desventuras políticas, cañas, paseos… penso, incluso, en que pasei 25 anos sen saber que existía, 25 anos nos que estivemos moitas noites de sábado separados só por unhas cantas baldosas brancas do antigo Odeón de Pontedeume, sen decatarnos un do outro; ou quizais si, eu pensando quen sería aquel “chulito” de Pontedeume e el quen sería aquel “gili” de Fene que viña ó seu pobo.

Con Nacho chegou á miña vida Lidia, que xa daquela me pareceu unha rapaza impresionante e da que hoxe teño a sorte de poder dicir ademais que é a miña amiga. Nacho e Lidia casaron esta fin de semana, unha fin de semana que nos deixaron a min e a Marta compartir con eles dende que nos vestimos para ir para a Igrexa o sábado pola mañá ata a noite de hoxe (domingo). Tiven algún complexo de lapa, pero fun tremendamente feliz vivindo con eles unhas horas tan especiais; a súa invitación, o seu xesto, como diría Bunbury, caloume fondo.

Cando lin na misa a Primeira Carta do Apóstolo San Pablo ós Corintios, pronunciei a última frase, “aguanta sin límites”, mirando fixamente ós ollos de Lidia; era unha coña da que xa faláramos. Sei que non van ter que aguantar nada, simplemente porque a súa relación funciona. Por iso quero darlles a noraboa publicamente e desexarlles a maior felicidade posible; polo menos tanta como a que eles me dan a min cada día.

Gracias ;-)

6 comentarios

  1. Nacho | 9 de Xullo de 2007 - 10:37 am

    No se que decir, de verdad, no se. Lidia no me ayuda mucho porque llorando dice que no puede pensar. Así que nos vemos por la tarde y hablamos. Un beso y un abrazo de Lidia y Nacho. Gracias.

    http://nachopontedeume.blogcindario.com/ficheros/ivan.JPG

  2. ivan | 9 de Xullo de 2007 - 4:19 pm

    No hace falta que digas nada más; los hechos hablan mejor que las palabras. Nos vemos a la tarde! Bicos e apertas ;-)

  3. Vaquero | 9 de Xullo de 2007 - 9:07 pm

    Siento envidia sana,os deseo lo mejor.

  4. Enrique Castro | 10 de Xullo de 2007 - 1:19 am

    Parabéns a parella.

  5. Sandra | 12 de Xullo de 2007 - 11:44 am

    Son una pareja estupenda!!!!!!!!!!Nos ofrecieron una fiesta inolvidable.

  6. Gabi | 16 de Xullo de 2007 - 12:45 am

    Noraboa polo blog, pola alcaldía e por ser o Negro de Nacho, non si?

    XD

    Un saudo desde Pontedeume

Deixa unha resposta