Ecos do pasado

Tremendamente defraudado, así saín onte á noite da Praza do Obradoiro. Fora ilusionado, supoño que por cuestión xeracional, máis por Sabina que por Serrat, pero en todo caso coa esperanza de desfrutar dun bo concerto escoitando a dous dos poetas máis comprometidos e xeniais do noso país, pero marchei coa sensación de que esa imaxe non é máis que un eco do pasado.
Puiden escoitar seis cancións antes de que Sabina e Serrat nos deixaran tirados e marcharan de novo ós seus cómodos aposentos do Hostal dos Reis Católicos. O problema non foi que a xente marchara, ó contrario, seguíamos a bailar baixo a choiva, que tampouco era para tanto, o problema foi que, pese ó orballo de todo o día e ás predicións que pronosticaban este tempo dende había unha semana, o escenario estaba descuberto e os instrumentos e as voces se mollaban. Hai que ser moi inxenuo para non pensar mal!
Se a isto lle sumamos que, durante os algo máis de 30 minutos que cantaron, un e outro non pararon de facer supostas gracias co acento dos galegos, repetindo ata a fartura os tópicos asociados ó noso pobo, comprenderedes que prefira seguir escoitando a Sabina en CD e a Serrat nalgunha gala veraniega que pille facendo zaping unha noite aburrida de televisión. Xa poden repetir o concerto, que eu non me tomarei a molestia de volver a Santiago para velos.
12 comentarios
Deixa unha resposta


Igualito que os concelleiros, acodes a eles esperando moito, pero non se mollan.
Ehhhhh!!!! Volver a un concierto como este, siempre.
Yo también me fui decepcionada. Parece que todos sabíamos que llovería, menos ellos.
Lo peor la callada por respuesta.
Yo quizás fui más por Serrat y si como dices es por “una cuestión generacional”…, me preocupo!!!!!!!
Eso sí, me consta que están lloviendo correos de reclamación. Os dejo algunos, para que os suméis:
- Productora responsable,que pertenece a CaixaGalicia: cavea_producciones@cxg.es
- Página web de la gira: www.dospajarosdeuntiro.es (libro de visitas)
- Página concello de Santiago: Atención al ciudadano y atención al consumidor.
- Página CaixaGalicia: https://www.caixagalicia.es/zonasegura/contactCenter/wvio004c_AltaConsulta.asp?f=sac&tipo=4
- Grupo Prisa: participa@prisacom.com
Muchos, muchos besos y recuerdos.
Sorpréndeme, e moito, esta atitude por parte de J. Sabina. Disfruto os seus poemas “musicalizados”, e se xa iso fai que o respecte, a súa atitude en concertos fai que o respecte aínda máis. Na que creo foi a última retirada súa, en Xixón -xuraría que o ano pasado-, dera unha data para repetir o concerto. Ademais, frases como “además de no cobrar me pagais” (Calle Melancolía en Nos sobran los motivos), fan que considere a este señor un grande. Por iso o que dis sorpréndeme. Quero pensar que foi cousa de Serrat e non de Sabina.
De todas formas, coincido con Olga, non creo que sexa moito cuestión xeneracional. Pódese aprezar a calidade con calquera idade.
Saúdos, Iván.
Creo que la mejor gira posible actualmente tiene la peor organización posible, fallo tras fallo, incompetencia total, ni un “lo siento”, “intentaremos volver, pero…”, y Serrat diciendo momentos antes que éramos lo más importante, y demás cinismos.
Los pájaros volaron rápidamente, pero, yo creo que sí que volvería. Estaba siendo perfecto, yo también fui por Sabina, pero tenía muchas ganas de descubrir a Serrat en directo, les perdonaría si pusieran otra fecha, a mi modesto entender prometía.
Saludos.
Foi unha estafa. Pero non por suspenderse, xa antes para min era un timo: o sitio non vale para un concerto destas características, había xente que non vía e non escoitaba, e, para colmo, non ter previsto a choiva e marchar dese xeito cobarde…
Sabina neste tipo de concertos cómese a Serrat, seguramente nun teatro ou algo semellante estarían máis igualados.
Desde logo a outro concerto parecido nesas circunstancias eu non volvo (gratis pensaríao)
http://es.youtube.com/watch?v=2RpWP7IdmWk
Hola Ivan!!
Discrepo un pouco contigo, penso qeu Serrat é algo máis que un cantautor que poidamos escoitar nun zaping nesas tardes aburridas, penso qeu se merece algo máis.
Pero de tódolos xeitos opino que son unha estirpe que condicionados pola súa imaxe de bohemios e vividores, pasaron por alto que Galicia non somos a rexión probre que eles quixeran. Somo un país qeu medra por encima das ganas que teñen outros de que medremos, eso é o que máis lles rompe os huevos. Ademáis, cando se xuntaron é por algo…
¿Y Astano que?
Ahora que en Fene gobierna el Psoe,en Ferrol tambien,en la Xunta tambien,en madrid tambien….a donde se van todas esas propuestas de suprimir los vetos de la antigua Astano
de cuando estabais en la oposición.Tanto tu,como el alcalde de Ferrol,no quereis SABER NADA DEL TEMA.
Según tu blog,mejor olvidarse del megastillero de los años 70.Ya das por perdido que nadie en tu partido te va a hacer caso.
Apuestas por…Vilar do Colo,menudo proyecto.Poligonos industriales de pacotilla como ese los hay en 50.000 pueblos,no vas a inventar nada nuevo
Pero instalaciones VACIAS,aunque no lo querais reconocer,como las de ASTANO no las hay en ningún punto de España,y no se
si en Europa.P
Negar AHORA QUE HAY QUE OLVIDARSE DE ASTANO es indignante,más si nos remontamos a la hemeroteca.
Pero bueno,podemos empezar a poner jardines y aceras,y el tema del astillero ,mejor dejarlo de lado,ni mencionarlo,sobre todo ahora que se gobierna.
Solo hay que escuchar al joan Clos que no quiere problemas.
LA CUESTION REAL,ES QUITAR EL VETO.
o PRIVATIZAR,pero bueno,eso es solo una opinión.
Los conciertos son como la vida misma, pueden surgir imprevistos y sorprendernos.
Hola Ivan, no nos conocemos, pero tenemos un amigo en común que casualidades de la vida, se llama igual que yo, Alberto Feijoó, el cual me ha hablado mucho y muy bien de ti. Soy concejal socialista en el Ayuntamiento de Xirivella (Valencia, tengo como delata mi apellido origenes Gallegos, y me intereso mucho por los temas de actualidad de allí, así que espero podamos escribirnos en nuestros respectivos blogs y algún día cuando le devuelva la visita a Alberto, podamos charlar en persona.
Un saludo compañero!
Quizais hai algo de certo no que di Victor; igual é que son máis fan de Sabina, pero a verdade é que a imprensión coa que marchei do concerto é que o culpable da retirada fora en maior medida Serrat. De feito, Sabina cando marchaba dixo algo así como “lo siento con todo el corazón, nos pagan para esto, pero no podemos seguir”.
Estou convencido ademais que naquelas condicións non podían seguir, o que non entendo é por que non cubriran antes o escenario, por que non puxeron data alternativa para repetir o concerto e cumprir cos seus incondicionais ou por que, de non facer o anterior, non devolveron os 30 euros da entrada.
Un saludo, Alberto, la verdad es que pensé que eras el Feijoo de aquí tomándome el pelo, pero visité tu blog y comprobé que de verdad existe otro Alberto Feijoo. Te agrego ya en esta página y espero que sí podamos compartir temas de actualidad y, cuando vengas por aquí, conocernos; estás invitado a una visita guiada por Fene.
Suerte en tu debut como concejal. Para lo que necesites, no dudes en pedir ayuda. Un abrazo ;-)