ivanpuentes.com

Xuntanza cos Barallobre

Foto: La Voz de Galicia. César Toimil.

Onte pasei o día en Barallobre, recibindo e ensinando esta parroquia ás máis de 70 persoas que se achegaron a Fene para compartir xuntanza con homes e mulleres de todo o mundo que levan este raro topónimo no seu apelido.

Mentres camiñábamos da Igrexa á Casa da Maleta fun charlando cunha Barallobre do Puerto de Santa María e cun Barallobre de Madrid, que estaban asombrados coa beleza de Fene. Mentres eles camiñaban coa boca aberta admirando a espectacular vista da Ría dende o Souto Grande, as hortensias, as silvas ou a herba verde, pensei nos centos de conversas con xente de aquí sobre se Fene é bonito ou non e pensei que non estaba tan equivocado tódalas veces que dixen crer no potencial turístico do noso concello.

Tres dos Barallobre de fóra de Galicia marcharon pregándome que lles facilitase información sobre casas á venda en Fene, porque estaban decididos a volver regularmente para pasar tempadas máis longas no noso concello.

Sempre o crin, pero hoxe estou máis convencido de que traballando ben podemos lograr que o turismo sexa unha boa fonte de ingresos e emprego para Fene. Simplemente, como noutras cousas, temos que crer na nosa capacidade e iniciativa.

3 comentarios

  1. Luz | 16 de Xullo de 2007 - 1:26 pm

    Noraboa pola iniciativa. Creo que foi de gran interés a charla do coñecido arquitecto Julio Barallobre sobre a Casa da Maleta. Que se repita. É unha pena que o Concello non a adquira para equipamento. Un saúdo!

  2. Raquel Barallobre | 16 de Xullo de 2007 - 11:07 pm

    Aqui do Brasil festejamos este encontro a distancia. Foi uma grande surpresa a notícia desta xuntaza e uma enorme satisfação ver que tudo deu certo.
    Caso haja um novo encontro para o próximo ano certamente estaremos participando com todos voces.

    Um documento interessante que está crescendo é a arvore genealógica que Julio Barallobre está fazendo. Claro que pega uma parte da nossa família, mas uma vontade que temos é oferecer em nosso blog uma arvore genealogica que inclua esta grande família. Caso haja interesse de voces vamos desenvolver este assunto, ok?

    Um enorme abraço a todos!
    Raquel, Rafael, Jorge, Nicole Barallobre

  3. Roberto Barallobre | 16 de Xaneiro de 2008 - 8:08 pm

    Hola a todos:

    Soy tambien un Barallobre, natural de La Coruña, aunque desde pequeño viviendo en Sao Paulo - Brasil. Enhorabuena por esa iniciativa y espero poder tener más notícias y, si posíble, tambien particpar.

    Saludos desde el Brasil de otros Barallobre
    (Roberto, Daniel, Camila, Fábio, Vinícius y Eduardo Barallobre).

Deixa unha resposta