Que secuestren este blog!

A miña condición de republicano, pero sobre todo a miña condición de demócrata, fai que considere a tódolos homes e mulleres iguais en dereitos e deberes, por iso non entendo que 30 anos despois da restauración da democracia en España a ultraxe á Coroa continúe sendo un delito. Liberdade, Igualdade e Solidariedade!
11 comentarios
Deixa unha resposta


Vas un poco retrasado,
Los privilegios a la corona son parte de lo que quedó atado y bién atado
El Jueves te lo puso a huevo con tus ecos del pasado
Desde que eres alcalde se echa de menos el contenido politico del blog
si quereis una visión republicana del suceso de “el jueves” leer el post “El Bribón” en:
http://ianasagasti.blogs.com/
Además de todo, estoy convencido de que a los Príncipes les importa un rábano esta portada…
Rectifico: les importa un pito.
E graciosísimo! eu creo que Felipe fartou a rir coa portada.
Conachadas…
Estou de acordo contigo neste punto. A dicotomía que se presentou á sociedade foi a “o carácter sagrado da monarquía” fronte á “liberdade de expresión”. Para cando un referéndum sobre Monarquía vs República?
Como republicano, poras a tricolor algún día no teu despacho particular?
Un gran republicano é o alcalde de Marinaleda(Sevilla) de I.U, ten a tricolor e un retrato do Che, pero non queda so e xestos, podeste informar en internet de como actua ese alcalde cos veciños, consegue vivendas para os veciños por poucos €, ¡¡pedazo medidas sociais!!! asi arrasa todos os anos nas eleccioóns.
Podes tomar nota
Os xestos non demostran o que un é, son simplemente xestos, e a bandeira que debe estar na Alcaldía é a constitucional, porque á marxe da miña ideoloxía, a “rojigualda” é a bandeira oficial de España.
En calquera caso, invítote a que veñas un día ó meu despacho, porque ó lado das bandeiras, verás colgado na parede un retrato de Ramón Souto, Alcalde republicano e socialista de Fene fusilado en 1936, xunto a outro cadro no que figura unha copia da acta plenaria de proclamación da II República en Fene.
Sobre que o importante son os feitos e non os xestos, estou de acordo, e comentareiche que esta semana, cando fun a SEPES a negociar a ampliación do polígono de Vilar do Colo, tamén logramos o compromiso do Ministerio de Vivenda de construír vivenda pública en Fene, so queda decidir onde, porque temos varias posibilidades, e cantas.