Anotacións arquivadas do mes de Agosto de 2007
Noite Polar

Non é que me quedara trasposto logo de ver Los Amantes del Círculo Polar, que me flipou como case todo o que sae da cabeza de Médem, pero a verdade é que esta rexión do Planeta sempre me pareceu un lugar perfecto ó que escapar, un paraíso de éxtase no que, pese a estar no mundo, un pode olvidarse del.
Na orixinal sección de La Voz de Galicia titulada "Las Postales de las Vacaciones", atopei esta impresionante imaxe enviada por Letizia Seijido, son as 3 da madrugada dunha noite de xullo en Finlandia. Se algún día me perdo, ós que vos interese, buscádeme aí ;-)
Liberdade dos medios galegos
O xornal dixital Gazeta Nación publica hoxe unha entrevista que me fixo onte Marcos S. Pérez para falar dos retos que ten Fene por diante, da nova etapa que está a iniciar o noso pobo, da importancia da blogosfera na política actual… Unha entrevista que resposta a unha intención, para min moi afortunada, de traer ó primeiro plano da actualidade a realidade de concellos como Fene que, normalmente e por razóns obvias, non atopan oco nos grandes medios de comunicación máis aló da súa sección destinada á información local.
Entrei na web de GZnacion para ver o resultado da entrevista e para coñecer tamén o que estaban a dicir os lectores sobre o contido da mesma. Xunto cun bo e profesional tratamento da información por parte do xornalista e con algunha opinión interesante sobre o tema, o que atopo é:
"oxalá os do bloque saísen nos medios do psoe tanto como saen os do psoe nos medios do bloque"
"os medios nacionalistas galegos ou afíns (Gz.Nación, Vieiros, Tempos Novos, etc.) danlle de máis liñas a esta xente, mentres que nos seus evitan completamente ao BNG. Polo tanto, que aparezan nos seus. Nin Ivan Puentes, nin Loli, nin a Seara, etc."
Se esta é a visión que ten o nacionalismo militante algún sector do nacionalismo militante (sei, evidentemente, que nin todos nin a maioría) sobre a liberdade de expresión e a pluralidade e independencia dos medios de comunicación, entendo perfectamente porque dende determinadas esferas do BNG da Vicepresidencia da Xunta se está a plantexar estes días o boicot ós servizos informativos da TVG. Non obstante, creo que esta visión dos medios non é a que mellor casa cunha sociedade libre e democrática.
Dolce Vita Electoral

Leo hoxe en El País:
El estallido de un nuevo escándalo sexual, protagonizado por el senador republicano Larry Craig, vuelve a nublar la carrera de los conservadores al Despacho Oval […] Los hechos se remontan a junio, en un baño para caballeros del aeropuerto de Minneapolis, donde el senador se aproximó supuestamente a un policía encubierto con la intención de entablar una relación sexual. Craig, casado y con tres hijos, reconoció de inmediato haber seguido una conducta lasciva y fue detenido […] El legislador, que votó contra el matrimonio entre personas del mismo sexo, niega ahora haber tenido una conducta impropia, y afirma que optó por declararse culpable para evitar problemas mayores en el aeropuerto.
Craig, que aspira a ser reelegido en 2008, explicó que suele orinar con las piernas muy abiertas y que se agachó para recoger un papel en el suelo. Según el policía, el senador intentó rozarle con su pie. "No soy gay, nunca lo fui", concluyó.
Sei que estou a valorar unha sociedade, a norteamericana, desde os principios éticos e morais doutra, a nosa, pero a verdade é que cada vez que leo unha noticia deste tipo sempre penso no moito que me gusta vivir nun país tan pouco puritano como o noso, tan inmoral para eles e tan libre para min; aínda que teña outros defectos.
Actualizao ás 01:17 do 03/09/2007:
Larry Craig presenta a súa demisión como Senador dos Estados Unidos.
Sayonara, baby!

Como en tantas outras ocasións, Rosa Díez era o veleno que o meu corpo precisaba para retomar a actividade blogueira logo deste parón estival dun par de semanas. Hoxe soubemos que, por fin, decide ser coherente co seu xeito de pensar e, logo de mil afrentas, despropósitos e mesmo aberracións, diría eu, para coas súas siglas e cos seus compañeiros de partido, Díez solicita a baixa no PSOE para fundar, con Sabater e outros afíns, un partido vinculado á plataforma Basta Ya!
Só me queda desexarlle moita sorte na dura loita que terá que librar ata as eleccións xerais co Partido Popular para repartirse entre ambos os contados votos de dereitas "dereitas nacionalistas españois" que hai en Euskadi. Ánimo!
Erro da DGT ou resultado da miña EGB?

Onte, cando ía de Fene a Pontedeume, tiven que parar no arcen e sacar esta foto, porque desta vez si que a mensaxe da DGT captou totalmente a miña atención como conductor. Primeiro quedei sorprendido porque o texto estivese, en lugar de en galego e castelán como de costume, en galego e inglés, supoño que serán cousas do verán e da chegada aquí de xente doutros países.
En cambio, o que de verdade me incitou a sacar a foto foron as dúbidas que me suscitou a traducción ó ingles. O meu dominio desta lingua é moi básico, o xusto para sobrevivir no extranxeiro, pero "killed" sempre o entendín como sinónimo de "asasinado". Se é así, supoño que tódolos estranxeiros que entren en Galicia por Pedrafita marcharán a todo filispín, porque 1658 asasinatos dende o 1 de xaneiro é como para escapar.
Estráñame que a DGT meta a pata deste xeito e supoño que será a expresión que se usa en inglés para referirse ás víctimas de tráfico, que eu non coñecerei, pese a estudar inglés 14 anos da miña vida académica, polo malo malo plan de ensinanza de idiomas que temos neste país. Pode alguén máis docto aclarar a dúbida?
Reflexións de Verán con Felipe González

Hoxe El País rescata a Felipe González do anonimato mediático, case absoluto, no que vive nos últimos anos; ofrécenos unha extensa entrevista con este home que foi Presidente do Goberno e, sobre todo, unha das mentes máis lúcidas e actuais da política europea e mundial. Logo dunha larga introducción sobre a morte de Polanco, Felipe opina abertamente da actualidade política:
"Estamos en una etapa de pensamiento débil pero porque la política se ha retrasado respecto de las respuestas que se necesitan para la nueva realidad. Y hasta que no se resuelva eso estaremos escuchando discursos viejos aunque los pronuncien gente joven."
"Durante décadas, mi cabeza ha estado entrenada, por obligación, para recibir información y, al tiempo que la recibía, la reciclaba en forma de respuesta. Uno tiene que comprender que cuando ya no es el responsable de dar las respuestas, le toca callarse. Y ese cambio radical es lo más difícil de hacer en la vida, lo más difícil, ¡se lo aseguro!, el ejercicio más difícil de la vida, y algunos lo resuelven volviendo al ruedo."
"Yo he gobernado con cincuenta muertos de ETA, y Adolfo Suárez, con setenta y con ochenta. Y resulta que entonces parecía que ETA tenía menos importancia que la que hoy le atribuyen. Esto es lo que me turba de nuestra situación política: que estamos viviendo de falsos problemas."
En numerosas ocasións discrepei de determinadas ideas e posicionamentos políticos do compañeiro Felipe, pero cada vez que o escoito ou o leo quedo coa agradable sensación de recibir unha clase maxistral de política contemporánea e de ter aprendido sempre algo novo. É desas cabezas das que a política, e por suposto o PSOE, non deberían prescindir nunca.
