ivanpuentes.com

Liberdade dos medios galegos

O xornal dixital Gazeta Nación publica hoxe unha entrevista que me fixo onte Marcos S. Pérez para falar dos retos que ten Fene por diante, da nova etapa que está a iniciar o noso pobo, da importancia da blogosfera na política actual… Unha entrevista que resposta a unha intención, para min moi afortunada, de traer ó primeiro plano da actualidade a realidade de concellos como Fene que, normalmente e por razóns obvias, non atopan oco nos grandes medios de comunicación máis aló da súa sección destinada á información local.

Entrei na web de GZnacion para ver o resultado da entrevista e para coñecer tamén o que estaban a dicir os lectores sobre o contido da mesma. Xunto cun bo e profesional tratamento da información por parte do xornalista e con algunha opinión interesante sobre o tema, o que atopo é: 

"oxalá os do bloque saísen nos medios do psoe tanto como saen os do psoe nos medios do bloque"

"os medios nacionalistas galegos ou afíns (Gz.Nación, Vieiros, Tempos Novos, etc.) danlle de máis liñas a esta xente, mentres que nos seus evitan completamente ao BNG. Polo tanto, que aparezan nos seus. Nin Ivan Puentes, nin Loli, nin a Seara, etc."

Se esta é a visión que ten o nacionalismo militante algún sector do nacionalismo militante (sei, evidentemente, que nin todos nin a maioría) sobre a liberdade de expresión e a pluralidade e independencia dos medios de comunicación, entendo perfectamente porque dende determinadas esferas do BNG da Vicepresidencia da Xunta se está a plantexar estes días o boicot ós servizos informativos da TVG. Non obstante, creo que esta visión dos medios non é a que mellor casa cunha sociedade libre e democrática.

18 comentarios

  1. Manuel | 30 de Agosto de 2007 - 8:41 pm

    Aparte de los comentarios de estes dos lectores hay otros dos que no son sectarios no cojas el rabano por las hojas y si el nacionalismo es tan malo pasate al PP que nos va a meter en la carcel a todos

  2. Manuel | 30 de Agosto de 2007 - 8:52 pm

    Creo que no deberiamos hacerle el caldo gordo al PP peleandose BNG y PSOE en los medios

  3. José Manuel Lage | 30 de Agosto de 2007 - 9:46 pm

    Ola Iván, xa sabes que hai de todo no nacionalismo, jajaja! que che vou contar, pero tamén tes un compañeiros e compañeiras de goberno do BNG moi majos…

    A concepción dos medios públicos e dos privados … ?¿? pois será igual que a concepción das romerias, xuntanzas dos vellos, maiores ou como lles queiran chamar agora, non, jajaja?

  4. Boedense | 30 de Agosto de 2007 - 9:50 pm

    Hai de todo no nacionalismo como hai de todo no socialismo, dende centralistas ata federalistas e mesmo nacionalistas. ;) Un saúdo.

  5. el_angel_negro | 30 de Agosto de 2007 - 10:46 pm

    ….este blog traime de cabeza,chego a casa e prendo o aparello e agardo ansioso un novo tema,,,eu penso que debo de ter o mono, non si?, ou algún síndrome de abstinencia, ou sabe o demo o nome da patoloxia esta.
    De todo-los xeitos quero darche as GRACIAS por ese esfuerzo de dedicación a esté medio que para algunhos foi o único lugar que tiverón para expresarse.
    Moitas gracias……

  6. Chascarraschás | 30 de Agosto de 2007 - 11:37 pm

    Iván Puentes, le o meu comentario alí. Agora despois de ler o que puxeches aí arriba, gustaríame preguntarche con que medios vai o BNG “boicotear” aos informativos da RTVG. Hai que ser un pouco máis templados á hora de dicir certas cousas que non se sosteñen e poden acabar facéndote dano a ti mesmo. Primeiro na credibilidade.
    Un saúdo.——–

  7. Iván | 31 de Agosto de 2007 - 12:15 am

    Grazas, Chascarrachás, polo teu comentario! Aclároche, non me refería no meu post a ningún boicot protagonizado por ningún medio, todo o contrario, os medios deben ser libres e nunca instrumentos políticos de ningún partido; simplemente me fago eco da nova aparecida estes días en diversos medios na que se conta que Vicepresidencia da Xunta non convoca ós seus actos ós informativos da TVG, como xeito de protesta ante o que consideran un trato escaso do BNG no Telexornal.

    Saúdos ;-)

  8. Iván | 31 de Agosto de 2007 - 12:21 am

    É evidente que non tomo a parte polo todo e que, polo tanto, non confundo a opinión de dous lectores coa de todo o nacionalismo; simplemente estes comentarios me valen para reflexionar sobre a concepción que algunha persoa e a algúns sectores teñen sobre os medios, radicalmente diferente á miña. Punto.

    Tampouco o prantexo como unha loita entre PSdeG e BNG que lle dea alas ó PP. Os populares si que fixeron da politización e persecución dos medios públicos e privados doutrina oficial e práctica habitual do seu partido cada vez que tiveron a oportunidade de gobernar.

  9. Colazo | 31 de Agosto de 2007 - 2:02 am

    A algúns pódenlle valer para reflexionar moi a fondo os comentarios anónimos que un se vai atopando pola rede si… ou para tentar argumentar o que un xa pensaba antes.
    O que non entendo é esa forma de agradecer, ou polo menos de corresponder co mesmo respecto ao medio que a un entrevista, cambiándolle o nome, “Gazeta Nación” por “GZ Nación”. A alcaldía contaxia a urticaria? GA-LI-ZA, Gue-Zeta!

  10. Iván | 31 de Agosto de 2007 - 9:17 am

    Co maior dos respectos, Colazo, pero creo que estás equivocado; á marxe de que as letras GZ representen para algúns o nome de Galicia ou Galiza, tanto me ten, e de que o xornal en cuestión use tamén esa abreviatura na súa cabeceira, os xornalistas que falaron conmigo identificáronse en todo momento como membros de Gazeta Nación.

    Con respecto ó de tomar opinións anónimas para reflexionar sobre o que un xa pensaba antes, o único que che podo dicir é que eses comentarios son simplemente o punto de partida, pero, por exemplo, o boicot ou, se queremos ser políticamente correctos, a non convocatoria ós servizos informativos da TVG por parte da Vicepresidencia da Xunta, argumentando ademais que o fai aposta para protestar polo que cre escaso tratamento do BNG no Telexornal, non é anónimo, é público e totalmente notorio e, sinceramente, me parece escandaloso e impropio dun goberno democrático.

  11. arume dos piñeiros | 31 de Agosto de 2007 - 10:29 am

    Como comparto portada do Gazeta Nación, quero felicitalo pola entrevista. Nos tempos que corren, gusta ler tanta prudencia (e respeto polos adversarios políticos) como sentido común. Moita sorte.

  12. Dario | 31 de Agosto de 2007 - 1:19 pm

    Boas,antes d nada dicirche q creo q os comentarios q mencionas vam mais pola linha d q somos muitos os q cremos q os medios proximos ao psoe cando o vosso partido esta na oposiçom acordase muito da acçom dos partidos “minoritarios”(refirome aos partidos de esquerda de ambito nacional seja BNG,ERC e outros e a EU) e cando pasades a te-lo poder pasam muito do que fam estes partidos.
    De ai a q os medios cumha linha editorial nacionalista fagam o mesmo e optem por ignorarvos nom a comparto pq defendo a liberdade de expressom e q calquera poda sair nos mass medias,cousa q por desgracia nom pasa e ha muitos ejemplos q o demostram.
    No tema do nome do jornal electronico e Gznacion e segum me comentou no festigal o director lese gazeta nacion como dí Ivan,ainda q o nome é Gz nacion

  13. Dario | 31 de Agosto de 2007 - 2:47 pm

    Cando falo d ambito nacional refirome as nacions de Galiza,Euskal-Herria e os Catalunya

  14. Manuel | 31 de Agosto de 2007 - 7:50 pm

    Tienes razón ivan lo propio de un gobierno democratico es que en la pagina web oficial (www.xunta.es)solo halla noticias de las consellerías de una parte del gobierno

  15. Colazo | 3 de Setembro de 2007 - 1:18 am

    Primeiro, eu cando vexo as letras “SP” nun camión ou un “E” nunha matrícula non digo que “representen para algúns o nome de España”, sei o que representan e así o interpreto eu tamén.

    Para min escribir “Gazeta”, por moito que alguén poida pronunciar o GZ así, é o mesmiño co de Urdaci co “ce ce o o”. Ou u-la diferanza? tamén escribes “pesedegá”?

    E se estou equivocado, non creo, rectifico.

    Con respecto ao “escaso tratamento do BNG no Telexornal”, se o Galicia Hoxe non minte, é outra obviedade coma un mundo http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idEdicion=627&idMenu=87&idNoticia=204463

    E ao lembrar a frase coa que facías referenza á medida tomada pola Vicepresidencia “sinceramente, me parece escandaloso e impropio dun goberno democrático”, non podo facer outra cousa que rirme.

  16. Iván | 3 de Setembro de 2007 - 6:36 pm

    Celebro que che cause tanta risa unha nova como a de Vicepresidencia, xa que din que rir alonga a vida.

    O nome do xornal e o xeito no que o abrevian comprenderás que non é asunto meu, simplemente che dicía que eu non me confundín de nome como ti apuntabas, senón que a publicación se chama así, Gazeta Nación.

    Sobre o tema de que a GZ para algúns representa o nome de Galicia, reitérome no dito, para algúns, porque que eu saiba, a diferencia da SP e da E, a GZ non ten carácter oficial, polo tanto, para os que moralmente ou ideolóxicamente lle queran dar ese valor, o terá, e para os que non, non o terá, como de feito non o ten.

    Por último, sobre a presencia do BNG no TX non che podería discutir de minutos e segundos exactos, pero é obvio que ten que ter menos presencia que o PSdeG e PP, xa que é a forza política con menor representación no Parlamento. Izquierda Unida tamén sae menos no Telediario que o PSOE ou o PP. É simplemente unha cuestión de vontade popular expresada en votos.

  17. Colazo | 4 de Setembro de 2007 - 7:15 pm

    “GZ” só e simplemente pretende ser a abreviatura de “GaliZa”, e se o sabes así o deberías interpretar ao igual que eu interpreto isto “;-)” no teu post “Lamatumbá en Fene. Festa!” coma un guiño ou un corte de manga dun xogador de fútbol á afeción contraria sen que “teña carácter oficial”.
    Descoñezo problema algún, ou implicación ideolóxica para recoñecelo. “Galiza” e “Galicia” son formas válidas pola RAG, e polo tanto válidas tamén para ti e para min alén das nosas diferenzas ideolóxicas ao escribir en galego normativo. (É irrelevante para este caso que “Galicia” sexa o nome oficial da Xunta, polo actual Estatuto e bla bla bla)
    Tamén descoñezo que existan galegos que abrevien outra palabra coas mesmas letras “GZ”(para confundirse e tal…) ou que che estea obrigando a abreviar “Galiza” ou “Galicia” cun “GZ” ou a levalo mítico colante no coche.

    “Traducindo” minutos a votos, o PSdG non supera en votos ao PPdG nen ten catro veces máis votos co Bloque. http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idEdicion=627&idMenu=87&idNoticia=204463 Por outra, non creo que a oposición e as promesas do PPdG teñan que ter máis minutos nun telexornal cos feitos do actual goberno bipartito, sexan do PSdG ou do BNG.

  18. el_angel_negro | 4 de Setembro de 2007 - 9:59 pm

    Veño do Pais da choiva eterna.
    Veño do fin do mundo.
    Son de onde a auga muda a eternidade
    en melancolía e a melancolía
    tornase en nostalxia eterna.
    Veño da mais fermosa terra que a natureza, na súa
    eternidade, puido parir.
    Veño da pedra e do vento do norte, xélido e eterno.
    Son do pais que os homes chamaron Galicia.
    Son da terra que os Deuses quixeron chamar
    Eternia.

Deixa unha resposta